CALENDARIO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA 2021/2022

 

Presentación dos documentos de formalización de matrícula : do 20 ao 30 de xuño (ámbolos dous inclusive).

O horario de secretaría para a recollida  e entrega de documentación é o seguinte:

 

Luns: de 9:30-10:15 horas

Martes: de  9:30-11:00 horas

Mércores: de  9:30-11:00 horas

Xoves: de9:30-11:00 horas

Venres: de 9:30-11:00 horas

 

Para formalizar a matrícula é preciso achegar a seguinte documentación:

Instancia e anexos debidamente cumprimentados e ASINADOS POLOS DOUS PROXENITORES.

4  fotos tamaño carné do neno/a.

2 fotocopias da tarxeta sanitaria do neno/a.

Fotocopia do boletín de vacinas.

Unicamente no caso de acceder a unha praza NEAE (de non telo entregado previamente), ou se o neno/a padece algunha enfermidade ou doenza da que consideren debemos ter coñecemento, débese entregar informe médico oportuno.

No caso de non telo entregado con anterioridade, convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso. (Fotocopia e orixinal para  a compulsa)

 

 

COMUNICACIÓNS COAS FAMILIAS

Na actualidade o centro emprega o servizo  da Consellería de Educación, "ABALAR MÓBIL" como medio de relación e transmisión de información as familias. Como futuro alumnado do CRA, será preciso que descarguedes a aplicación (abalarMóbil) para así poder recibir de primeira man toda aquela información que poida ser relevante de cara o vindeiro curso educativo 2020/21. No seguinte enlace tedes as instrucións de instalación e funcionamento da mesma.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

 

Finalmente, aquelas familias que desexen reservar praza no comedor para o vindeiro curso escolar, deberán facelo na seguinte ligazón https://forms.gle/pKYTSKHR9zsFBTmA9

 

AdxuntoTamaño
3.- Instancia formalización de matricula 20-21.pdf158.83 KB
4.- Cuestionario galego-castelán.pdf127.65 KB

Back to top