Alumnado de NOVO acceso a un idioma (tamén os que aprobaron pola modalidade LIBRE, CALC, CFR, CAFI e CUALE)
- Preinscrición. Acceder á aplicación de preinscrición [1] e seguir as instrucións. É importante recordar o contrasinal de acceso.
- Adxudicación de prazas. O día da adxudicación deberá entrar na aplicación de preinscrición e comprobar se foi admitido. Consultar o método de adxudicación no punto 2.4 e 2.5 da circular de matrícula [2]
- Reserva de praza. Unha vez admitido, deberá reservar a súa praza desde a mesma aplicación en liña e pagar as taxas correspondentes (consulte aquí [3] como proceder ao pago das taxas).
Formalización da matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación de matrícula na secretaría do centro ou enviala escaneada por correo electrónico a matricula@eoicoruna.org [4] (consulte o horario de atención na secretaría [5]; a atención ao público nas extensións da EOI deberase consultar nas seccións. A matrícula non será efectiva ata que non se complete este paso.