Tar Heel Reader

http://tarheelreader.org/

Servizo web gratuíto que nos permite crear libros sinxelos baseados en texto e imaxe, doados de ler, accesibles nunha ampla gama de temas.

Os textos poden ser "lidos" por unha voz dixitalizada (de home, muller ou neno, a elexir).
Unha vez creados pódense descargar como presentacións de diapositivas en PowerPoint, Impress, ou en formato Flash.

Emprega a galería de imaxes flicrCC tamén existe a posibilidade de que o usuario suba as súas propias imaxes.

Podemos acceder a creacións públicas feitas por outros usuarios.

Pódese empregar a opción favoritos da propia páxina para presentar aos alumnos as lecturas recomendadas polo profesor.

O sitio require rexistro e está en Inglés. Para conseguir unha invitación podes deixar un comentario no enlace http://tarheelreader.org/comments/ ou ben teclear "Literacy!" (sen as comillas) no recadro correspondente ao código da invitación.

Mais abaixo tedes unha pequena mostra:

Probando Tar Heel 1
Última modificación: Martes, 19 de Xuño do 2018, 10:54