Usuarios rexistrados: Acceso

Estado das contas da Asociación de Alumnos e Ex-alumnos (AEXA) EOI Coruña

Estado actual das contas (15 Setembro 2015).

 

Como o ano pasado, a organización dos cursos de verán supón uns custos económicos bastante altos, xa que require contratación de persoal (docente e non docente), ademáis dos elevados impostos de retención do 21% como actividade cultural. 

No ano 2014, conseguimos un superávitde 2100€ que nos sirven para poder pagar os novos contratos a tempo, sen agardar os pagos das institucións que moitas veces levan tempo. Ese ano os cursos de verán, que son a nosa principal actividade, sairon moi ben, chegando a ofertar 4 idiomas, e 7 niveis (avanzado, intermedio e basico). Tamén organizamos cursos de idiomas para a Deputacion da Coruña, e para centros escolares. Tamén tivemos varias altas de novos socios, ainda que non puidemos fidelizar os que conseguiramos facer no 2013.

Neste 2015, foron o mesmo numero de idiomas ofertados, pero soamente conseguimos sacar 5 niveis. O numero de alumnos descendeu conforme o ano pasado, e do mesmo xeito os ingresos obtidos. Por iso quedamos sen superávit e mantemos o estado das contas igual que no ano pasado. 

A actividade da Asociación durante o curso académico foi regular, pero excasa e practicamente inexistente para os alumnos da Escola. Agardamos que neste novo curso académico podamos ofertar mais actividades. 

 

 

AdxuntoTamaño
Resultados dos cursos de verán 2014.pdf26.92 KB