Que facemos na biblioteca

XOGANDO NA BIBLIOTECA

A biblioteca escolar non é só un espazo de lectura senón tamén un espazo de xogo.

 Grazas ao xogo, os nenos e nenas desenvolven a súa imaxinación e capacidade creativa. Mentres xogan experimentan, aprenden e proban novos retos.

 

OS PRÉSTAMOS

No mes de novembro comezamos cos préstamos da biblioteca. Neste curso escolar, ademais de facer o préstamo coas familias, imos realizar un préstamo dende a aula.

Mirade que contentos marchan os nosos alumnos e alumnas para a casa cos contos, xa poden gozar da lectura en familia.

INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Por fin inauguramos a biblioteca e os nosos alumnos e alumnas puideron reencontrarse con Caselín (a nosa mascota) e gozar da nova decoración da biblioteca.

 

Distribuir contido

Back to top