DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

INFORMACIÓN QUE LLES PODE INTERESAR:

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos facernos eco dunha información publicada pola Deputación da Coruña e que, cremos, moi interesante respecto da época que está a piques de chegar: o Entroido. Esperamos que lles resulte de interese:

ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR NO TEMPO DE NADAL:

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos trasladarlles algunhas actividades culturais para facer nestes días de NADAL. Esperamos que lles resulten de interese.

BO  NADAL  E  FELICES  FESTAS!!!

 

 

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Para conmemorar o Día Internacional da Violencia de Xénero, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega achegámosvos diferentes propostas artísticas que teñen como finalidade pór en valor ás mulleres de todo o mundo.

O lema que empregaremos é:  EmPoderArte

O que pretendemos é que toda a Comunidade Educativa tomemos conciencia da violencia que en moitas ocasións se exerce sobre elas: discriminación, situacións de desigualdade, ameazas, privación da liberdade…

______________________

PROPOSTAS  ARTÍSTICAS:(para máis información, consultar os arquivos adxuntos desta publicación)

  -ILUSTRACIÓN:

“Mejor  sola  que  sin  magia”

Autora: Lara  Lars.  Obra feita coa técnica de Collage.

 

  -LITERATURA:  

“Peúgo, o calcetín melenudo”

 

Conto de Jessica Rodríguez Piñeiro 

ENLACE  AO  CONTO:

 

https://www.calameo.com/books/007229640b583d4f3106d

 

 - ESCULTURA: 

“El  calcetín”

Escultura de Antoni  Tàpies.

 

  -MÚSICA:  

Canción “Chea de vida”, de Guadi Galego. Pertence ao disco LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO, que presentou o 25 de novembro de 2014, Día Internacional da violencia contra a muller. -

 ENLACE  Á  CANCIÓN:   https://youtu.be/ISBQSlAa2cY

 

---  EDLG  ---

 

 

 

ACTIVIDADES CULTURAIS DE INTERESE: TEATRO INFANTIL

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos trasladarlles algunhas actividades culturais que terán lugar ata o próximo mes de xaneiro, concretamente en Redondela. Esperamos que lles resulten de interese:

 

ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR DO MES DE NOVEMBRO:

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos trasladarlles algunhas actividades culturais para facer nestes días de novembro, concretamente en Vigo. Esperamos que lles resulten de interese:

 

MÁIS ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR:

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos facernos eco de máis actividades culturais para facer nestes días, neste caso, relacionadas co Concello de Tui (achegámoslles dúas imaxes-resumo das mesmas). Esperamos que lles resulten de interese:

                                         

ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR:

 

Moi bo día a todos e todas!

 

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos trasladarlles unha información que nos achegaron en relación a diversas actividades que poden realizar en familia. Onde? concretamente son do Concello de As Neves, baixo o slogan: OUTONO  EN  GALEGO´22.  Agradecemos dita achega e esperamos que lles resulten de interese: 

  

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2022/23:

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos darlles unha cariñosa benvida a este novo curso, cheo de moitas novidades e sorpresas, no que teremos o pracer de acompañalos.

Neste espazo achegarémoslles ás novidades e ás actividades culturais da contorna próxima; proporémoslles curtas, textos, imaxes, etc. Dito de outro modo, facilitarémoslles aqueles recursos que consideremos de interese para fomentar o uso da nosa lingua galega na nosa comunidade educativa.

Agardamos que nos visiten e que desfruten das nosas propostas. En calquera caso, tamén estamos abertos a recibir as súas achegas e/ou comentarios na seguinte dirección:

aragontanormalizacion@gmail.com

Moitas grazas de antemán pola súa colaboración e… unha grande aperta!

 

O REFRANEIRO

Chegados ao final deste curso, aquí tedes a compilación dos refráns dos meses do ano. As propostas feitas por este equipo e as aportacións das familias que colaboraron nesta actividade.

Grazas pola vosa axuda.

Boas vacacións

O EDLG

 

 

OS MAIOS

Este ano para conmemorar a festa tradicional dos maios, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxemos as aulas facer alfombras florais.

As cativas e cativos participaron activamente no deseño e realización da actividade.

Fixeron auténticas OBRAS DE ARTE, como podedes comprobar neste vídeo.

 

Distribuir contido

Back to top