PROCESO DE RESERVA DE PRAZA (PRIMARIA)

Enviado por cradevalga o Sáb, 01/13/2024 - 12:04

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO:

O alumnado de 6º curso de Educación Infantil que desexe reservar praza no seu centro adscrito de Primaria (CAMPAÑA-XANZA-CHENLO NO CEIP BAÑO XANZA e FORNO-FERREIRÓS-VILARELLO no CEP FERRO COUSELO) ten de prazo do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro para realizar dita solicitude. Poderá realizala das seguintes maneiras:

  • Telematicamente mediante a aplicación admisionalumnado (xunta.gal)
  • Descargando o formulario que adxuntamos AQUÍ e entregándoo no CRA de Valga.
  • Cubrindo o formulario que lles será entregado polas mestras titoras nos vindeiros días e entregándoo no CRA de Valga.

 

IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE DESEXE CONTINUAR A EDUCACIÓN PRIMARIA NUN CENTRO DIFERENTE AOS ADSCRITOS XA SILANADOS, DEBERÁ REALIZAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO MES DE MARZO.

 

ACTUALIDADE:

- TODO O ALUMNADO QUE FIXO RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO CEP FERRO COUSELO ESTÁ ADMITIDO. 

 

PREGUNTAS FRECUENTES:

- O meu fillo/a está matriculado/a na Escola de Campaña e quero que curse Primaria no CEPP Ferro Couselo. Podo facer a reserva de praza agora? Non. Xa que o CEP Ferro Couselo non é o centro adscrito da Escola de Campaña, senón o CEIP de Baño Xanza. Por tanto, deberás agardar ao período de admisión para solicitar praza nun centro non adscrito.

-  O meu fillo/a está matriculado/a na Escola de Chenlo e quero que curse Primaria no CEIP Baño Xanza que é o seu centro adscrito. Xa teño os documentos cubertos, podo ir ao cole novo a entregalos? Non, a documentación de reserva de praza debe ser entregada no CRA de Valga.

- Obrigatoriamente debo realizar a reserva de praza no centro adscrito de Primaria que lle corresponde a cada escola? Non, podes elixir calquera centro educativo sempre e cando teña prazas vacantes, independentemente do Concello no que se resida. Pero se non é o centro adscrito, deberás agardar a marzo para realizar a admisión.

- Cales son os centros adscritos que lle corresponden a cada escola? A Campaña, Chenlo e Xanza correspóndelles o CEIP Baño Xanza. A Forno, Ferreirós e Vilarello correspóndelles o CEPP Ferro Couselo.