Educación musical

MÚSICA NA CASA. Artistas

Parabéns a Carlota!! Menuda maraca máis chula nos fixo!!!

Felisa e a profe Soraya están marabilladas coa túa arte !!!

Moito ánimo e moita música !!


MÚSICA NA CASA. Recordamos

Bo día!!!

Felisa tráenos algo que xa coñecemos! Os instrumentos de percusión!!

Botádelle unha ollada e atrevervos co xogo que vos propón.

Para acceder aos contidos entrade no documento adxunto pdf onde aparecen

todos os enlaces. Moito ánimo e moita música!!

 

MÚSICA NA CASA. Relaxámonos

Hola Hola!!!!

Ao comezar e rematar a clase de música sempre nos relaxamos coa música

que nos trae Felisa. Recordade que a relaxación pode ser con movemento ou

sen movemento! Nós combinamos as dúas. Aquí tendes un exemplo coa

primeira das cancións que propoñemos:  

https://www.youtube.com/watch?v=XY6iJrSp43I

A continuación presentámosvos algunhas das cancións que máis nos gustan

para relaxarnos e volver á calma. 

Debaixo da imaxe atoparedes o arquivo para copiar os enlaces. Disfrutádea!

MÚSICA NA CASA

Parabéns a Renato que fixo uns instrumentos moi chulos!!!! A Felisa e a profe

Soraya encántanlle Guiño!!

Moito ánimo e moita música!!!

 

 

MÚSICA NA CASA

BOAAASSSSS nenos e nenas!!! Felisa fixo outro instrumento!!!! Non para,

ten tanto tempo que vai a facer unha orquestra na casa.

Ollade o vídeo e animarvos a facer estas luvas sonoras.

Enviádenos o voso resultado a: sorayaaulademusica@gmail.com e o

compartiremos na web!! 

 

MÚSICA NA CASA. Escoitamos

Hola, hola!!! Felisa tráenos un descubrimento. Sabedes cal é a canle favorita

dela? Coñecedes Radio Picariña??? A Felisa encántalle toda a música

que sae nesta radio tan especial. Alí podes atopar música infantil de toso os

estilos: Rock, hip-hop, punk, tradicional....

 

Hoxe realizaremos unha actividade de escoita. Prestade atención:

1. Mergúllate en Radio Picariñahttp://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina

2. Elixe a canción que máis che guste.

3. Escóitaa. Para isto, na aula de música temos tres normas:

4. Ao rematar, pensa: Por que che gusta a canción? Que instrumentos saen?

5. Comparte con Felisa e envía a túa canción a:

sorayaaulademusica@gmail.com  Faremos unha lista enorme de cancións

para encher o cole de música.

6. Agora si, volve a escoitala e a BAILARRRRRRRRRR

MUSICA NA CASA

 

BOAS!!!

Hoxe Felisa tráenos unha manualidade para a exploración sonora:

Imos construír unhas maracas. Bótalle unha ollada ao vídeo e deixa voar a

túa imaxinación.

Animádesvos a enviar unha foto da vosa maraca??? a Felisa encantaralle ver

as vosas creacións!!! Subiremos á web de educación musical todas aquelas

fotos que nos enviedes dos vosos instrumentos.

Para envialas aquí: sorayaaulademusica@gmail.com

 

Podedes acceder ao video premendo na imaxe. Tamén o podedes atopar aquí: https://www.youtube.com/watch?v=Q_zlk1B78Tc

 

EDUCACIÓN MUSICAL NA CASA

 Bo día familias!!! A importancia das artes en xeral e da música en particular

nestes momentos queda constatada. Para facer máis levadeiro o permanecer

na casa, a nosa amiga Felisa vai ir propoñendo diversas actividades

relacionadas coa música e cos contidos que estamos a traballar na aula. As

porpostas van a ser de reforzo e xerais para todas as idades pois a música

é unha arte universal!!  Disfrutadea en familia!!! 

Felisa envíavos moito ánimo e moita música!! Permanecede atentas e atentos.

Para calquera dúbida, consulta ou suxerencia podedes contactar a través de:

sorayaaulademusica@gmail.com

AS NOSAS CANCIÓNS

 Comezamos a introducir elementos convencionais nas nosas composicións!!! 

 

 

 

FELISORPRESAS

 Voltamos do Entroido con máis sorpresas!!! Felisa tróuxonos novos materiais como os tubos sonoros. Con eles fixemos moitos xogos rítmico-melódicos.

Distribuir contido

Back to top