Responder ó comentario

ROBÓTICA POLA IGUALDADE

ROBÓTICA POLA IGUALDADE

Co gaio do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 de marzo, queremos compartir con vós unha marabillosa actividade coa que tentar resaltar a igualdade entre homes e mulleres. Para elo, basearémonos no conto "ARTURO Y CLEMENTINA" que seguramente moitos de vós xa coñeceredes e que podedes atopar na Biblio do centro.

De tódolos xeitos, se pinchades na seguinte imaxe podedes acceder ao mesmo a través de Youtube:

 

Unha vez lido o conto, poderemos realizar as seguintes actividades:

  • Reflexión e debate en grupo sobre o contido da historia: Quen é Clementina? Como é? Era feliz Clementina? Como era Arturo? Por que se marcha Clementina?
  • Conto ao revés: Aplicando a técnica da inversión na historia do conto, o adulto propón que entre todo o grupo do alumnado se decida cambiar o final da historia. Trataríase de inventar máis alternativas ou unha continuación. Para guiar esta actividade podemos realizar preguntas do tipo: Gustouvos o final da historia? Que outro final podemos inventar? E si na historia tivese aparecido unha personaxe chamdo como vós? (nomeando a algún neno ou nena, facéndoos protagonistas da historia).
  • Bee-Bot camiñando cara a igualdade: o adulto presenta diferentes retos para que o alumnado, disposto dun taboleiro (que podedes atopar no arquivo adxunto) e un robot, chegen a onde se pide: ata Clementina, ata onde está soamente Arturo, Clementina feliz, Clementina chea de regalos, o instrumento favorito de Clementina...

 

Na biblioteca contamos con robots para poder realizar esta actividade, para a que soamente teremos que adaptar o taboleiro, pero si vos apetece probar un Bee-Bot na casa tamén podedes facelo descargándovos a seguinte APP:

 

ESPEREMOS QUE DESFRUTEDES MOITO CON ESTAS PROPOSTAS!!

AdxuntoTamaño
Captura de pantalla 2020-10-29 a las 15.57.50.png320.72 KB

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
7 + 2 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.