INICIO ACTIVIDADES CURSO 2016-17

Xoves 1 de setembro comezan as actividades do curso 2016-17

A presentación e inicio das actividades lectivas realizarase o luns 12 de setembro, en horario de 10:00 a 12:00 horas.

As familias que necesiten comunicarse co centro antes do 12 de setembro, poden facelo na sede do C.R.A. de Rianxo na Atalaia - Asados, entre as 10:00 e as 13:00, prégase chamar previamente ao teléfono 981 863305

A organización do profesorado para o día 1 de setembro será a que se indica a seguir:

- Reunión xeral as 12:00 na sede do C.R.A. de Rianxo. As profesoras titoras deben antes pasar polas escolas.

- As profesoras e profesores de nova incorporación ao centro deben achegarse as 11:00 á sede do C.R.A. para realizar a toma de posesión

Desexamos ás familias e aos alumnos e alumnas que o curso que comeza nos axude a  todos e a todas a ser máis solidarios/as  e mais humanos.

O PROFESORADO DO C.R.A. DE RIANXO