BIBLIOTECA ESCOLAR NOVA ACTIVIDADE

Queridas familias:

un curso máis queremos continuar coa actividade “Escoitamos como les, escoitamos como contas”, para que teñades a posibilidade de compartir contos e/ou lecturas coa aula da vosa filla ou do voso fillo. .

Como este curso todo ven sendo igual pero de xeito diferente estás sesión deixan de ser presenciais. Podedes acordalas coas titoras en tempo e forma, para o que temos varias posibilidades:

-mediante unha gravación que enviedes ao móvil do centro ou ao correo electrónico da titora.

-acordando unha videochamada a través do enlace e sala que vos indicará a titora.

As familias podedes participar individualmente ou varios membros, sabemos que resulta unha actividade moi gratificante . Por isto animádevos a facelo, sabemos pola experiencia dos cursos pasados que resulta moi satisfactoria e que os que participan repiten.

Poñedevos en contacto coa titora a través da mensaxería abalar para concretar, indicando tamén o conto que contaredes e/ou leeredes.

O equipo da biblioteca

 

Os nosos blogs

Artigos recentes

TEATRO DE SOMBRAS hai 11 anos 12 semanas
International Day of peace hai 5 anos 4 semanas
Pictogramas hai 5 anos 4 semanas
DIA DE ROSALÍA hai 5 anos 4 semanas
A BIBLIOTECA DE LIBRÍN hai 4 anos 25 semanas

Iniciar sesión