Skip to Content

Blogues

Presentación dun Contacontos

Coa idea de fomentar a lectura na infancia, dámoslle difusión á presentación dun contacontos que se celebrará o venres 4 de outubro, Día Mundial dos Animais, ás 18:30 h no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO).

A actividade en vivo, dirixida ao público infantil (nenas e nenos de 3 a 6 anos acompañados dun adulto) é gratuíta e limitada ao aforo da aula didáctica do MARCO, polo que é NECESARIA PREVIA INSCRICIÓN no seguinte formulario:

https://forms.gle/F1vpPKgbmbzrrK9f6

 

Menús comedor mes de Outubro

Comezo do comedor alumnado de 3 anos

O vindeiro luns 23 de setembro comeza a funcionar o servizo de comedor para o alumnado de 3 anos.

Poderedes pasar a recoller aos nenos/as a partires das 15:15 horas e ata as 16:00 horas que remata o servizo.

Igualmente o servizo de madrugadores estará tamén dispoñible a partires das 8:00 horas.

Becas neae

Comezo do curso escolar 2024/2025

O próximo mércores 11 de setembro comezará o curso escolar 2024/2025.

O horario diferenciado para o primeiro día será de 10 horas a 14 horas, como ven sendo habitual, e xa comezará o servizo de comedor e de aula matinal para o alumnado de 4 e 5 anos.

A partires do xoves 12 de setembro retomamos o horario habitual de 9 horas a 14 horas.

O alumnado de nova incorporación de 3 anos axustarase ao establecido no Periodo de Adaptación

IMPORTANTE: Este curso escolar os accesos nos momentos das entradas e saídas serán polos accesos dos patios exteriores (porta Moreira ao carón do parque da rúa Pintor Colmeiro, e porta Musical ao carón do Aulario).

As chegadas ao centro e as recollidas noutro horario realizaránse, coma sempre, pola porta principal da escola, e mentras non comecen as obras pendentes de execución.

 

Reunións inicio curso 2024/2025

Listas definitivas de admitidos/as ao comedor escolar 2024/2025

Seguindo a “Instrución 2/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2024 / 2025”, establécense as listas definitivas de admitidos para o vindeiro curso, coa orde de preferencia que establece o punto 6. Selección e admisión de usuarios.

En base ao anterior, resulta establecer o seguinte:

TODO aquel usuario/a admitido nas listas provisionais, son admitidos tamén nas listas definitivas.

Todo usuario/a que solicitou o comedor escolar para o vindeiro curso escolar 2024/2025 está admitido/a.

En conformidade coa Lei de Protección de datos, poderase consultar o listado, cos nomes e apelidos, no taboleiro interior da escola.

 

Listas provisionais de admitidos/as ao comedor escolar 2024/2025

 

Seguindo a “Instrución 2/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2024 / 2025”, establécense as listas provisionais de admitidos para o vindeiro curso, coa orde de preferencia que establece o punto 6. Selección e admisión de usuarios.

En base ao anterior, resulta establecer o seguinte:

TODO aquel usuario/a que solicitou o comedor escolar para o vindeiro curso escolar 2024/2025 está admitido/a.

En conformidade coa Lei de Protección de datos, poderase consultar o listado, cos nomes e apelidos, no taboleiro interior da escola.

 

 

Programa de control de esfínteres

 

Distribuir contido


by Dr. Radut