O Val, Primaria, Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

APRENDER A COMPARTIR VÍA PÚBLICA

O alumnado de 1º e 2º de ep tivo unha sesión formativa impartida dende o Concello de Narón (Ed. vial)  sobre como compartir a vía pública, nocións básicas de peóns e ciclistas.

XOGOS EN FAMILIA III

As mamás de Thiago e Izan de 6º de EI pasaron un ratiño con nós xogando a diversos xogos de mesa que trouxeron das súas casas: imans, pilla pilla ratón,building blocks pelusas, xogos de cartas,little cooperation . Encantounos xogar con todos estes xogos novedosos.

XORNADA DE CONVIVENCIA FAMILIAS, NENOS E NENAS PARA A CONFECCIÓN DOS DISFRACES DO ENTROIDO 2024

Moitísimas grazas a nais, pais, avoas... por esta xornada de convivencia onde entre todos e todas progresamos moitísimo na confección dos disfraces. En equipo fixemos unha gran cantidade de traballo e os nenos e nenas puideron pintar os seus peixes na compaña dos seus familiares.

ANIVERSARIOS XANEIRO

Celebramos os aniversarios en 6º de EI de Candela, Misha e Daniela

 

En 5º de ei celebramos o aniversario de Sara C e Thiago

 

E tamén en 4º co aniversario de Matteo.

MULLERES CIENTÍFICAS

O alumnado de 2º EP recibiu unha sesión formativa sobre distintas mulleres científicas e os seus logros en cada un dos ámbitos onde traballaron. Fixeron un memori, un puzzle e unha sopa de letras. Descubriron a Alice Ball , Maria Sibylla, Marie Curie, Jane Goodall, Patricia Bath, Ada Lovelace, Ángela Ruíz Robles e Mary Anning.

 

O OFICIO DE PESCADOR NUN GRAN BARCO DE PESCA

O pai de Mai , veu o cole para explicarnos mediante unha presentación con vídeos o seu oficio de pescador nun gran barco de pesca que se atopa no óceano Índico. Explicou as partes do barco, os peixes que pescan, que son os atúns, cos que despois se fan as conservas. Respondeu a todas as nosa dúbidas, amosounos a mándibula dun gran tiburón e poidemos tocar diferentes tipos de corais e unha caracola enorme. Foi unha actividade fantástica.

 

DEPORTES DE AUGA: O SURF

O pai de Mai explicounos e mostrounos todo o necesario para practicar o surf : o neopreno, a táboa coas súas partes. O deporte e algo fundamental para a saúde, canto máis deporte fagamos mellor nos sentiremos.

AGASALLOS DE NADAL

A Volta das vacacións había unha sorpresa na escola, deixaran uns agasallos para compartir todos os nenos e nenas de educación infantil

 


PANXOLIÑAS NA ASOCIACIÓN NOSA SEÑORA DE CHAMORRO

Todo o alumnado da escola do Val desplazouse camiñando ata a asociación Nosa Señora de Chamorro para cantar unhas panxoliñas aos usuarios e profesionais. Foi unha experiencia fermósima tanto para tod@s eles coma para nós onde a diversidade nos enriqueceu a tod@s. Como agasallo levámoslles unha felicitación inclusiva con linguaxe Braille e con pictogramas.

Distribuir contido