RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO ADSCRITO: “CEP SALUSTIANO REY EIRAS”
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento, polo tanto informamos que:
O alumnado de 6º de Educación Infantil, que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición,no noso caso é CEP SALUSTIANO REY EIRAS, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar o formulario normalizado ED550A, a través das seguintes canles: na nosa Escola, ou a través da aplicación de xestión do proceso “admisionalumnado” que atoparedes AQUÍ.
O prazo de presentación comprende do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023. En caso de presentarse no Centro Educativo, será entragado á titora dos alumn@s. E importante que, a solicitude veña asinada polos dous proxenitores ou representantes legais.
En todo momento, as familias poderedes consultar o estado de tramitación das vosas solicitudes utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante, na aplicación informática “admisionalumnado”.
O alumnado que vaia a asistir a un Centro Educativo distinto ao adscrito, deberá presentar a solicitude de admisión no centro elexido, do 1 ao 20 de marzo.
Para máis información podedes poñervos en contacto coa escola a través do noso correo electrónico eei.fernandez.varela@edu.xunta.gal ou dos teléfonos do centro.
GRACIAS LOLA
LOLA, GRACIAS POR ESCOLLERNOS,
ESTA É A TÚA CASA.
QUEREMOS VERTE PRONTO DE VOLTA POR AQUÍ.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27