Matrícula

Matricula probas certificación alumnado CALC, CALG, CUALE e ExamPrep

Matricula probas certificación alumnado CALC, CALG, CUALE e ExamPrep

O alumnado matriculado no presente curso escolar 2023-24 nos cursos CALC, CALG e ExamPrep na EOI A Coruña que queira presentarse as probas de certificación do nivel que está cursando ten que matricularse.

O alumnado CUALE*, tamén se ten que inscribir.

  • Onde?: Nesta ligazón
  • Cando: do 8 ao 12 de abril de 2024 (ambos os dous incluídos).
  • Documentación necesaria:
    • Cubrir a aplicación Web
    • Copia do DNI, NIE ou Pasaporte
    • Para alumnado de ExamPrep menor de 16 anos, certificación na que se faga constar a súa primeira lingua extranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria.
    • Para alumnado CALC ou CALG, documento da realización do curso emitido polo CFR onde conste que cumpre co requisito de asistencia.

Toda a información está nesta instrución

*Alumnado CUALE

  • O alumnado CUALE do IES As mariñas, IES Salvador de Madariaga e CIFP Anxel Casal fará as probas na EOI A Coruña (sede central).
  • O alumnado CUALE do IES Fernando Blanco fará as probas na extensión de Cee da EOI A Coruña.
  • O alumnado CULAE do IES Alfonso X el Sabio fará as probas na extensión de Culleredo da EOI A Coruña.

Matrícula 2023-24

Matrículaste por primeira vez / Renunciaches o curso pasado / Xa fuches alumnado da EOI con anterioridade. Baixa para ler a información

Matrícula Primeira vez 2022-23 de EOI A Coruña</p

 

Renunciache a matrícula o curso pasado

Preinscrición alumnado renuncias 22-23 de EOI A Coruña

 

Xa fuche alumno/a da EOI

Preinscrición alumnado antigo22-23 de Susana Aldao

Acceso directo por titulación

Se vostede ten un título ou certificado emitido por outra institución, consulte o curso ao que pode acceder:

Se opta por esta vía de acceso debe saber que:

O acceso directo é unha opción que fai valer o alumnado; isto quere dicir que non é posible modificar a súa matrícula se o seu nivel real non se corresponde co do curso no que se matriculou. Antes de facer valer o seu acceso, recoméndase informarse sobre os distintos niveis (prema aquí para descargar as táboas orientativas de autoavaliación).

  • para facer valer un acceso directo por titulación abonda con que, xunto coa súa documentación de matrícula, presente o orixinal e copia do título ou certificado que acredite un coñecemento previo do idioma de interese (o libro de escolaridade ou un certificado do IES no caso de acceso directo desde Bacharelato). Se vostede tivese un certificado referido ao MECRL que non está recollido nesta relación, debe facer unha proba de clasificación;
  • o acceso é exclusivamente para o curso estipulado na relación; non é posible acceder a un curso inferior ao estipulado.

Por suposto, tamén é posible acceder se ten un título do anterior plano de estudos de EOI. Teña en conta que non é posible matricularse no plan novo se ten superado o curso ou nivel equivalente ou superior no plan antigo. Esta táboa recolle os accesos desde o anterior plano de estudos. Prema aquí

 

Distribuir contido