Usuarios rexistrados: Acceso

Taboleiro de novas

Información Xeral

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA THAT'S ENGLISH

ilustración 19


 

 INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE O  PROGRAMA (CURSO 2019-2020)

Para máis información, consulten a CIRCULAR 6/2018 DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA SOBRE A ORGANIZACIÓN DOS NIVEIS BÁSICO, INTERMEDIO E AVANZADO DAS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL NA MODALIDADE DE EDUCACIÓN A DISTANCIA MEDIANTE O PROGRAMA That's English! PARA O CURSO 2019-20. Prema aquí

 

1.     DISTRIBUCIÓN DE ESTUDOS

                 NIVEL BÁSICO (A2)

·         A2.1                       Módulos 1, 2

·         A2.2                       Módulos 3, 4

          Proba terminal de Certificación específica de Nivel BÁSICO ao rematar o Módulo 4.  Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI

NIVEL INTERMEDIO (B1)

·         INB1              Módulos 5, 6, 7 y 8

               Proba terminal de Certificación específica de Nivel B1  ao rematar o Módulo 8.  Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI

NIVEL INTERMEDIO (B2)

·         INB2-1               Módulos 9, 10

·         INB2-2               Módulos 11, 12

        Proba terminal de Certificación específica de Nivel B2 ao rematar o Módulo 12.  Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI

 

2.     COMO FUNCIONA O CURSO?

Cada módulo componse de dez unidades didácticas máis unha de repaso. O estudo de cada unidade faise a través dos programas dos DVD e CD de audio, ademáis dos exercicios que se poden atopar nos libros de texto. ( no sitio web www.thatsenglish.com  )

Ao finalizar cada un dos módulos 1,2,3,5,6, 7, 9, 10 e 11 haberá que realizar un exame presencial na Escola Oficial de Idiomas na que  se esté matriculado. Non hai exame específico dos Módulos 4, 8 e 12, xa que ao remate destes haberá que aprobar unha proba final de certificación de nivel Básico, Intermedio ou Avanzado respectivamente para obter  o certificado correspondente.

            3.     MEDIOS DIDÁCTICOS

  •  Un libro de texto por módulo.
  • Un libro de vocabulario e gramática.
  •  Un CD de audio por módulo.
  •  Un DVD  cos programas de TV correspondentes aos dous módulos do curso.
  •  Un caderno de actividades (só para o alumnado repetidor)
  •  Material on-line no sitio web www.thatsenglish.com  

4.     A TITORÍA PRESENCIAL

 As sesións de titoría estarán destinadas a:

  • Favorecer o desenvolvemento da destreza comunicativa de expresión oral e a súa integración coas outras destrezas no contexto dunha tarefa de interacción.
  • Orientar nas técnicas e estratexias que faciliten o proceso de aprendizaxe do idioma inglés, así como anticiparse ás dificultades que lle poidan xurdir ao alumnado para axudalo a superalas.
  • Preparación cara ás probas terminais de certificación.

 A asistencia á titoría, aínda que non obrigatoria, é de grande utilidade e deberia facerse todo o posible para asistir regularmente. Recórdase que a puntualidade é moi importante para o bo funcionamento da clase.

            5. A AVALIACIÓN

 Haberá un exame presencial nesta EOI ao final dos módulos  1,2,3,5,6, 7, 9, 10 e 11 na hora de titoría.  Todos constarán de catro partes, unha para cada destreza:

  • C.O =  Comprensión Escrita (Reading)
  • E.E =   Expresión Escrita (Writing)
  • C.O=   Comprensión de Escoita (Listening)
  • E.O=    Expresión Oral (Speaking)

-        IMPORTANTE!!! 

  •  Non se poderá examinar dun módulo sen ter superado o anterior
  • Para aprobar un módulo é necesario  aprobar as catro partes correspondentes
  • Unha vez  aprobado o módulo, este queda aprobado para SEMPRE

 
 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Distribuir contido