Skip to Content

Escolares

8M

Celebramos o 8M no pavillón das Insuas con espectáculo de maxia e actuacións variadas.

 

Samaín na EEI de Muros

SAMAÍN

Hoxe o alumnado da EEI de Muros tivo un día terrorífico. 

 

BENVIDOS Ó CURSO 23-24

Tic, tac, tic, tac...

O novo curso está por comezar!! :)

Lembrámosvos que o vindeiro día 11 teredes que madrugar. Esperámosvos ás 9:00 (agás aos novos compis do período de adaptación que seguiredes os horarios marcados). Vinde con moitas ganas e enerxía!!

Un saúdo!!

Non celebramos, REIVINDICAMOS (08/03/2023)

Por aquí as nosas pequenas aportacións. Relacionamos a temática que estamos a traballar neste momento (a idea dos retratos que facía Picasso) con esta data tan importante elaborando móbiles en homenaxe á muller.

Tamén falamos sobre as mulleres das nosas vidas e porque son importantes para nós. Saíron todo tipo de razonamentos: cóidannos, protéxennos, dedícannos tempo, son loitadoras, traballadoras, valentes... e algúns tan interesantes coma o do amor propio. Apoiámonos en todas as fotografías que aportastes e creamos un mural entre todos, obviamente coa cor violeta como protagonista.

Xa por último, estivemos a bailar e cantar unha canción que nos gusta moito, e que vos deixamos por aquí, para que podadades cantar nos vosos fogares.

https://www.youtube.com/watch?v=94-iwx1XLc4 

 

E, por suposto, agradecidos pola vosa implicación e colaboración. OS XOGUETES NON TEÑEN XÉNERO.

 

 

 

Admisión alumnado curso 2023/2024

Ola a tod@s!

Informámosvos que o día 1 de marzo comeza o prazo para a solicitude de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2023-2024.

O prazo estará aberto do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive).

 

Tedes toda a información aquí

 

 

 

Entroido (17/02/2023)

Boas familias!

Por aquí deixamos unhas fotos-resumo da semana do entroido.

Que tal nos vemos cos nosos traxes de pintores?

Ensaiando a canción de Van Gogh...

Durante o pasarrúas...

No proceso de creación artística...

E como en toda boa festa... de comilona!

E QUE VIVA O ENTROIDO!!!

 

Visita ó composteiro da nosa horta (17/02/2023)

Continuamos levando a cabo, dentro do noso proxecto sobre o horto, actividades relacionadas co composteiro.

Cada venres, @s encargad@as do día, levan os restos orgánicos producidos durante a semana ó composteiro que temos no noso horto.

Nesta ocasión, Luana e Alexandra, foron as responsables desta tarefa.

 

Grazas familias, unha vez máis, por colaborar con nós neste proxecto.

Distribuir contido


by Dr. Radut