O presente curso vai dirixido aos alumnos do nivel A1, que dan os seus primeiros pasos no estudo do idioma ruso. 

O curso ten por obxectivo dotar aos estudantes de recursos didácticos suficientes para que poidan afianzar os contidos explicados e traballados na aula. Aquí, entre outras cousas, atoparán exercicios escritos dirixidos a mellorar a competencia gramatical e a aprender vocabulario, audios para traballar, na primeira etapa, a fonética, e máis  tarde, a comprensión oral, vídeos didácticos, cancións, pequenos textos para practicar a lectura, etc. que farán máis accesible a comprensión e asimilación da linguaxe que se utiliza na vida cotiá. Tamén achegarase aos alumnos algúns aspectos culturais do mundo ruso. 


·        

·        

·        


curso de Mikhail

O curso vai dirixido aos estudantes de ruso co nivel de competencia A1, e ten por obxectivo que os estudantes dispoñan de recursos didácticos de carácter práctico que lles axuden a reforzar o que se vaia explicar e traballar na aula. Aquí, entre outras cousas, atoparán exercicios escritos dirixidos a mellorar a competencia gramatical, audios e vídeos, lecturas, etc. que farán máis accesible a comprensión da linguaxe que se utiliza na vida cotiá. Igualmente achegarase aos alumnos algúns aspectos culturais do mundo ruso.