Skip to Content

PLAMBE

BIBLIOTECA ESCOLAR NOVA ACTIVIDADE

Queridas familias:

un curso máis queremos continuar coa actividade “Escoitamos como les, escoitamos como contas”, para que teñades a posibilidade de compartir contos e/ou lecturas coa aula da vosa filla ou do voso fillo. .

Como este curso todo ven sendo igual pero de xeito diferente estás sesión deixan de ser presenciais. Podedes acordalas coas titoras en tempo e forma, para o que temos varias posibilidades:

-mediante unha gravación que enviedes ao móvil do centro ou ao correo electrónico da titora.

-acordando unha videochamada a través do enlace e sala que vos indicará a titora.

As familias podedes participar individualmente ou varios membros, sabemos que resulta unha actividade moi gratificante . Por isto animádevos a facelo, sabemos pola experiencia dos cursos pasados que resulta moi satisfactoria e que os que participan repiten.

Poñedevos en contacto coa titora a través da mensaxería abalar para concretar, indicando tamén o conto que contaredes e/ou leeredes.

O equipo da biblioteca

 

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

No día 24 de outubro estamos a celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e tamén o aniversario da nosa mascota Librín. Todos os nenos e nenas pintaron un pisapapeis coa imaxe do noso moucho para recordar  que a  biblioteca está aberta para todas as familias que desexen viaxar polo país dos libros.

Actividades PLAMBE 1º trimestre

Distribuir contido


by Dr. Radut