Usuarios rexistrados: Acceso

Taboleiro de novas

AEXA

<logo da aexa EOI Coruña

A Asociación de Alumnos e Exalumnos da Escola Oficial de Idiomas (Aexa EOI), é unha entidade sen ánimo de lucro que busca levar a cabo unha serie de actividades educativas e culturais relacionadas con idiomas, tanto para alumnos coma ex-alumnos da EOI Coruña.

A principal función da Asociación é dar máis opcions de práctica con idiomas, e complementar con actividades relacionadas tanto a actuais alumnos da EOI, como a antiguos alumnos da mesma que, polo motivo que fora (rematar os estudos, por incompatibilidade de horarios...), tiveran que abandonar a presente Escola.

Para asociarse na mesma, é preciso cumplir algún dos seguintes requisitos e seguir os seguintes pasos.

  • Ser alumno da EOI Coruña no presente curso académico (Adxuntar fotocopia da folla de matricula do presente ano)
  • Ter o título de nivel básico de calquera idioma a impartir na Escola (Adxuntar unha copia do certificado académico/titulo adquirido).

 

  1. Recoller o sobre de matrícula en Conserxería
  2. Encher un formulario cos teus datos persoais, datos de contacto, modalidade de alumno...
  3. Satisface-la cuota anual (Cuota Alumno: 10€. Ex-alumno: 12€), e adxuntar copia do recibo bancario.
  4. Cumplimentar o carnet de Asociado, e adxuntar unha foto carnet.
  5. Unha vez cumplimentado todo, depositar o sobre en conserxería, no buzón adicado á Asociación, pechado.

 

O asociado poderase beneficiar das actividades organizadas pola Asociación (clases complementarias de conversación, lectura, escritura... etc.), facer uso de los fondos de la biblioteca (nos casos dos ex-alumnos), organizar actividades culturais a propia elección que serán aprobadas pola asociación (grupos de teatro),  ter descontos nos cursos de verán que volverán a ter actividade no presente ano, e moitas máis...

 

Se tedes calquera duda, cuestión ou suxerencia, nun dubidedes en contactar connosco a través do correo electrónico: aexaeoi@mail-me.com

Ou ben a través da páxina do facebook e no twitter

Saúdos Cordiais

AdxuntoTamaño
[aexaEOI] Formulario de adhesion mod.pdf45.97 KB