Skip to Content

Non celebramos, REIVINDICAMOS (08/03/2023)

Por aquí as nosas pequenas aportacións. Relacionamos a temática que estamos a traballar neste momento (a idea dos retratos que facía Picasso) con esta data tan importante elaborando móbiles en homenaxe á muller.

Tamén falamos sobre as mulleres das nosas vidas e porque son importantes para nós. Saíron todo tipo de razonamentos: cóidannos, protéxennos, dedícannos tempo, son loitadoras, traballadoras, valentes... e algúns tan interesantes coma o do amor propio. Apoiámonos en todas as fotografías que aportastes e creamos un mural entre todos, obviamente coa cor violeta como protagonista.

Xa por último, estivemos a bailar e cantar unha canción que nos gusta moito, e que vos deixamos por aquí, para que podadades cantar nos vosos fogares.

https://www.youtube.com/watch?v=94-iwx1XLc4 

 

E, por suposto, agradecidos pola vosa implicación e colaboración. OS XOGUETES NON TEÑEN XÉNERO.

 

 

 



page | by Dr. Radut