Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018 - 2019

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ó 20 de marzo.

O horario de SECRETARÍA, tanto para recoller impresos como para presentalos é:

DE LUNS A VENRES , DE 9:30 A 10:45

A documentación necesaria que deberá ser presentada no centro é a seguinte:

-Impreso de solicitude (Anexo II - formulario normalizadoED550B) será facilitado gratuitamente no centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”(https://wwwedu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

xunto con:

-Documento acreditativo do requisito da idade d@ alumn@ : Fotocopia cotexada da folla de inscrición no libro de familia e/ou copia do D.N.I.

-Certificado empadroamento.

-Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

A oferta de prazas do noso centro é:

-4º de Infantil 47 + 3 nee 

-5º de Infantil 12

-6º de Infantil 12

Este procedemento para a admisión de alumnos en centros docentes sostidos con fondos públicos regúlase polo Decreto 254/2012 do 13 de decembro (D.O.G do 26 de decembro de 2012) e pola Orde do 12 de marzo de 2013 (D.O.G. do 15 de marzo de 2013), modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 ( D.O.G. do 1 de febreiro).

Seguindo esta lexislación e no suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.O criterio aprobado polo Consello Escolar deste centro coa valoración dun punto é:

-Que ámbolos dous proxenitores ou titores legais teñan responsabilidades laborais, que acreditaran documentalmente.

As listaxes definitivas de alumnado admitido serán publicadas ó 15 de maio.

O prazo de formalización da matrícula, que deberá axustarse ao modelo normalizado do ANEXO III da Orde do 12 de marzo de 2013, será do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado o prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida

IMPORTANTE:

Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro que se solicita praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. 

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.



story | by Dr. Radut