Experimentamos

MOSTRA DA PRIMAVERA

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O pasado 11 de febreiro conmemorouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e, para celebralo, gustaríanos presentarvos a unha serie de mulleres moi importantes na historia, que contribuíron co seu traballo a formar un mundo moito mellor!!

Queredes coñecelas e descubrir o que teñen preparado para nós?? Pois soamente tedes que ver o seguinte video:

 

BIBLIO LAB NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Todo este mes celébrase nos centros o MES DA CIENCIA EN GALEGO!! Por iso, preparamos para vós unha serie de experimentos moi moi moi sinxelos con materiais que podedes atopar pola casa ou no súper e que podedes realizar tanto na aula c@s mestr@s coma na casa coa familia.

 

Atrevédesvos??

 

 

CAMIÑO DA FELICIDADE

CASELÍN PREPARA O MATERIAL PARA PINTAR A SÚA PEDRA DO CAMIÑO DA FELICIDADE.

DEIXADE A VOSA TAMÉN AO LONGO DA SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO.

CAMIÑO DA FELICIDADE

Caselín quere despedirse de vós ata setembro e agradecervos o esforzo que fixestes ao longo destes meses dende as vosas casas para evitar a expansión do COVID-19.

Para lembrar este camiño que percorremos todos xuntos da man, proponvos deixar una pedra pintada na entrada da escola ( pode ser decorada libremente ou co nome. Recoméndase empregar alkil ou verniz ao rematar para que se conserve a decoración).

Poderedes deixar a vosa pedra decorada a partir do luns, 15 de xuño, aproveitando que esa semana tedes que acudir á escolar para recoller o material.

 Animarvos a seguir este camiño!

 

 ATOPAREDES ESTE CARTEL NA ESCOLA.

NAS AULAS DE PARROQUIAS, INDICARANVOS AS TITORAS O LUGAR DONDE COMEZARÁ ESE CAMIÑO.

 

O equipo de bibliteca.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

 

 

 

XABÓN CONTRA COVID 19

HOXE CASELÍN PROPONVOS UN EXPERIMENTO MOI SINXELO QUE PODEREDES RESLIZAR NAS VOSAS CASAS PARA OBSERVAR A IMPORTANCIA DE LEVAR A CABO HÁBITOS DE HIXIENE AXEITADOS.

LAVADE AS MANS!!!!!

RECREOS DIVERTIDOS

QUE BEN O PASAN NA AULA DE SOUTELO

ESTA SEMANA OS NENOS E NENAS DE SOUTELO PARTICIPAN EN TALLERES DE CREATIVIDADE E IMAGINACIÓN.

 

CHEGAN NOVOS XOGOS Á AULA DE BARREIRO

NOVOS RECUNCHOS

O 8 DE XANEIRO VOLTAMOS Á ESCOLA E ATOPÁMONOS CUNHA SORPRESA QUE NOS DEIXARON OS REIS MAOS; UN NOVO RECUNCHO PARA FOMENTAR A CREATIVIDADE E A IGUALDADE DE XÉNERO.

 

PERO... HOUBO MÁIS AGASALLOS!!!!!

UNHA MALETA QUE RECORRERÁ TODAS AS AULAS CON XOGOS, CONTOS E OUTRAS SORPRESAS.

 

Distribuir contido