Slide Share

Slide Share

No enderezo http://www.slideshare.net podes acceder a este servizo web.
Unha vez rexistrado poden subirse tanto presentacións como documentos en diversos formatos

Presentacións:ppt, pps, pptx, ppsx, pot, potx (Powerpoint); odp (OpenOffice); key, zip (Apple Keynote).

Documentos: pdf, doc, docx, rtf, xls (MSOffice); odt, ods(OpenOffice); Apple iWork Pages.
O servizo encargarase de convertilo ao formato flash e proporcionará o código html para embebelo no blog.

Aqui tes un exemplo desta aplicación que ademais é un minitutorial do servizo slideshare.

Tutorial de Slideshare


Este sevizo tamén presta widgets ou gadgets para a web como o que podedes ver na columna da esquerda deste mesmo curso.

O enderezo para os gadgets de slide share: http://www.slideshare.net/widgets

Para o exemplo da columna da esquerda: http://www.slideshare.net/widgets/blogbadge
Última modificación: Martes, 19 de Xuño do 2018, 10:54