Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

AXUDAS DE ESTUDOS DO CONCELLO - 2º CICLO INFANTIL

 

 

AXUDAS DE ESTUDOS PARA O 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

Abriuse o prazo para presentar as solicitudes das Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de Grao Elemental e Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo (Curso 2023-2024) que convoca o Concello de Carballo.

 

PRAZO: do 3 de abril ata o 3 de maio.

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

 

- na sede electrónica:  https://sede.carballo.gal;

- ou nos rexistros do Concello de Carballo.

 

O horario de  atención ao público, nas oficinas da Concellaría de Cultura, para recibir a información sobre estaconvocatoria será de luns a venres de 11:00h a 12:30h.

 

Documentación:

- BASES AXUDAS

- CARTAZ

- IMPRESO SOLICITUDE

 

 

Imaxe de teresa

NOVA SEDE

A nova sede do CRA Ponte da Pedra estará sita

na Rúa Alfredo Brañas, s/n (antiga escola de Pacita).

Será neste lugar onde realizaremos as xestións administrativas do noso centro.

 

 

 

 

Imaxe de teresa

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DO CURSO 24/25

> CALENDARIO: 

Prazo Presentación Solicitudes de Admisión:Do ao 20 de marzo ás 14:00h.(Entregar na secretaría da sede o modelo ED550B, ou na Sede Electrónica (do 1 ao 20 de marzo)// + libro de familia ou DNI do alumno/a, así como certificado de escolarización e convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso) .

 Prazo Presentación Documentación Xustificativa: Do 2 ao 15 de abril ás 14:00h.(cando a demanda de prazas sexa superior á oferta deberase presentar documentación: padrón, ...)

 Publicación listas provisionais de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril Prazo reclamación: 5 días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación. 

 Publicación listas definitivas de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio Prazo de reclamación: un mes a partir do día seguinte a publicación deberá presentar recurso de alzada ante a xefatura territorial.

 Formalización de Matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (presentación do anexo III)

> CENTROS ADSCRITOS:

CEIP FOGAR: Escolas de Mirón e Rega

 CEIP BERGANTIÑOS: Escolas de Cances, Sísamo e Xoane

 CEIP GÁNDARA-SOFÁN: Escolas de Artes e Verdillo

> ÁREA DE INFLUENCIA:

A área de influencia das escolas do CRA Ponte da Pedra son as parroquias onde se atopa cada escola.

 Zona limítrofes: ver mapa.

 Outra información: Resolución da Xefatura Territorial de Educación da Coruña de data 24/2/16 sobre a modificación de áreas de influencia do concello de Carballo.

 

> NOTA INFORMATIVA:

1º Cada alumno/a so pode presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE no centro que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle

  O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  O alumnado que ten reservada nun centro (adscrito), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia a reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión

 A falsidade nos datos achegados poderá determinar a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 O C.R.A. Ponte da Pedra non dispón de servizos complementarios de transporte nin comedor.

 No C.R.A. Ponte da Pedra existen Seccións Bilingües nas aulas de Educación Primaria de Sísamo e Verdillo.

 No caso de renuncia, a marxe da comunicación no centro, deberá cumprimentar unha nova solicitude en prazo e cubrir datos solicitados no recadro "supostos específicos"

> PRAZAS VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2024/2025:

 

 

ESCOLAS:

ARTES

CANCES

MIRÓN

REGA

SÍSAMO EI

SÍSAMO EP

VERDILLO EI

VERDILLO EP

XOANE

TOTAL VACANTES

 

PRAZAS RESERVA

NECESIDADES

ESPECÍFICAS

DE APOIO EDUCATIVO

(Soamente en 4º Infantil e 1º Primaria)

 

ED. INFANTIL

ED. PRIMARIA

 

 

 23

 43

 7

 

> HORARIO DE ATENCIÓN E RECOLLIDA:

 

 

Luns

 Martes

 Mércores

 Xoves

Venres

9:00- 9:50

 

   

 

 

9:50 - 10:40

 

 

Secretaría

 

 

10:40 - 11:30

 

 

Secretaría

 

 

11:30 - 12:00

 

 

 

 

 

12:20 - 13:00

Secretaría

Secretaría

Secretaría

Secretaría

 

13:10 - 14:00

Secretaría

Secretaría

Secretaría

Secretaría

Secretaría

15:30 - 16:30

Secretaría

 

 

 

 

16:30 - 17:30

Secretaría

 

 

 

 

 

Para solicitar máis información e entregar toda a documentación deben obrigatoriamente dirixirse á Dirección na Sede do CRA:

Avda. Vázquez de Parga, 119 bl-2 1ºDereita Tlf: 981 703 403

>NORMATIVA REGULADORA:

* Decreto 13/2022, do 3 de febreiro: Admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

* Orde 21 de outubro do 2022 polo que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro

* Información sobre o baremo.

 *Información baremo criterio complementario

 

Imaxe de teresa

ADMISIÓN ALUMNADO

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO

En relación, á admisión do alumnado informamos que:

todas as solicitudes presentadas están admitidas;

xa que, o seu número non superou ao de  prazas ofertadas.

 

formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Nese mes publicaremos na nosa páxina a documentación precisa para realizar este trámite.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut