Skip to Content

LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS,EN LISTA DE ESPERA E EXCLUÍDAS, NO CRD DE VIGO PARA O CURSO ESCOLAR 2022-23

Resolución do 22 de agosto de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes coas puntuacións de todas as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente, a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, de acordo co previsto no artigo 32 da Orde do 6 de xuño de 2022 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2021/22 (DOG. Num. 107 do 6 de xuño).

Prazo para presentar reclamación: 5 días hábiles. Deberán dirixirse ao respectivo Centro Residencial Docente.

LISTAXE PROVISIONAL DE COLABORADORES BOLSEIROS NO CRD DE VIGO PARA O CURSO ESCOLAR 2022-23

Dando resolución á Orde de 20 de maio de 2022, publicada no DOGA num. 109, do mércores 8 de xuño de 2022, pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2022/23, publícase a puntuación provisional dos solicitantes das 6 prazas de colaboradores/bolseiros.

CONVOCATORIA DE COLABORADORES BOLSEIROS PARA O CURSO 22/23

CONVOCATORIA BOLSEIROS 2022/2023 – DOG 08/06/2022

Orde da convocatoria na web: http://centros.edu.xunta.es/credovigo e na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal (Código procedemento: ED308A)

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

PRAZO ORDINARIO: do 09 de xuño ata o 5 de agosto

PRAZO EXTRAORDINARIO: do 05 ao 09 de setembro

DOCUMENTACIÓN:

 Anexo I (solicitude normalizada)

 Anexo II (comprobación de datos)

 Xustificante de inscrición ou matrícula en ensinanzas universitarias no curso 2022/23.

 Documento acreditativo nota acceso aos estudos, no caso do alumnado matriculado por 1ª vez en estudos de grado no curso 2022/23.

 Certificado oficial das notas obtidas no curso escolar 2021/22, no caso do alumnado xa matriculado en ensinanzas universitaria; se non cursou estudos no curso 2021/22, o das notas do último curso que realizase.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE RESIDENTES

A solicitude (Anexo I) e documentación presentarase preferentemente na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal (formulario ED306A)

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=ED306A

COÑECE O CRD DE VIGO... TOUR FOTOGRÁFICO

COÑECE O CRD DE VIGO... TOUR FOTOGRÁFICO

Consulta os enlaces. Grazas por visitarnos!

 

Credo from Vigo, Pontevedra, Spain

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut