A disciplina oriéntase á resolución de proxectos no ámbito de: a identidade corporativa, o deseño editorial, o deseño de envases e embalaxes e o deseño ambiental. Ten como obxectivo a realización dos mesmos seguindo unha metodoloxía precisa para cada un dos ámbitos citados, estruturando o proxecto nunha planificación por obxectivos desde a fase de investigación, pasando pola fase creativa ata a xeración de modelos. Para a realización trabállase coa linguaxe gráfica como comunicador da mensaxe atendendo á funcionalidade, a economía e a estética.