Blogues

DÍA DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

Un neno, unha nena,  un profesor, unha profesora,  un libro e un lápiz poden cambiar o mundo….

One boy, one girl, one male teacher, one female teacher, one book and one pen can change the world...

 

 

Bo día!

Os dereitos humanos son as normas que recoñecen e protexen a dignidade de todos os seres humanos. O día 10 de decembro conmemoramos o Día dos Dereitos HumanosPara conmemoralo convidámosvos a que leades o conto do Lápis Máxico de Malala ou o seu videoconto e que imaxinedes o mundo que debuxaríades:

Good morning!

Human rights are rules that acknowledge and protect the dignity of all human beings. Human rights day is celebrated on the 10th of December. To celebrate it we invite you to read the tale "Lápis Máxico de Malala", watch the video and imagine the world you could draw: 

 

 

 

 

 

 

DÍA DA DISCAPACIDADE

O DÍA 3 DE DECEMBRO FOI O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, POR ISO, CASELÍN FIXO UNHA SESIÓN DE IOGA PARA NENOS E NENAS CON AUTISMO. 

THE 3RD OF DECEMBER WAS INTERNATIONAL DAY OF PEOPLE WITH DISABILITIES, THAT´S WHY CASELÍN DID A YOGA SESSION FOR AUTISTIC CHILDREN.

 

SEGUIDE VÓS AGORA AS INDICACIÓNS QUE VOS DAN OS NENOS E NENAS DO CRA RAÍÑA ARAGONTA PINCHANDO NA IMAXE.

FOLLOW THE INSTRUCTIONS C.R.A. RAÍÑA ARAGONTA BOYS AND GIRLS GIVE YOU

Unha vez máis "Caselín: contadas no xardín"

Ola a todos e todas!!! 

Un mes máis Caselín cóntanos un conto dende o seu xardín.

Premede na imaxe e estade moi atentos!!!

 

                                          Hi everyone!!!!

                                                  Once again Caselín is telling us a story from its garden.

                                            Click on the image and pay attention!!

 

                                       

SERVIZO PRÉSTAMO DE LIBROS

O MAGOSTO NO CRA RAÍÑA ARAGONTA

PASÁMOLO XENIAL NO MAGOSTO! AQUÍ TENDES ALGÚNS DOS MELLORES MOMENTOS!

WE HAD A LOT OF FUN.HERE YOU HAVE SOME OF THE BEST MOMENTS!

 

 

O MAGOSTO NO CRA

 

NO CRA RAÍÑA ARAGONTA PASÁMOLO MOI BEN NO MAGOSTO!!!

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

PARA CELEBRAR QUE NOVEMBRO É O MES DA CIENCIA IMOS FACER VARIOS EXPERIMENTOS CUNHAS CIENTÍFICAS MOI PECULIARES!!!!!!Pincha na imaxe ou accede á sección de Experimentamos!

 

 

NOVEMBER IS THE  MONTH OF SCIENCE AND TO CELEBRATE IT WE ARE GOING TO DO SOME EXPERIMENTS WITH VERY PECULIAR FEMALE SCIENTISTS!!!!!!!Click on the image or access the section "Experimentamos".

E TI, DE QUE LIBRARÍA VÉS SENDO?

O 13 de novembro celébrase o Día das Librarías promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluÍda no Calendario do Libro e a Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia. Desde CEGAL sinalan que “… queremos mostrar que somos espazos próximos, modernos e en continua evolución para xerar cultura, e crear comunidades en torno ao libro e a lectura”

Pensamos, que este é un bo ano para reivindicar, unha vez máis, as LIBRARÍAS DE PROXIMIDADE, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para  alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

Agora que nos precisan ao seu carón, promovamos actividades, entre a comunidade educativa, para achegarnos ao seu traballo: entrevistas, traballos de investigación, visitas virtuais... É necesario coñecer e preservar a cadea do libro.

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIO!

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Accede á programación de actividades de divulgación científica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no folleto adxunto  esta publicación.

 

Accede ao noso Recuncho Maker onde atoparedes actividades para fomentar a aprendizaxe creativa!

 

 

OBRADOIRO DE IOGA

BOS DÍAS, PEQUES!!!

COMO ESTADES? CASELÍN ACABA DE REALIZAR UNHA SESIÓN DE MINDFULNESS, QUEREDES FACELA TAMÉN? POIS PINCHADE NA IMAXE OU VISITADE A SECCIÓN DE RECUNCHO MAKER DA NOSA BIBLIOTECA.

 

 

GOOD MORNING KIDS,

How are you? Caselín has just started a mindfulness class, do you want to try?

Click on the image or visit the  ONLINE SECTION RECUNCHO MAKER IN OUR LIBRARY BLOG.

ATENTOS E A XOGAR!

 ATTENTION AND LET´S PLAY!

 

 

Distribuir contido

Back to top