Responder ó comentario

Navegando coa profe Ana

in

 

Bo día peixiños,

 

Qué vos parece a idea de seguir preparando o San Xoán? Queredes continuar? Hoxe vos presentarei outra das tradicións, se cadra a máis coñecida. Trátase de facer unha fogueira e de saltala berrando “meigas fóra”. Deste xeito, procúrase afastar as cousas malas da nosa vida.

 

Evidentemente, saltar unha fogueira e algo perigoso polo que imos facer unha versión sen perigos que espero vos guste. En primeiro lugar, cómpre que procuremos uns troncos ou ramas que colocaremos no chan.

 

Despois, se temos teas ou fieltro de cores cálidos (vermellos, laranxas, amarelos, etc.) cortaremos uns anacos e os colocaremos entre os troncos. Tamén podemos facelo empregando folios ou cartolinas de cor. Neste caso, podedes cortalos dando formas con tesoira ou rasgando.

 

 

Unha vez colocadas as pezas de cor, estará listo para saltar por riba mentres lanzamos os nosos berros para espantar as meigas e traer a sorte as nosas vidas.

 

Outra das tradicións é comer sardiñas que se cociñan nas brasas e se colocan sobre o pan. De feito, o refrán di “polo San Xoán, a sardiña pinga no pan”. As sardiñas son peixe azul, delicioso pero tamén cheo de espiñas de pequeno tamaño e non sempre sinxelas de comer polo que vos presento a seguinte idea: preparar galletas con forma de sardiña. Nos documentos adxuntos, tedes unha sinxela receita de galletas que están deliciosas e as que podemos dar forma ou ben con cortapastas de formas (círculo e triángulo, por exemplo) ou ben simplemente empregando un coitelo sen punta.

 

Seguro que esta sardiñada vos encantará e sen espiñas!

 

O venres última entrada.

 

Ata entón… biquiños salgados,

 

 

AdxuntoTamaño
SARDIÑAS.pdf76.68 KB

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
1 + 0 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top