Skip to Content

Plan Proxecta 2

Knolling 2020

O Knolling ou a arte de ver os obxectos dende outra perspectiva, tamén se traballa na nosa escola! Neste caso, durante o tempo anterior ó confinamento, empregamos material de refugallo, e creamos algunhas obras, que podes visualizar a continuación!

 

 

Máis esculturas!

Seguimos coa arte! Bota unha ollada ás nosas esculturas, aproveitando o material de refugallo das merendas. Deste xeito, acadamos dous obxectivos ó mesmo tempo: desenvolver a nosa creatividade, e coidar do planeta!

 

 

Esculturas!!!

É momento de poñer en práctica a nosa arte! Aproveitamos o material de refugallo das merendas (Envases, tapóns, caixas...) para crear estas esculturas. Bota unha ollada!

 

 

 

Recollida de lixo no parque Pernas Peón

O pasado día 30 de setembro de 2019, tanto o alumnado de 5º coma o de 6º, visitou o parque máis famoso da nosa vila co gallo de recolectar o lixo. Para iso, puxémonos mans á obra, con guantes, bolsas, e o máis importante, a nosa conciencia ecolóxica sempre presente, para deixar ben limpos os nosos arredores. Por certo, saímos nos xornais!

Murais e esculturas!

O alumnado de 6º aproveitou o lixo sobrante das merendas (Bebibles, etc.) para realizar estas fantásticas figuras e esculturas, ás que podedes botar unha ollada nas seguintes imaxes... igualmente, tamén se realizou un magnífico mural co lema "Reciclar, reducir, reutilizar" e tamén un collage con material de refugallo. Esperamos que vos guste!

 

 

Means of transport: eco, so-so and polluter.

Approaching the relevance of transport for our environment, we firstly taught the different means: car, plane, ship, bus, bike and on foot. Then, children had to draw, paint and write the names of these vehicles. Finally, using a traffic light in horizontal way, they classified them among eco, so-so and polluter means of transport. The main target, of course, was to make them realise the best way is always the one which is the most eco-friendly for our planet.

VISITA AO MERCADO LOCAL

Dentro do Proxecto Terra fixemos moitas visitas para coñecer o noso pobo. Unha das primeiras foi ao mercado e a praza de abastos. Alí tratamos cos vendedores e vimos todo ó que os nosos pais e nais mercan para facer a comida que nos gusta tanto.

 

 

O NOSO XORNAL

Percorrimos e visitamos a nosa vila, espazos históricos e tamén naturais,... coñecimos  en profundidade o lugar que habitamos. Pero tamén outras moitas curiosidades, historia e como non o lugar onde se elabora o xornal, uns dos primeiros xornais locais de Galicia, o "Heraldo de Viveiro". Logo fixemos un obradoiro e fixemos o noso " Heraldo do San Roque".

VIVARIUN: lugar máxico

Este proxecto ten como obxectivo coñecera nosa vila en profundidade, o espazo que ocupamos: o noso centro, o pobo onde vivimos. A nosa historia, situación xeogáfica, lugares e espazos relevantes, tradicións.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut