Skip to Content

Tabagón

Revista "O Bufo Fich nº9" - Xuño 2018

25/06/2018 09:00
25/06/2018 14:00

Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a novena edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!


Moi bo verán a todas e todos!!!

 

Festa fin de curso - Xuño 2018

21/06/2018 09:00
21/06/2018 14:00

Xa está... O curso 2017-18 toca ao seu fin!

E para despedirnos quedamos pola mañá todo o CRA na escola de Marzán para desfrutar dunha festa con xogos, música, merenda aportada polas familias e moitas cousas máis.

 

Talleres e charlas da ANPA - Xuño 2018

13/06/2018 09:00

Ó longo deste curso desenvolvéronse unha serie de talleres e charlas a través da nosa ANPA, como por exemplo sobre a temática da saúde e da alimentación, así como de técnicas de estudo. Nestas charlas os poñentes expuñan unha serie de aspectos relacionados coas diferentes temáticas e para rematar leváronse a cabo talleres, enquisas e debates.

I Miniolimpiadas CRA María Zambrano - Abril 2018

25/05/2018 09:00
25/05/2018 14:00

O pasado Venres 25 de Maio celebramos no pavillón municipal as I Miniolimpiadas do noso colexio coa colaboración do Atlético Novás.

Foi un día xenial onde os nenos se dividiron en 10 grupos e foron rotando por 10 xogos diferentes, onde tiñan que superar retos coma meter balóns polos ocos da portería, lanzar avións de papel, manter globos no aire, lanzar pelotas entre unhas sillas, o paracaídas... O remate veunos saudar a mascota do Atético Novás e xogaron todos con ela e fixemos fotos.

Para rematar agradecémoslle a colaboración ó Atletico Novás e agardamos que estas miniolimpiadas se repitan en vindeiros cursos!!!

Día do Libro - Abril 2018

24/04/2018 09:00
24/04/2018 14:00

As nenas e nenos do CRA imos á escola de Tabagón toda a mañá para celebrar o Día do Libro cun montón de obradoiros e actividades moi chulas: rincóns con actividades, papiroflexia, decoración, marcapáxinas...

Menudo éxito de día!!! Ao chegar fixemos os seis grupos mesturando idades e aulas de todo o CRA. Cada grupo foi cun mestre ou mestra a unha das seis actividades, onde agardaban outras mestras e mestres para facernos o obradoiro. Había historias musicais, papiroflexia, marcapáxinas, curtametraxe, recuncho zen, historias con pedras... Fomos rotando cada 25 minutos polos obradoiros ata completalos todos. Estiveron xenial!!!

Despois descansamos un pouco mentres tomamos a merenda. E a contuación xogo libre mentres, por grupos, pasabamos polo mercadillo de libros onde puidemos escoller un para levar para casa.

Un día espectacular. Bravo!!!!

 

 

Teatro "O Mago de Oz" - Marzo 2018

13/03/2018 09:00
13/03/2018 14:00

O Martes 13 de Marzo os alumnos do CRA visitamos a sala de teatro Ártika en Vigo para desfrutar da obra do "Mago de Oz" da compañía Avento Produccións. Os nenos e nenas pasarono xenial coa obra e o rematar a mesma comimos algo no teatro e as aulas de infantil volveron para O Rosal, e as de primaria visitaron o museo Liste e o parque de Castrelos.

CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS - Marzo 2018

05/03/2018 11:15
05/03/2018 14:00

As nenas e nenos do CRA imos a biblioteca municipal do Rosal para desfrutar dun contacontos con Paco Nogueiras. Imos escoitar varios contos curtos acompañados de música en directo. O alumnado das escolas de Couso, Fornelos e Tabagón van á sesión das 11:15 e o alumnado das escolas de Pías, Marzán e Novás, á das 12:00.

Foi unha actividade xenial. Estivemos con Paco Nogueiras e contounos tres contos moi chulos: "A horta de Simón", "Grisela" e "Tomás o bromista", coa axuda do acordeón e do ukelele co que nos fixo cantar e bailar a todos.

 

 

Día "A nena na Ciencia" - Febreiro 2018

16/02/2018 09:00
16/02/2018 14:00

As nenas e nenos do CRA celebraron nas súas aulas o día da nena na ciencia, e para facelo realizaron diferentes experimentos que resumimos en un video.


 

Entroido - Febreiro 2018

09/02/2018 09:00
09/02/2018 14:00

Vivimos un entroido moi chulo. Durante toda a semana o "meco" foi mandándonos vir vestidos ao colexio cunha bata, cos calcetíns por enriba dos pantalóns, coa roupa do revés... O día da festa chegou todo o mundo á escola de Novás (algúns incluso en tractor). Despois de prepararnos e vestirnos comezou o desfile. Cada colexio fíxolle unha homenaxe a unha muller: a escola de Pías vestíuse de Pippi Langstrump, a de Novás de piratas  en honra a Mary Read, a de Fornelos de Hipatía de Alexandría, a de Couso de Monstruo de Cores en honra a Ana LLlenas e as de Tabgón e Marzán de Cleopatras.

Desfrutamos dun mercadillo impresionante organizado pola ANPA no que as familias donaron previamente produtos naturais e artesanais para poñelos á venda ese día. Os cartos recaudados van destinados a actividades para as nenas e nenos do CRA.

Tamén houbo unha rifa solidaria de dúas cestas con produtos de alimentación para recaudar fondos para as actividades destinadas ás nenas e nenos do CRA.

Ademais entregáronse os premios do concurso de fotografía de cociña en familia do CRA.

E todo isto culminado cun rato de baile e merenda. Foi un gran día.

III CONCURSO FOTOGRÁFICO "COCIÑANDO EN FAMILIA" - Xaneiro 2018

08/01/2018 09:00
19/01/2018 14:00

 Por tercer ano o noso colexio volve a levar a cabo o concurso fotográfico para os nenos e familias. Este ano a temática irá enfocada á cociña en familia, polo que dende o 8 de Xaneiro ata o 19 dese mesmo mes os alumnos poderán entregar os seus traballos.

ANIMAMOS A TODAS AS FAMILIAS A PARTICIPAR!!! MANS Á OBRA!!!!

                                    

 

Distribuir contido


by Dr. Radut