2010-2011
ROTEIROS DA AUGA
OLA, SON MATEO
UNHA TARDE CHUVIOSA DIN UN BO PASEO COA MIÑA NAI E A MIÑA AVOA PARA DESCUBRIR PAISAXES DA AUGA QUE HAI PRETO DA MIÑA CASA, EN TARAGOÑA, E QUÉROVOS AMOSAR ALGUNHA DAS IMAXES
|
ESTE É O MUÍÑO DO REJO, ONDE ANTIGAMENTE SE MOÍA MILLO.
AQUÍ PODEDES VER POR ONDE ENTRA A XENTE E POR ONDE ENTRA A AUGA!!
ESTES SON O LAVADOIRO DA FONTE DA CRUZ E O LAVADOIRO DE OUROLO. GÚSTAME ENSINARVOS ESTE ÚLTIMO PORQUE MIÑA AVOA AXUDOU A ARRANXALO NO ANO 2007 CANDO TRABALLOU NUN OBRADOIRO DE RESTAURACIÓN EN RIANXO.
AQUÍ TENDES A FONTE DA XOANIÑA NO CUBELIÑO E A FONTE DE OUROLO, ONDE VEÑO COLLER AUGA CO MEU AVÓ PARA BEBER NA CASA.
HOXE BOTA MOITA AUGA, PERO HAI DÍAS DE VERÁN NA QUE BOTA BEN POUCA !!
Á ESQUERDA PODEDES VER O NACEMENTO DA FONTE DA RATEIRA NO BOJOLLÓN. Á DEREITA, A IMAXE DUN REGATO FORMADO POLA CHUVIA QUE CAERA DURANTE ESES DÍAS.
O RÍO DA FONTE DA CRUZ DESMBOCA NO MAR NA PRAIA DO PORTO DE VIGO, ONDE AÍNDA SE PODE ATOPAR A BARCA DALGÚN MARIÑEIRO.
E ESTE É O POZO DE CHE, NO BOJOLLÓN.
É MOI FONDO E TEN MOITA, MOITA AUGA !!!
GUSTOUVOS O MEU PASEO ?
- APIs de Blogue
DÍA DO LIBRO
" Fermoso este libro web dedicado a Novoneyra ..." di Antonio García Teijeiro do libro "Para que eu soñe " creado no pasado curso escolar nas aulas do CRA de Rianxo.
Este curso, para celebrar o Día Mundial do Libro, querémosvos convidar a reler os distintos libros web creados no noso centro nos derradeiros cinco anos
- APIs de Blogue
CHEGAN OS BOMBEIROS E A GARDA FORESTAL!
Recibimos unha visita inesperada... a chegada dos BOMBEIROS, e non porque houbera un lume, senón porque nos viñan dar unhas pautas de actuación se por algunha causa se xeneraba lume na nosa escola. Aprendimos moitas cousiñas: a posición na que tíñamos que caminar para afastarnos do lume, as características do lume, a importancia de escoitar a mestra en momentos de pánico, o número ao que tíñamos que chamar en caso de perigo, a función do extintor de incendios...
Samuel comentounos que o seu pai fora GARDA FORESTAL, así que decidimos invitalo para que nos falara da súa labor e da súa experiencia no ámbito dos incendios.
Graciñas a TODOS pola vosa colaboración! :)
Os nenos/as gozaron moito coas actividades, así que decidimos buscar información sobre os bombeiros (primaria) e reflectir aquilo que máis nos gustara no caderno de Daniel (infantil). E este foi o resultado...
- APIs de Blogue
BROCHETAS DE FROITAS
Á FAMILIA DE HUGO GÚSTALLE A IDEA DE ALIMENTARSE DE FORMA SAUDABLE...
E A NÓS GÚSTANNOS AS IDEAS DA FAMILIA DE HUGO !!!
DESPOIS DE TER LEVADO DE PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA UN LIBRO DE COCIÑA PARA FACER RECEITAS EN FRÍO, QUIXERON AGASALLARNOS CUNHA ARTÍSTICA E DELICIOSA BROCHETA DE FROITAS ELABORADA CON PERA, UVA, KIWI, MELÓN, MANDARINA, MANGO, FRESA ,PIÑA, PLÁTANO...
PÓDESE PENSAR NUNHA MERENDA ESCOLAR MÁIS SAUDABLE?
- APIs de Blogue
"Nadarín e a súa estratexia"
Esta semana María trouxonos un conto moi especial, trátase de NADARIN, de Leo Leoni:
Este home, que, segundo os nenos de Abuín, ten cariña de bo, empezou a escribir contos infantís cando xa era avó, xa que inventaba historias para entreter aos seus netos... Foi así como escribiu "Pequeno azul e pequeno amarelo", "Frederick" e "Nadarín" entre outras obras...
Nun ambiente tranquilo, María adentrounos no mundo mariño, e contounos a historia do peixiño Nadarín, onde a unión dun grupo de peixiños fixo que se puderan enfrontar aos seus medos e coñecer as marabillas do mar.
Cando xa escoitamos o conto decidimos facer un mural, no que recolléramos o que nos contaba o conto, mirade as fotos!!
Primeiro todos fixemos peixiños pequenos
Despois, en grupo, decidimos onde íamos poñer cada peixiño, como o fixo Nadarín cos seus amigos...
E claro, como o noso peixe grande estaba no mar, fixémolo con moitas cores, xa que debaixo do mar atopamos un mundo de cor!!
Só nos faltaba encher ese mar con todas as marabillas coas que se atopou Nadarín e os seus amigos peixiños:
A auga mar A anguía
As anémonas e a Lagosta
E entre todos debuxamos pedras, algas, os atúns que escapaban asustados do noso "peixe grande"!!
Este foi o resultado do noso traballo en grupo:
Gustouvos?
Sesión no Polideportivo 2º Trimestre
O martes 5 de Abril as escolas de Quintáns, Rañó, Pazo e Abuín tivemos a sesión no polideportivo que preparou Jose e na que tod@s participamos encantados!!
O tema da sesión era a Primavera, e nos distintos xogos que realizamos fomos raposos, garzas, abellas, coellos, anduriñas, galiñas e vermes..... e pasámolo xenial!!
Os nen@s de Abuín pasámolo moi ben e fixemos uns debuxos que reflexan os xogos que máis nos gustaron ou momentos da sesión nos que o pasamos moi ben.
- APIs de Blogue
Parabéns María!!
Esta semana foi o aniversario da nosa profesora favorita: María.
E fixemos unha pequena celebración cunha tarta de queixo riquiiiiiiiiisima que nos trouxo... todos a probamos (porque somos uns probadores profesionais) e os máis lambóns repetiron varias veces!!!
María, alegrámonos moito de poder compartir contigo o teu día especial, e desexamos que sigas ensinándonos con esa paixón que che caracteriza.
Parabéns para tí!!!
POLIDEPORTIVO
DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DE ABRIL AS DISTINTAS ESCOLAS DO C.R.. REALIZARON A SESIÓN SEMANAL DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.
AS SESIÓNS FORON COMPLEMENTADAS CON ACTIVIDADES SOBRE A AUGA NA AULA ACTIVA DO MAR
- APIs de Blogue
SEMANA NO POLIDEPORTIVO
ESTA SEMANA FOMOS AO POLIDEPORTIVO E Á AULA ACTIVA DO MAR.
NA AULA ACTIVA VIMOS UNHA PROXECCIÓN SOBRE CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA.
TAMÉN FIXEMOS UNHA PEQUENA ACTIVIDADE NUN CADERNO QUE LOGO LEVAMOS PARA REMATAR NA CASA.
NO POLIDEPORTIVO PARTICIPAMOS EN XOGOS SOBRE A PRIMAVERA.
XOGAMOS ÁS ANDURIÑAS QUE CONSTRÚEN O SEU NIÑO
ÁS ABELLAS QUE SE POUSAN NAS FLORES AOS RAPOSOS QUE PERSIGUEN AOS COELLOS
TAMÉN XOGAMOS ÁS GALIÑAS E AOS VERMES
UNHA MERENDA SAUDABLE PARA RECUPERAR ENERXÍA
E MOITO TEMPO PARA XOGO LIBRE!!
CANTO DISFRUTAMOS E APRENDEMOS CANDO IMOS A RIANXO!!
- APIs de Blogue
ENERXÍA HIDRAÚLICA
CANDO ENCENDEMOS A LUZ, POÑEMOS A FUNCIONAR O MICROONDAS OU O DESHUMIDIFICADOR, ESTAMOS EMPREGANDO ENERXÍA ELÉCTRICA.
SABES QUE MOITA DESTA ENERXÍA PROVÉN DA AUGA...?
" A ENERXÍA HIDRAÚLICA É A ENERXÍA DA AUGA. PRODÚCESE COA FORZA DA AUGA CANDO FAI MOVER UN RODICIO QUE SE CHAMA TURBINA. DESPOIS A ELECTRICIDADE LÉVASE POR CABLES E CHEGA ATA AS CASAS "
(explicación aportada polos nenos da aula de 4 e 5 anos da escola)
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »