Uxía e mais eu, estamos moi contentas de ver os vosos traballos e aportacións, nos están chegando cousiñas moi interesantes pero o que máis nos gusta é poder vervos e escoitarvos.
Lembrade que, ademáis de diversos recursos(xogos interactivos, cancións, contos, curtas, titoriais…) aos que podedes acceder, estamos propoñendo quincenalmente unha actividade que nos gustaría que nos fixésedes chegar ao noso correo electrónico, no formato que queirades pdf, jpg, word… antes da data sinalada. Esta será a última proposta do curso antes das merecidas vacacións do verán. Os nosos mellores desexos neste periodo vacacional, coa esperanza de vernos de novo tod@s en setembro.
Uxía: uxiaquintela@edu.xunta.es
Rocío: rfnovo@edu.xunta.es
1. AS NOSAS MASCOTAS:
A actividade que vos propoñemos para esta quincena é a seguinte: despois de propoñer nomes para a nosa protectora virtual e votar para seleccionar un, PATAS PELUDAS, precisamos que cada un de vós faga un autorretrato, un retrato de si mesmo(como se fora unha foto de carnet) para logo colgalos no blog da protectora. O prazo para entregar esta actividade é ata o19 de xuño.
PROTECTORA VIRTUAL PATAS PELUDAS(na web do cole)
2. O MUNDO DAS EMOCIÓNS:
3. OS MEUS PRIMEIROS TRAZOS.
4. XOGANDO COAS PALABRAS:
5. O MÁXICO MUNDO DAS MATEMÁTICAS:
6. CÓNTAME UN CONTO:
TODO O DÍA NA CASIÑA(unha historia feita canción)
7. AS MIÑAS OBRAS DE ARTE: