O Val, Domirón, Pedroso, San Mateo, Castro, Sedes

VISÍTANOS UNHA MARISCADORA

Seguindo co proxecto do mar, este xoves recibimos a visita de Lena que é MARISCADORA, para aprender con ela cousiñas da súa profesión. Explicounos como pon a vestimenta, as ferramentas que usa e en que consiste o seu traballo. Pertence a confraría de Cedeira, e vimos un vídeo onde a entrevistaron, xunto coas súas compañeiras, mentres estaban mariscando.  Para rematar, vivimos a experiencia de buscar berberechos que traía agochados na area.

Graciñas a familia de Julia, por facer isto posible.  

ESPAZOS CON IDENTIDADE

Neste trimestre comezamos cun novo espazo na aula. Aproveitando a temática do mar introducimos unha nova metodoloxía como son as Instalacións de Xogo. Espazos que contan con vida propia, nos que, cada día, aínda cos mesmos elementos, transfórmanse en vivencias diferentes, sempre dependentes de quen as explora. 

Estes espazos nacen co propósito de ser vividos desde múltiples experiencias e esta primeira semana estanos a ensinar que así vai ser.

PANXOLIÑAS NA ASOCIACIÓN NOSA SEÑORA DE CHAMORRO

Todo o alumnado da escola do Val desplazouse camiñando ata a asociación Nosa Señora de Chamorro para cantar unhas panxoliñas aos usuarios e profesionais. Foi unha experiencia fermósima tanto para tod@s eles coma para nós onde a diversidade nos enriqueceu a tod@s. Como agasallo levámoslles unha felicitación inclusiva con linguaxe Braille e con pictogramas.

EXPERIMENTOS

Continuando co noso PROXECTO DA AUGA, as mestras prepararon tres experimentos diferentes:

Experimento 1. Que obxectos flotan e cales non?

Experimento 2. Probamos que pasaba se metíamos un ovo en agua doce e salgada. En cal flotará?

Experimento 3. Auga, un bote de cristal, colonia e unha vela. Que pasará?

As nenas e nenos da escola, foron rotando por todos eles e pasárono xenial!


ÁRBORE DE NADAL ESCOLA DO VAL

Entre tod@s @s nen@s da escola do Val creamos unha árbore de Nadal para expoñer os contos desta conmemoración, grazas as caixas de madeira que nos deu a Cooperativa do Val. As cales lles demos unha segunda vida para reciclar e crear unha manualidade de Nadal e que posteriormente non se tirarán senón que servirán para o almacenaxe nas aulas. Un traballo entre tod@s que quedou fermosísimo e do que gozaremos tod@s.Nestas publicacións pódese ver o proceso de pintado e construcción.

ÁRBORE DE NADAL INFANTIL

Cada aula de infantil pintou unha caixa de madeira

ÁRBORE DE NADAL PRIMARIA

Cada aula de primaria coloreou unha das caixas de madeira

 

 

 

INVESTIGACIÓN SOBRE O PROXECTO DA AUGA

Comezou o noso proxecto!

Grazas á colaboración das familias, puidemos observar a través do microscopio diferentes mostras de agua: de mar, de río, de charcos, da choiva etc.

Foi unha experiencia moi enriquecedora!

25N: CONTRA A VIOLENCIA, VERBAS DE CORAZÓN

Este 25 de Novembro amosamos aos nenos e nenas do CRA algunhas das consecuencias da violencia de xénero, como a tristeza, a través do conto Artur e Clementina de Adela Turín de Ed Kalandraka.

Despois cada quen creou a súa propia tartaruga cunha palabra que garadaría sempre no corazón para combater así a tristeza.

Quedaron todas moi bonitas.

 

 

Distribuir contido