O noso CRA está situado no concello de Culleredo.
Culleredo é un municipio galego da provincia de A Coruña, situado na área central, no extremo sur da Ría do Burgo.
O municipio ten como límite polo norte a cidade de A Coruña e, a través da Ría do Burgo o mar; polo sur o término municipal de Cerceda; polo este os términos municipais de Oleiros, Cambre e Carral e polo oeste con Arteixo, A Coruña e Laracha.
Integrada na área metropolitana de A Coruña, a súa poboación está distribuida en 11 parroquias: Rutis, O Burgo, Almeiras, Culleredo, Orro, Sésamo, Sueiro, Ledoño, Veiga, Celas e Castelo.
Debido ás características que posúe o noso centro, ao tratarse de escolas rurais agrupadas situadas no medio rural, permítenos estar máis en contacto e descubrir a beleza do noso entorno; lugares que gardan vestixios arquitectónicos e espacios naturais privilexiados para a observación astronómica, práctica de deportes, avistamento de aves, rutas de senderismo...favorecendo o coñecemento por parte do noso alumnado do medio no que vive dunha maneira activa e vivencial.
Desta forma a Ponte do Burgo, Torre de Celas, a Ría, os Muiños, o monte Xalo, o Xardín Botánico son espacios que nos serven de inspiración e motivación para traballar co noso alumnado.