Skip to Content

Blogues

FONDO LIBROS

A listaxe definitiva da adxudicación do cheque de material e de libros pódese consultar na entrada da sede do cole (Taraza), e na aplicación fondo libros.

A recollida dos cheques será na propia sede os días 20,21 e 22 de xullo, en horario de 11:30h a 14:00h. As familias que non o recollan deberán agardar ata setembro para recibilo.

Para calquera información podese mandar un correo a: cra.valdovino@edu.xunta.gal ou no número de teléfono: 623105879 / 687764258.

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA DO ALUMNADO PARA O CURSO 22-23

Comeza o prazo para formalizar a matrícula no CRA!

Dende o 20 ata o 30 de xuño, poderase matricular ao alumnado admitido no proceso de admisión no curso 2022-2023.

Os días 20, 21 e 22 de xuño, pódese facer entrega da documentación en calquera das tres escolas en horario de 9:30h. a 14:30h.

Dende o día 23 ata o 30 de xuño, poderase entregar a documentación na sede do CRA (Escola de Taraza), en horario de 10:00h. a 13:00h, excepto o 24 de xuño por ser festivo.

A documentación necesaria é:

- Formulario de matrícula cuberto.

- Tarxeta sanitaria do alumno/a.

- Fotocopia do libro de familia.

- DNI dos proxenitores/as e do alumno/a, de ser o caso.

- Declaración xurada da patria potestade no caso de separación ou divorcio.

- 2 fotos do alumno/a.

*A documentación que xa fose entregada no proceso de admisión non fai falta volver a entregala.

CONCILIA TEMPOS MAÑÁS

 

O Concello de Valdoviño oferta o programa "Concilia mañás" no

noso CRA, nas escolas de TARAZA e LAGO. Dende o venres 3

ata o venres 17 de xuño, poderase entregar a inscripción

e a documentación necesaria. 

Premendo no seguinte enlace poderase descargar o formulario

de inscripción e entregalo no rexistro municipal ou a través da

sede electrónica.

                                https://cutt.ly/GJlMU0v

 

 

PATIOS ABERTOS CRA DE VALDOVIÑO

BOAS NOVAS! Os patios das escolas do CRA de Valdoviño abren as súas portas aos novos alumnos e alumnas do proximo curso. Todo o alumnado admitido no noso CRA, poderá compartir un ratiño de tempo cos demais compañeiros nos patios das escolas. Aquí tedes as datas e as horas. VEMONOS PRONTO!

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23

Seguindo a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, se convocan axudas destinados ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros sostidos con fondos públicos.

Se preme no seguinte enlace poderá ver a orde completa:

http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/37019

Os interesados deberán entregar a seguinte documentación no centro escolar ou por vía electrónica antes do 22 de xuño:

- Anexo I e II debidamente cumplimentado

- Fotocopia do libro de familia

- Sentencia xudicial de separación ou divorcio (de ser o caso)

- Xustificación do grao de minusvalia (se ser o caso)

- Marcar a conformidade da comprobación de datos.

Tedes a continuación os anexos I e II, preme en anexos

 

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022/2023

¡AVISO! Publicouse o listado provisional de alumnos admitidos para o próximo curso académico nas tres escolas e…. ¡estamos de NORABOA! Ampliamos a nosa familia con 18 cativos e cativas máis! Moitas grazas pola confianza 

Distribuir contido


by Dr. Radut