Skip to Content

5º de infantil

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA (8 de xuño - 19 de xuño)

Ola nenos e nenas!

Despois deses debuxos tan bonitos que fixéchedes das vosas familias, esta quincena traémosvos novas actividades para que sobre todo o pasedes ben!apetécevos? Pois aí van!!

 ACTIVIDADE 1

 1. Nesta primeira actividade, que será a que nos tedes que enviar, invitámosvos a que sexades vos os poetas e poetisas, como fixemos xa as mestras e o  mestre de inglés as semanas pasadas, apetécevos?

Lede, recitade e memorizade este fermoso poema de Gloria Fuertes que seguro que moitos da familia coñecen:

 

          Hay un colegio en el fondo del mar

          allí los “bonitos” bajan a estudiar.

          El que más escribe es el calamar

          y el que menos sabe no sabe la “A”.

          A dar la lección “Pez Espada” va,

          lleva su puntero para señalar.

          Pupitre de perlas, bancos de coral,

          encerado verde y tiza de sal.

          Muchos pececitos ríen al sumar.

          El buzo a los peces bajaba a asustar

          con su cara blanca dentro de un cristal.

 

                                                                      GLORIA FUERTES

 

               Agora deberás debuxar e pintar os animais dos que fala o poema e escribir os seus

               nomes (recordade que para iso podedes contar coa axuda da familia).

 

               Prazo de entrega da actividade ata o 19 de xuño.

 

ACTIVIDADE 2

2. Nesta segunda actividade, propoñémosvos que escoitedes o conto “Os chivo chivóns” e estedes moooooi

atentos e atentas para logo intentar respostar as seguintes preguntas:

 

Cómo se chaman os protagonistas?

Onde viven?

Qué é unha chiva?

Onde deciden ir?

Cal foi o primeiro, o segundo e  o terceiro en chegar á ponte?

Cómo remata o conto?

Inventade outro final para o conto.

ACTIVIDADE 3

3. Nesta terceira actividade debedes contar cuns tapóns numerados. Debedes elexir un deles e a continuación deberedes buscar cal é o número que na serie numérica vai antes e cal despois do número elexido. Se vos resulta complicado podedes ter á man a serie numérica e botarlle, de vez en cando , un ollo e tamén podedes, se vos apetece, completar a serie numérica a partir deses números iniciais.       

                                                   

 ACTIVIDADE 4

 4. As seguintes actividades son para cantar e bailar!! e de paso lembrar os números e as letras... Estades listos e listas para cantar e bailar estas cancións de Magín Blanco??

     

 

   Agora o abecedario!

 

  ACTIVIDADE 5

 5. E como última actividade, un entretido xogo das emocións ,trátase do "Xogo do Aloia", no que cada familia trasladarase, como Draco, ao Aloia, onde poderá ir avanzando a medida que contesta preguntas ou fai probas, ao tempo que se atopa cos personaxes da historia: Iris, as toupiñas, o Sabio, etc.

Déixovos aquí o enlace: https://view.genial.ly/5eba51818a39780d0f677cba/game-xogo-do-aloia

 

SORTE!!

 

 

 

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA (25 de maio - 5 de xuño)

Ola familias!

Queremos presentarvos as actividades desta próxima quincena, pero antes de nada gustarianos lembrarvos que fagades o que poidades dentro das vosas posibilidades e situacións, ante todo disfrutade cos vosos fillas e fillos da actividade.

Unha aperta moi grande,

Candi e Lucía

 

ACTIVIDADE "TODO O DÍA NA CASIÑA"

Nesta ocasión o punto de partida da actividade destas dúas semanas vai ser a canción de Magin Blanco “Todo o día na casiña”. (Data para enviar esta actividade ata o 5 de xuño).

 

O que teredes que facer é o seguinte:

1.Escoitar a canción.

2.Falar cos nenos e nenas de como se senten nesta nova situación (tristes, contentos,aburridos…) e que é o que máis lles gosta de estar na casa.

3. A continuación farán un debuxo da súa familia, facendo fincapé nas expresións das caras das persoas da familia ( se están enfadadas, contentas, con rabia, tristes…)

4.Dende que teñan o debuxo feito e coloreado escribirán o nome e parentesco dos debuxados, contarán as letras e porán o número.

 

FACEMOS PINTURA DE XEO!

A seguinte actividade que vos propoñermos é moooooi refrescante!!! Dado que estes días comeza a facer calor…que vos parece se facemos pintura de xeo? Só precisades auga, colorantes alimentarios das cores que vos apetezan, palillos e cubiteiras. Cando estén ben conxelados podedes poñervos mans a obra!

 

XOGAMOS Ó ESCONDITE!


Nesta actividade a persoa adulta ou irmán maior debe esconder pola casa entre 5 e 20 obxectos (dependendo  do interiorizado que teña o nena ou nena o concepto de número e cantidade). Cada obxecto deberá estar numerado e o neno ou nena, unha vez que os vaia atopando, deberá ir colocandoos en orde numérica ascendente (1-2-3...) ,ainda que se queredes facer unha actividade de ampliación, podedes facelo en orde descendente ( 10-9-8...).

Se vedes que presenta moita dificultade podédesvos axudar da recta numérica, escribindo vós os números no chan ou nun folio para que vaian asociando as grafías.

 

PREPARAMOS RICOS XEADOS!!

Neste enlace poderedes acceder a un xogo moi divertido para facer ricos xeados!

http://www.penyagolosaeduca.com/ca/crea-helados-para-tus-clientas-1-5/

 

A CANTAR!

A horta de Balbina


 

SEGUIMOS A BAILAR E A CANTAR CO RAP DA LINGUA! (MIGALLAS)

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA

 

Ola familias! desexamos que vos atopedes todos e todas ben!

Neste novo trimestre que comeza ímosvos  propoñer quincenalmente unha serie de recursos para repasar e reforzar contidos xa traballados durante este curso.

Poderedes atopar, nos enlaces que vos proporcionamos máis abaixo, distintos tipos de actividades e recursos como contos, cancións, manualidades, xogos...habendo ademáis a maiores unha actividade en concreto que, unha vez realizada, nos gustaría que nos mandasedes, no formato que prefirades (word, pdf, jpg...) ós nosos correos electrónicos:

cmsalgado@edu.xunta.es (Candi)

luciaescalera@edu.xunta.es (Lucía)

Esta actividade quincenal deberá ser enviada antes da data límite especificada na mesma.

Dicirvos por último que imos facer un seguimento de ditasactividades durante este trimestre e de igual modo seguímosvos invitando a que participedes nas actividades xerais do colexio como ata o de agora.

Unha aperta moi grande das vosas profes que vos botan moito de menos!

1. O LIBRO DOS RECORDOS. (Actividade para enviar por correo electrónico antes do 22 de maio)

 Como ben sabedes, Librín é un amante dos libros e como, por mor do coronavirus , tivo que pechar a biblioteca e non podemos compartilos con vos, Librín proponnos que fagamos un, pero non un calquera, será o LIBRO DOS RECORDOS, onde os protagonistas seredes cada un de vós:

- Primeiramente, xuntos coas vosas nais e/ou vosos pais, ou de maneira independente, podedes elaborar unha lista, escribindo os nomes das nenas e nenos da vosa clase e as vosas mestras/es. Os integrantes dese lista serán os protagonistas. 

- Cada día realizaredes unha páxina do libro: nun folio poñeredes de título un nome dun membro da vosa clase ( compañeiro/a, mestre/a ou ti mesma/o), faredes un debuxo del ou dela e escribiredes unha palabra ou frase en positivo que o/a caracterice ( exemplo: a profe Candi é moi simpática). Poderedes escribir a frase ou palabra de maneira autónoma ou ben solicitando axuda doutra persoa.

- Cando rematedes de realizar todas as páxinas do libro tan só vos quedará facer unha portada que o represente e grapala ou pegala.

2. COMPRENDEMOS OS SISTEMAS DE ESCRITURA NO DESENVOLVEMENTO DO/A NENO/A.

Para traballar cos nenos e nenas a lectoescritura é interesante que botedes un vistazo ós sistemas de escritura no desenvolvemento dos nenos e nenas que propoñen Emilia Ferreiro e Ana Taberosky.

https://www.slideshare.net/evaeinfantil/apropiacin-del-cdigo-escrito

3. O ROCK DAS EMOCIÓNS 


4. RESPIRAMOS


5. FACEMOS PLASTI!!


6. CONTAMOS, CONTAMOS E CONTAMOS

É  moi importante contar e contar elementos dispostos de forma diferente. Podemos contar figuras, pinzas, macarróns, pedras, lentellas, tapóns, rotuladores...

Os pais, nais, avós, avoas, irmáns maiores...poñerán os elementos a contar en disposicións diferentes: en liña recta, en círculo, en cruz e de forma desordeada, poderemos comezar con poucas cantidades e ir engadindo segundo vaiamos observando que o neno ou nena controla.

 

Outra actividade a realizar pode ser a seguinte:

Podemos escribir os números nuns paus de madeira ou noutros soportes que poidades ter pola casa( rolos de papel, palliñas...) e logo colocar tantas gomas como manda o número.

Tamén podedes xogar á inversa: o adulto dálle a volta ós paus ( de forma que non se vexa o número)pon as gomas e o/a neno/a terá que contalas. Cando remate, o/a neno/a xirará o pau para comprobar si as gomas contadas se corresponden co número.

7. LEMOS OS CONTOS DAS PROFES E DO PROFE DO COLE!

Por se algún de vós ainda non veu os contos que elaboramos as profes e o profe do cole, quedades invitados a velos no seguinte enlace:

http://bibliotecalibrin.blogspot.com/

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut