GALEGO

Actividades 2023 - 2024 - 1º CUADRIMESTRE

ACTIVIDADES DO

1º CUADRIMESTRE

 

 

 

F

 

E

 

S

 

T

 

A

 

S

Inauguración dos cursos de Galego

 

 

 

 

 CANDO: mércores, 27 de setembro, ás 10.30 e ás 19.00

 ONDE: na cafetaría da EOI

 QUEN: o Departamento de galego convida o alumnado de Galego de todos os niveis

 QUE: benvida á escola a todo o alumnado de Galego. Aproveitaremos para nos coñecer e presentar as actividades culturais e extraescolares previstas para o novo curso 2023 - 2024. Celebraremos con café, refrescos e petiscos doces: bica branca de Laza, biscoito e roscas variadas.   

  

 

E

 

S

 

P

 

É

 

C

 

T

 

A

 

C

 

U

 

L

 

O

 

S

TEATRO: Arraianos de Sarabela Teatro

 

CANDO: vernes, 6 de outubro, ás 20.30

ONDE: no Teatro Rosalía de Castro

CANTO: 7 euros

QUE: baseada en dous contos de X.L. Méndez Ferrín

MEDIAS AZUIS: dous mozos (Fer González e Fran Lareu) van mocear con dúas irmás xémeas (Sabela Gago e Fina Calleja) de aparencia saudable e belida. Dúas testemuñas (Elena Seijo e Fernando Dacosta) transfiren as súas emocións e perspectivas dos acontecementos. A promesa de namoro torna nunha situación arrepiante. Os mozos, ante a imposibilidade do gozo, dan en aldraxalas: ou as usan para o seu pracer ou para facer moca delas. A relación xira sobre o gozo e o pracer sexual ou da burla, nunca da igualdade. A atmosfera é recreada por outra testemuña, o músico (Vadim Yukhevich) que interpreta a maldición circular na que a noite de brétema vai engulir os mozos.

LOBOSANDAUS: na segunda década do século pasado, un mestre (Fran Lareu) destinado na escola unitaria dunha aldea arraiana, envía cartas ao seu tío - penitenciario da Catedral de Ourense- durante o primeiro trimestre do curso. A través das letras desenvólvese unha trama de posesión onde se conxugan o telúrico e o erótico, o mundo e o inframundo. Nos confíns arraianos de Lobosandaus, a racionalidade perde o seu asento e o mestre cae baixo o dobre feitizo dos aires remotos e da fermosa Dorinda (Fina Calleja), mentres o espírito do capador – anarquista e agrarista- Nicasio Remuñán, (Fernando Dacosta) que perdeu a cabeza por ela en vida, peregrina do corpo aberto de Obdulia (Elena Seijo), en corpo aberto de Turelo (Fer Glez.) para posuílos. Os dous son fillos de Aparecida (Sabela Gago), dona da pensión onde mora o mozo mestre, acompañados por un músico testemuña dos acontecementos (Vadim Yukhevich).

VÍDEOS:  ver

MÁIS INFORMACIÓN:   páxina da montaxe    Dossier

 

 

 

E

 

S

 

P

 

É

 

C

 

T

 

A

 

C

 

U

 

L

 

O

 

S

CINE: O corno de Jaione Camborda

 

CANDO: mércores, 18 de outubro, ás 20.15

ONDE: nos Cantones Cine

CANTO: 5,5 euros

QUE: drama rural ambientado na Galicia dos anos 70 e protagonizado pola bailarina Janet Novás, no que é o seu debut no cinema. Está rodada en galego e en portugués en varias localizacións das comarcas de Arousa e Baixo Miño (Pontevedra) e Alto Minho (Portugal) e narra a historia de María, unha mariscadora e tamén parteira que, tras un terrible suceso, se ve obrigada a fuxir a través dunha ruta de contrabandistas. Segundo as crónicas xornalísticas de San Sebastián, durante a súa proxección causou fondo impacto e, no caso dalgunhas escenas correspondentes a un parto, ata algún desmaio.

INTÉRPRETES: Carla Rivas, Nuria Lestegás, María Lado, Siobhan Fernandes e Diego Anido, entre outros.

TRÁILER:  ver

MÁIS INFORMACIÓN:   noticia    crítica

 

 

E

 

X

 

P

 

O

 

S

 

I

 

C

 

I

 

Ó

 

N

 

S

Festas e tradicións: o día de defuntos

 

 

CANDO: 23 de outubro ao 3 de  novembro

ONDE: no corredor do Departamento de Galego

QUE: bodegón de outono para celebrarmos o 31 de outubro, a festa do Samain do pobo celta. A nosa noite de defuntos na que os finados poden volver connosco e visitarnos. Para iso prendemos candeas ou deixamos o lume aceso para que os nosos defuntiños atopen de xeito doado o camiño á súa antiga casa. Deste xeito,  tamén lles amosamos que non os esquecemos.

Bodegón de outono: cabazas baleiradas, candeas, castañas, millo, cogomelos, follas secas, luces e sombras, agoiros, fotos dos devanceiros... tempo de ánimas.

FOTOS:

 

 

 

 

 

E

 

S

 

P

 

É

 

C

 

T

 

A

 

C

 

U

 

L

 

O

 

S

Teatro: O Deus do pop de Diego Anido

 

CANDOvenres, 17 de novembro, ás 21.00

ONDE: no fórum Metropolitano

CANTO5 euros

QUE: a quinta peza individual de Diego Anido é, máis que nunca, resultado dunha metodoloxía persoal e pouco habitual. Nela convive a variedade escénica: texto, danza, música feita estranos obxectos… cunha depurada dramaturxia que tenta dar vida a unha biografía que nace de maridar a vida dunha pseudo estrela do pop coa propia biografía do autor. “O deus do pop“ é un individuo singular que percorre a escena con paso delicado, voz suave e unha enerxía salvaxe; para mostrar todo o que o seu talento lle permite ser.

LIGAZÓNS: máis información

ver vídeo do autor 

 

Teatro: Os nenos da varíola de Pérez&Fernández

CANDO: venres, 24 de novembro, ás 21.00

ONDE: no fórum Metropolitano

CANTO: 5 euros

QUE: adaptación da novela de María Solar Os nenos da varíola, dedicada aos 22 nenos que en 1803 foron os heroes da devandita expedición. Unha proposta escénica con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña, os verdadeiros protagonistas da Real Expedición Filantrópica da Vacina, e como chegaron a ser os heroes da devandita expedición e na que a súa heroína máis esquecida se converteu nun dos alicerces máis importantes desta fazaña sanitaria, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal. 22 nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana "brazo a brazo" para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios españois de ultramar, nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.

 LIGAZÓNSver vídeo

                  máis información 

 

 

 

C

O

N

F

E

R

E

N

C

I

A

S

 Tras 

 

 

CANDO: martes, 17 de decembro, ás 19.00

ONDE: na Sala de Vídeo da EOI da Coruña

CANTO: de balde

QUE

 

LIGAZÓNS

 

Unha colaboración dos seguintes departamentos da EOI da Coruña:

 

 

 

Actividades 2022-23 - 2º cuadrimestre

 

ACTIVIDADES DO

2º CUADRIMESTRE

 

 

E

 

S

 

P

 

E

 

C

 

T

 

Á

 

C

 

U

 

L

 

O

 

S

 

CLUB DE TEATRO

 

CANDO: meses de febreiro, marzo, abril e maio

ONDEno Teatro Rosalía de Castro ou no Forum Metropolitano

CANTOentre 7 e 5 euros (colaboran os Departamentos de Galego e Portugués e mais o Equipo de Normalización Lingüística (ENDL)

PARA QUENqueda convidado todo o alumnado da escola que teña interese no teatro, en concreto, e na cultura galega, en xeral.

QUEpretendemos formar un grupo de saídas culturais estable para gozarmos das obras de teatro e outros espectáculos que se poden ver na Coruña e que se desenvolvan en lingua galega.

OBRAS PROGRAMADAS:

Backup. A resurrección de Nuno de DeSte Xeito Producións. Fórum Metropolitano. Venres, 3 de febreiro ás 21.00

Unha inimiga do pobo de Henrik Ibsen. Talía Teatro. Teatro Rosalía. Venres, 3 de marzo ás 20.30

Ragazzo de Barrosanta. Fórum Metropolitano. Venres, 17 de marzo ás 21.00

Iphixenia na porta do super de Compañía Humana. Fórum Metropolitano. Venres, 31 de marzo ás 12.00 (terá prioridade o alumnado da quenda da mañá)

Festival de Narración oral: Falando a boca chea. Actuación sen determinar

Relato para un incendio de aAntena. Fórum Metropolitano. Venres, 28 de abril ás 21.00

A louca historia de Galicia de Fulano, Mengano e Citano. Fórum Metropolitano. Venres, 5 de maio ás 21.00

O porco de pé de Vicente Risco con versión de Pepe Sendón e Quico Cadaval. Teatro Rosalía de Castro. Venres, 19 de maio ás 20.30

 

 

 

E

 

X

 

P

 

O

 

S

 

I

 

C

 

I

 

Ó

 

N

 

S

 

 

M

 

U

 

R

 

A

 

I

 

S

As nosas tradicións e celebracións: o Entroido

 

 

CANDOmes de febreiro

ONDEno recibidor da EOI

QUEdías, figuras, localidades, tradición indoeuropea, orixe, significado, gastronomía, rituais... ENTROIDAMOS?

FOTOS:

 

Os maios

 

CANDOfinal de abril e principio de maio

ONDEno recibidor e no corredor do Departamento de Galego

QUEa celebración dos maios en Galicia: información, fotos, sentido, tradición e orixe, elaboración e exposición de maios, reparto de xestas floridas...

FOTOS:

 

Letras galegas 2023: Francisco Fernández del Riego

 

 CANDO: mes de maio

ONDE: no recibidor e no corredor do Departamento de Galego

QUE: carteis sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano

FOTOS:

 

 

S

A

Í

D

A

S

Pintura: Museo de Belas Artes da Coruña 

 

 CANDO:  8 de maio, de 10.00 a 11.15

 ONDE: Museo de Belas Artes da Coruña

 CANTO: visita guiada de balde

 QUEpercorrido polas salas do museo dedicadas a pintores galegos dos séculos XIX e XX (salas 4, 5 e 6)

 MÁIS INFORMACIÓN: ver folleto

 FOTOS:  

 


F

O

L

L

O

R

E


Xornada de baile e música galega


 

 CANDO: mes de abril ou maio, en dúas quendas ->

     - MAÑÁ:
por determinar

     - TARDE:
por determinar

 ONDE: no patio ou  no recibidor da EOI

 CANTO: de balde

 QUEN: o profesor Ismael Carcedo. Convida o Departamento de Galego en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística.

 QUEtres horas de música, baile e palabras. Anímate a participar: aprenderás a darlle un xeito ao baile e á pandeireta e, a maiores, coñecerás o imprescindible sobre o noso folclore. Xusto o preciso para triunfares no próximo serán. E veña baile e veña foliada!

 FOTOS: 

 


E

X

C

U

R

S

I

Ó

N

S


Compostela e as Letras Galegas


CANDO: mércores, 17 de maio. Saída ás 10.00 da estación de tren

ONDE: visita a Santiago de Compostela (Museo do Pobo Galego, visita guiada pola cidade, catedral e pórtico da Gloria...) e asistencia á manifestación das Letras Galegas

QUEN: organizado polo Departamento de Galego e mais polo Equipo de Normalización Lingüística e dirixido a todo o alumnado e persoal (docente e non docente) da escola.

 

QUEvisita Compostela o día no que celebramos a vida das nosas letras; coñece o Museo do Pobo Galego, a catedral e o Pórtico da Gloria; percorre as rúas da zona vella nunha visita guiada; goza da gastronomía da cidade á tardiña.

CANTO: 5 euros

MÁIS INFORMACIÓN: se quixeres participar no xantar en grupo, cómpre avisares

FOTOS: 

Actividades 2022-23 - 1º cuadrimestre

ACTIVIDADES DO

1º CUADRIMESTRE

 

 

 

F

 

E

 

S

 

T

 

A

 

S

Inauguración dos cursos de Galego

 

 CANDO: mércores, 21 de setembro, ás 10.30 e ás 19.00

 ONDE: na cafetaría da EOI

 QUEN: o Departamento de galego convida o alumnado de Galego de todos os niveis

 QUE: benvida á escola a todo o alumnado de Galego. Aproveitaremos para nos coñecer e presentar as actividades culturais e extraescolares previstas para o novo curso 2022 - 2023. Celebraremos con café, refrescos e petiscos doces: bica branca de Laza, biscoito e roscas variadas.

 FOTOS:    

 

 

E

 

S

 

P

 

É

 

C

 

T

 

A

 

C

 

U

 

L

 

O

 

S

CLUB DE TEATRO

 

CANDO: meses de setembro, outubro e decembro

ONDE: no Teatro Rosalía de Castro ou no Forum Metropolitano

CANTO: entre 7 e 5 euros (colabora o Dep. de Galego, o Dep. de Portugués e o ENDL)

QUE: pretendemos formar un grupo de saídas culturais estable para gozarmos das obras de teatro e outros espectáculos que se poden ver na Coruña e que se desenvolvan en lingua galega.

PARA QUEN: convidamos a todo o alumnado da escola que teña interese no teatro, en concreto, e na cultura galega, en xeral.

OBRAS PROGRAMADAS:

+ Morte accidental dun anarquista de Talía Teatro. Teatro Rosalía de Castro. Venres, 30 de setembro, ás 20.30

+ O péndulo de Inversa Teatro. Teatro Rosalía de Castro. Martes, 11 de outubro, ás 20.30

+ Esas cousas marabillosas de Empatía Teatro. Forum Metropolitano. Venres, 14 de outubro, ás 21.00

+ (Mofa & Befa) Pirolíticos de Producións Teatrais Excéntricas. Forum Metropolitano. Venres, 4 de novembro, ás 21.00

+ Comando Comadres de Matrioshka Teatro. Forum Metropolitano. Venres, 18 de novembro, ás 21.00

+ A lingua das bolboretas de Sarabela Teatro. Teatro Rosalía de Castro. Venres, 2 de decembro, ás 20.30

+ N.E.V.E.R.M.O.R.E. de Chévere. Teatro Rosalía de Castro. Mércores, 28 de decembro, ás 20.30

+ Curva España de Chévere. Teatro Rosalía de Castro. Xoves, 29 de decembro, ás 20.30

 

 

 

 

 

E

X

P

O

S

I

C

I

Ó

N

S

Festas e tradicións: o día de defuntos

 

CANDO: 25 de outubro ao 2 de  novembro

ONDE: no corredor do Departamento de Galego

QUE: bodegón de outono para celebrarmos o 31 de outubro, a festa do Samain do pobo celta. A nosa noite de defuntos na que os finados poden volver connosco e visitarnos. Para iso prendemos candeas ou deixamos o lume aceso para que os nosos defuntiños atopen de xeito doado o camiño á súa antiga casa. Deste xeito,  tamén lles amosamos que non os esquecemos.

Bodegón de outono: cabazas baleiradas, candeas, castañas, millo, cogomelos, follas secas, luces e sombras, agoiros, fotos dos devanceiros... tempo de ánimas.

FOTOS:

 

 

 

 

 

 

C

O

N

F

E

R

E

N

C

I

A

S

O libro negro da lingua galega de Carlos Callón (e outras cuestións sobre Galiza e Portugal)

 

Colaboración entre o Departamento de Português e o de Galego

CANDO: mércores, 2 de novembro, ás 19.00

ONDE: na aula magna ou na biblioteca

CANTO: de balde

QUEN: Carlos Callón (licenciado en filoloxías galega, portuguesa e románica pola USC e doutorado pola UDC; profesor no Instituto Español de Lisboa; escritor e autor, entre outros, dos libros Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez ou Galegocalantes e galegofalantes)

QUE: presentación do último libro do autor,  que se centra en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos (queimas de libros, castigos nas escolas...), coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. A maiores, o autor tamén comentará a súa experiencia como profesor en Portugal e falará da súa percepción sobre o que nos une ou nos separa.

LIGAZÓNS: máis información    vídeo1  vídeo2

 

S

A

Í

D

A

S

 

C

U

L

T

U

R

A

I

S

Cine: O corpo aberto  de Ángeles Huerta

 

CANDO: martes, 20 de decembro, ás 17.45

ONDE: nos Cantones Cine

CANTO: 6 euros 

DURACIÓN: 100 minutos

QUE: Miguel, un profesor novo, é destinado a unha aldea inhóspita. Conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo arredor del. A película aborda a crenza popular galega das almas errantes en busca de corpos que habitar. Así, o falecemento dun veciño libera un espírito que busca continuar coa súa existencia entre os vivos. E atópao.

A directora A. Huerta (Esquece Monelos) e o guionista Daniel D. García (Pai Casares) parten dun relato de X.L.Méndez Ferrín ("Lobosandaus", en Arraianos ) para armar unha longametraxe que definen como “terror folk”.

A película cede protagonismo ao son e á paisa-xe. A trama vese reforzada por unha envolvente banda sonora, a cargo de Mercedes Peón, e a potencia visual das localizacións, cunha rodaxe que se repartiu entre os concellos de Muíños, Lobeira, Calvos de Randín, Tourme e Pitoes.  

 

INTÉRPRETES: Tamar Novas, María Vázquez, Vitoria Guerra, José Fidalgo, Federico Pérez, Miquel Ínsua e ElenaSeijo.

 

 

 

 

 

 

LIGAZÓNS: máis información    tráiler entrevista

Actividades 2021-22 - 2º cuadrimestre

 

ACTIVIDADES DO

2º CUADRIMESTRE

 

 

L

I

T

E

R

A

T

U

R

A

Día de Rosalía: "Miña casiña, meu lar" e caldo de gloria

 

 

CANDO: mércores 23 de febreiro ás  11.00, ás 13.00 e ás 17.30

 ONDE: na cafetaría da EOI

 CANTO: de balde

 QUEN: o Departamento de Galego e o Equipo de Normalización Lingüística (segundo o proxecto da Fundación Rosalía de Castro) convida a todo o alumnado da escola.

 QUE: anímate a participar: falaremos de Rosalía, leremos algún poema (especialmente "Miña casiña, meu lar") e paparemos unha boa cunca de caldo.

 MÁIS INFORMACIÓN: ver

 FOTOSfoto1   foto2

 

 

 

 

S

 

A

 

Í

 

D

 

A

 

S

 

 

 

C

 

U

 

L

 

T

 

U

 

R

 

A

 

I

 

S

Teatro: As fillas bravas e o mito de Casandra de Chévere

 

 

 

 

 CANDO: venres, 11 de marzo, ás 20.30

 ONDE: no Fórum Metropolitano

 CANTO: 5 euros (colabora o Dep. de Galego)

 QUE: esta comedia coloca o foco en tres mulleres de aldea "pandeireteiras", referentes positivos e próximos de personaxes de mulleres afirmativas, autónomas, creativas e implicadas na colectividade. E ao mesmo tempo ofrece unha visión divertida, directa e sen prexuízos do impacto do cambio climático na nosa sociedade e nas nosas vidas.

 VÍDEOS:   vídeo1     vídeo2

 MÁIS INFORMACIÓN: ver  crítica1   crítica2

 

Pintura: Colmeiro. Cor e sentimento 

 

 CANDO: xoves, 7 de abril ás 11.30

 ONDE: na Fundación Luís Seoane (exposición comisariada pola artista Mónica Alonso)

 CANTO: visita guiada de balde

 QUE: esta exposición analiza a importancia da cor na obra do pintor galego a través de case cen pezas, a maioría óleos, correspondentes a seis décadas de creación artística.

Para Manuel Colmeiro, a linguaxe elemental da pintura é a cor, non a forma. Esta formulación, xunto cunha serie de temas recorrentes, son as ferramentas que o artista utiliza para representar a Galicia, protagonista absoluta da súa obra. A exposición establece un percorrido a través dos seus azuis e verdes, básicos na súa pintura; dos amarelos e laranxas que emprega para a luz, para iluminar a roupa e para expresar emocións como a ledicia; dos vermellos, utilizados como contraste; dos marróns da terra, que atenúan a dureza dos grises e negros do rigor da existencia e do horror da guerra...

Alén da cor, a exposición transcorre a través de diferentes seccións que se deteñen nos motivos máis frecuentes na obra do pintor, como o bodegón, as maternidades ou as paisaxes; e noutras cuestións de especial interese, como a melancolía e a tristura que percorren o seu traballo ou a simbiose entre espazo interior e exterior.

 MÁIS INFORMACIÓN: ver

FOTOS: foto 1   foto 2

 

 

 

S

 

A

 

Í

 

D

 

A

 

S

 

 

 

C

 

U

 

L

 

T

 

U

 

R

 

A

 

I

 

S

Cine: Malencolía de Alfonso Zarauza

 

 CANDO: mércores, 6 de abril, ás 20.30

 ONDE: nos Cantones Cine

 CANTO: 5 euros

 QUE:

Sira e Pepe son unha parella que fartos da vida en precario e do frenesí da cidade de Berlin, deciden volver a Galicia tras moitos anos emigrados na Alemaña. Atopan por Internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, provincia de Ourense, e deciden deixalo todo para iniciar unha nova vida alí.

Chegados á aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina.

MÁIS INFORMACIÓN: tráiler    noticia 1    noticia 2    noticia 3

Entrevista co director en Café Derby 

Traxectoria do director en Diario cultural  

Festival de narración oral Falando a Boca Chea: Quico Cadaval 

 

CANDO: xoves, 28 de abril ás 20.30

ONDE: no Forum Metropolitano

CANTO: 5 euros (entrada anticipada)

QUE: Quico Cadaval é unha vella gloria da arte de contar contos neste país. Partindo dunhas historias escoitadas na infancia e unha vocación de ocupar o espazo teatral, participou nos anos noventa do século pasado da variedade de contadores de historias, contacontos, lingoreteiros. A arte de contar historias pasou dos campos aos bares e das universidades ao teatro.

A arte da palabra é variable e volátil, escoitar historias é un poderoso detonador da imaxinación que se volve imprevisible do que pode suceder nun atardecer de contos. Quico pode prometer dedicar a velada aos contos tradicionais da biblioteca analfabeta e acabar por falar de acontecimentos luctuosos da família real española. É suficiente con seguir polos carreiros que se bifurcan constantemente polo bosque do relato.

MÁIS INFORMACIÓN:  vídeo 1      vídeo 2    video 3

 

 

 

 

 F

O

L

 C

 L

O

 R

 E

Xornada especial de baile e música galega

 

  VÍDEOS:  vídeo1   vídeo2   vídeo3   vídeo4

 

 CANDO: dúas quendas ->

MAÑÁ: xoves, 21 de abril de 10.30-13.30

TARDE: luns, 25 de abril de 17.30-20.30

 ONDE: no patio ou  no recibidor da EOI

 CANTO: de balde

 QUEN: o profesor Ismael Carcedo. Convida o Departamento de Galego en colaboración co ENL da EOI.

 QUE: tres horas de música, baile e palabras. Anímate a participar: aprenderás a darlle un xeito ao baile e á pandeireta e, a maiores, coñecerás o imprescindible sobre o noso folclore. Xusto o preciso para triunfares no próximo serán. E veña baile e veña foliada!

 FOTOSfoto 1   foto 2    foto 3   foto 4

 

Actividades 2019-20

ACTIVIDADES DO

1º CUADRIMESTRE

 

 

E

X

P

O

S

I

C

I

Ó

N

S

 

M

U

R

A

I

S

 

As nosas tradicións e celebracións

 

CANDO: 28 de outubro ao 2 de  novembro

ONDE: no corredor do Departamento de Galego

QUE: O DÍA DAS ÁNIMAS

Bodegón de outono: cabazas baleiradas, candeas, castañas, ourizos, millo, cogomelos, follas secas, luces e sombras... tempo dos mortos.

Mural:

FOTOS  foto1  foto2   foto3  foto4  foto5

 

 

 

 

CANDO: 4 – 15 de novembro

ONDE: no corredor do Departamento de Galego

QUE: mural: humoristas galegos e o magosto

FOTOS

 

 

 

 

 

S

A

Í

D

A

S

 

C

 U

 L

 T

 U

 R

A

I

 S

Música: Lúas de outono (Homenaxe a Manuel María)

 

 

 

CANDO: mércores, 25 de setembro, ás 20.30

ONDE: no Teatro Rosalía de Castro

CANTO: de balde

QUE: nova edición da homenaxe anual que desde hai 12 anos  A Coruña lle dedica ao Manuel María. Este ano consistirá nun concerto e estará presentado por Xurxo Souto.

Aproveitando que hai pouco foron os 50 anos do concerto que se coñeceu como de presentación da Nova Canción Galega, farase un acto de recoñecemento aos cantores e cantoras galegas coa actuación de miro Casabella, Uxía, acompañada por Santi Cribeiro e Sergio Tannus; e Molime, coa voz de Xoán Padín, que xunto Alberte Núñez, Alberto Maceiras e Gumer Freire, conforman o grupo.

LIGAZÓNS: máis información.

 

Cine: O que arde de Oliver Laxe

 

CANDO: luns, 21 de outubro, ás 19.45 h

ONDE: nos Cantóns Cines

CANTO: 4,90 euros

QUE: Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por procvocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.

LIGAZÓNS: ver trailer

                  ver ficha da produtora 

 

 

 

 

C

O

N

F

E

R

E

N

C

I

A

S

O galego e o portugués sao a mesma lingua? de Marcos Neves

 

 

CANDO: mércores, 27 de novembro, ás 19.30

ONDE: na Sala de Vídeo da EOI da Coruña

CANTO: de balde

QUE: presentación da última publicación do autor Marcos Neves, profesor da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa.

 

LIGAZÓNS: máis información.

 

Unha colaboración entre o Departamento de Português e o Departamento de Galego

 

 

 

 

 

 

Actividades 2018-19

 

ACTIVIDADES DO
1º CUADRIMESTRE

 

 

E

X

P

O

S

I

C

I

Ó

N

S

 

M

U

R

A

I

S

 

As nosas tradicións e celebracións

 

CANDO: 29 de outubro ao 5 de  novembro

 

ONDE: no corredor do Departamento de Galego

 

QUE:

Bodegón de outono: cabazas baleiradas, candeas, castañas, cogomelos, follas secas, luces e sombras... tempo de meigas.

Mural: Davila e o Samaín

 

FOTOS

 

 

 

 

CANDO: 5 – 15 de novembro

ONDE: no corredor do Departamento de Galego

QUE: mural: Davila e o magosto

FOTOS

 

 

 

 

 

S

A

Í

D

A

S

 

C

 U

 L

 T

 U

 R

A

I

 S

Exposición: Turismo e fotografía: Catalá- Roca en Galicia

 

 

 

CANDO: venres, 23 de novembro, ás 13.00

ONDE: no Quiosco Alfonso

CANTO: de balde

QUE: A mostra recupera a crónica fotográfica das campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976 e nas que retratou a vida cotiá da veciñanza, o traballo, a festa ou a irrupción do turismo.

Consta de 110 imaxes nas que reflicte a visión dun país en plena transformación económica e social, no que conviven tradicións e costumes de longo percorrido coa irrupción do turismo e a pegada do Ano Santo 1965 como fito fundamental.

LIGAZÓNS: descargar folleto.

Teatro: Meirás, por un pazo público

 

CANDO: martes, 4 de decembro, ás 20.00

ONDE: no Teatro Colón

CANTO: de balde

QUE: gala teatral e reivindicativa sobre a devolución do Pazo de Meirás. Na obra participan algunha das figuras e compañías teatrais máis recoñecidas de Galicia: Quico Cadaval, César Goldi, Paula Carballeira, Chévere, Ibuprofeno Teatro, Talía Teatro...

 

 

LIGAZÓNS: descargar  información

 

 

 

 

F

O

L

C

L

O

R

E

Xornadas de baile galego

 

CANDO:

venres, 30 de novembro, ás 13.00

luns, 3 de decembro ás 19.30

 

ONDE: no recibidor da EOI

 

CANTO: de balde

 

PROFESOR: Isma de Xacarandaina

 

FOTOS:

 

 

ACTIVIDADES DO
2º CUADRIMESTRE

 

 

 F

O

L

 C

 L

O

 R

 E

Curso anual de baile galego

 

 

 

 CANDO: luns ás 19.30

 ONDE: no recibidor da EOI

 CANTO: 10 €

 PROFESOR: Isma de Xacarandaina

 FOTOS:

 

 

 

 C

 

O

 

N

 

C

 

U

 

R

 

S

 

O

Doces de entroido

  

 

CANDO: venres, 1 de marzo ás 13.30

 

ONDE: na cafetaría da EOI

 

CANTO: de balde

 

QUE: gaña un dos tres lotes de produtos galegos

 

BASES: descargar

 

FOTOS:

 

 

  

E

X

P

O

S

I

C

I

Ó

N

S

 

M

U

R

A

I

S

As nosas tradicións e celebracións: o entroido

 

 

 

CANDO: finais de febreiro comezos de marzo

ONDE: no recibidor da EOI

INFORMACIÓN:

Mural:Davila e o entroido

Paneis: figuras e entroidos de Galicia

FOTOS:

Os maios

 

 
 CANDO: mes de maio

ONDE: no corredor do Departamento de Galego

QUE:

FOTOS:

 

  

 


S

A

Í

D

A

S

 

 

C

U

L

T

U

R

A

I

S

Concerto e charla con Zënzar

 

 

 

CANDO: mércores, 13 de marzo, ás 11.00

 

ONDE: no Centro Ágora

 

CANTO: de balde

INFORMACIÓN:

Zënzar, un dos grupos máis míticos do rock galego, os "Padriños do rock galego", ofrécennos un concerto e unha charla sobre música e lingua, cun pequeno repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela.

Realizarán un percorrido pola historia da música contemporánea gaelga cantada en galego e buscarán a participación e diálogo co público asistente, desde precursores coma Andrés Dobarro ou NHU nos 70, os Resentidos nos 80, Zënzar, Xenreira, Skornabois, Heredeiros da Crus, os Diplomáticos de Monte Alto ou O Leo nos 90 ata bandas en activo máis recentes, coma Ruxe Ruxe, Sés, Terbutalina, Dakidarria, O Sonoro Maxín, Tanxungueiras, Guadi Galego...

Os Zënzar son a banda en activo máis antiga do rock galego. Está formada por Manolo García, Xosé Bocixa, Paco Cerdeira, Mario Grela e Laura Romero.

 

 LIGAZÓNS: descargar folleto.

 

 

Distribuir contido