Skip to Content

Plan Proxecta 1

Visita do experto en nutrición

Uns días antes do comezo do confinamento no mes de marzo deste ano 2020, tivemos unha visita por parte dun experto en nutrición e alimentación saudable e ecolóxica. Esta persoa explicounos tanto a nais/pais coma a mestres/as, por exemplo, a diferenza entre a leite fresca e a que non o é. Ou tamén, as desvantaxes dos produtos ultraprocesados, avogando deste xeito polo consumo de alimentos procedentes das hortas de proximidade. Así que, xa sabes, visita o mercado da túa vila!!!

 

 

Visita ó Eroski Center

O pasado mes de xaneiro, o alumnado de 5º curso (4 anos) visitou o Eroski, situado no centro da nosa vila. Deste xeito, a responsable que nos atendeu, acompañounos e explicounos como funcionaban as diferentes seccións: froitería, peixería, panadería, carnicería, a zona de frío, e o departamento de coidado persoal e estética. Tamén tivemos a oportunidade de realizar xogos para adiviñar alimentos, etc. Esperamos que vos gusten as imaxes!!!

Marmelada de amorodos!

As nenas e os nenos de 5º curso elaboraron marmelada de amorodos!!! A continuación, explicámosche os principais pasos que seguimos, e que ti tamén podes seguir no caso de que desexes facela! Bota unha ollada tamén ás nosas instantáneas!

 

Pasos a seguir:

1.FOMOS Á HORTA MANCOMUNADA PARA RECOLLER OS AMORODOS

2.QUITÁMOSLLES O PEDÍCULO

3.ANTES DE COMEZAR A FROITA DEBES LAVAR!

4.PICAMOS OS AMORODOS

5.MACHUCAMOS OS AMORODOS

6.POÑEMOS A MARMELADA NO LUME A FOGO LENTO E DEIXÁMOLA FERVER UN POUQUIÑO.

7.GARDAMOS A MARMELADA NUN TARRO DE CRISTAL E DEIXÁMOLA ENFRIAR.  PARA QUE VOS DURE MÁIS, PODEDES POÑELA AO BAÑO MARÍA.

8.DEGUSTAMOS A MARMELADA. ESTABA BOÍSIMA!!

Lixo larpeiro!

O alumnado de 6º B realizou un atractivo collage con material de refugallo; neste caso cos envoltorios de doces e larpeiradas. Igualmente, tanto nenas como nenos fixeron unha ficha para afianzar o tema da alimentación saudable e tamén a reciclaxe. Esperamos que vos guste!

Junk food vs healthy food!

In our subject, English language, we taught the main difference between fast food (Which is highly tasty, but unhealthy) and meals like fruit, vegetables... Our pupils painted, cut and stuck special worksheets with food like burguers, cokes, pizzas, apples, bananas and strawberries. Finally, we classified them on a huge poster. Therefore, it was paramount to teach from the very beginning the relevance of Fast food vs healthy food to avoid future problems like overweight adults, diseases and so on.

 

English fruit

Os nenos e neas de 5 anos traballan as froitas e a alimentación saudable con Noelia, a mestra de inglés. Mirade que ben o fan!!!

 

RECEITAS PARA ALMORZOS E MERENDAS

Dentro das actividades da Escola de Nais e Pais tivemos a sorte de contar cun obradoiro sobre "Almorzos e merendas saudables no cole" a cargo Cristina Noriega, asesora nutricional, e Lucas Requejo, creador de "ULTRALIMENTO". As persoas asistentes demandaron a posibilidade de contar coas receitas elaboradas. Amablemente nos las facilitaron, esperamos que as disfrutedes moito.

 RECEITA 1:  BOL DE ALMORZO CON AVEA, PLÁTANO E NOCES.

Necesitamos  (cantidades para 2 persoas ):

- 60 grs de copos de avea

- 240 ml de bebida de avea

- 1 plátano

- 30 grs de noces 

- 1 cullarada de mel

- 1 cullarada pequena de canela moída

Menaxe preciso:

- un cazo para cocer/quentar a mistura

- unha culler de pau para remexer

- un coitelo pequeno para rachar o plátano.

Elaboración:

1)Nun cazo, colocar os copos de avea coa bebida vexetal, e quentar lentamente ata que a mestura comenc a espesar.

2)Seguir remexendo mentres espesa para evitar que se pegue.

3)Unha vez colleu a consistencia desexada ( algo parecido ao arroz con leite) retirar do lume e engadir o mel.

4)Cando esté ben incorporado, engadir o plátano en lascas e as noces lixeiramente esmagadas. E A DISFRUTAR

 

RECEITA 2: TORTIÑAS DE ALMORZO CON FROITA E FROITOS SECOS

Necesitamos  (cantidades para 1 persoa):

- 1 ovo  (importante que sexa da casa ou mercado onde o código comence por 0 ou 1).

- 2 cullaradas sopeiras de fariña  (por exemplo unha de fariña de millo e outra de trigo).

- 1 pizca de sal.

- 1 cullarada pequena de manteiga para engrasar un pouco a tixola.

- 1 plátano, ou calquer outra froita.

- 1 presada de froitos secos ( noces, avelás, amendoas).

- canela moída e mel/sirope.

Menaxe:

-un prato fondo para batir o ovo e facer a mistura.

-un batedor.

-unha lingua para aproveitar ben todo o amoado.

-unha paleta de madeira.

-unha tixola.

Elaboración:

1)Poñemola tixola ao lume alto.

2)Abrimolo ovo e batímolo.

3)Engadimos a fariña coa sal e batimos ata que non quede ningún gromo.

4)Botamos a manteiga na tixola.

5)Vertemos a mestura na tixola.

6)Engadimos a froita e os froitos secos.

7)Cando comencen a aparecer ollos damoslle a volta.

8)Retiramola para un prato.

9)Canela moída e mel ao gusto por riba. E A DISFRUTAR.

 

RECEITA 3: "GARRAPIÑADA" DE SÉSAMO

Necesitamos :

- 6 cullaradas sopeiras de sésamo cru

- 1 cullarada sopeira de panela

 Menaxe:

-unha tixola para tostar o sésamo e mesturar

-unha culler de pau

Elaboración:

1)Na tixola botamos o sésamo. É importante que sexa cru para que manteña as súas propiedades.

2)Co lume alto comezará a tostarse e cando comece a saltar engadimos a panela esparcíndoa por riba do sésamo.

3)Apagamos o lume sen deixar de remexer a mistura e iremos vendo como se carameliza a panela.

4)Apartamos do lume cando esté totalmente misturado.

5)Retiramos sobre un prato e deixamos arrefriar e endurecer.  E A DISFRUTAR.

 

 RECEITA 4:  BOMBAS DE SAÚDE

Necesitamos:

-noces, avelás e amendoas a partes iguais

-1 dátil medjoul

-cacao puro

Menaxe:

- un cascanoces.

- unha trituradora ( batidora/ morteiro/picador,para escachar ben miudos os froitos )

- un bol

- un coitelo pequeno

Elaboración:

1)Cascamos os froitos secos e volcamos todo nun bol

2)Dámoslles un golpe de batidora ata esmagalos.

3)Retiramos o oso do dátil, picamolo co coitelo e engadimolo ao resto dos ingredientes.

4)Amasamos a mistura ata que se acade unha masa homoxénea que podamos facer bolas.

5)Facer as bolas ao tamaño que queiramos.

6)Nun prato fondo botamos o cacao puro.

7)Rebozamos as bolas no cacao e xa temos as bombas de saúde listas para DISFRUTAR.

 

 

 

Aliméntate ben- "VIVERSANO: VIVO EN VIVEIRO E COMO SAN"

O noso proxecto " Viversano: vivo en Viveiro e como san" pretende fomentar hábitos alimenticios saudables con propostas concretas como:

- coñecer os tipos de alimentos.

-cualidades e beneficios dos distintos tipos de alimentos que consuminos.

-coñecer o etiquetado dos alimentos que mercamos e analizalo.

-coñecer a diferencia entre productos convencionais e ecolóxicos.

-propoñer merendas saudables no centro.

 Para conseguir todos estes obxectivos estamos a facer moitas actividades entre as que cabe sinalar:

Obradoiro de "espeto" de froitas naturais

Distribuir contido


by Dr. Radut