Comezando a traballar na web do centro con Blogs

9 Xuntar un arquivo

Ao igual que facemos cando enviamos un correo electrónico a alguén, nos diferentes tipos de contidos que creemos para a nosa web tamén podemos xuntar ficheiros.

Podes inxerir ou xuntar un arquivo nun artigo do teu Blogue (por exemplo un pdf, ou un vídeo flv)

A idea é que o visitante poda descargar dito arquivo ou ben reproducilo (no caso por exemplo dos vídeos flv)

En principio[1] podemos subir como arquivos adxuntos diferentes tipos de ficheiros, a diferencia é que non todos se poderán reproducir dun xeito automático.

Por exemplo se subimos como adxunto unha presentación en Impress o navegador web non poderá reproducila, nese caso no equipo da persoa que o este vendo aparecerá unha mensaxe suxerindo unha aplicación instalada no equipo para abrir o equipo ou ben preguntando ao usuario con que aplicación quere abrir o arquivo (no caso da presentación Impress tentará abrir Open Officce se é que está instalado)

En cambio se subimos un texto en formato pdf ou adxuntamos unha imaxe en formato jpg ou png, ou un vídeo flash (formato flv) ou un arquivo de son en formato .mp3, estes se repoducirán de xeito automático no navegador sen necesidade de ningunha aplicación auxiliar.

Evidentemente os formatos antes mencionados son os acosnellados para traballar na web e adxuntar arquivos.


Pasos a seguir para adxuntar un arquivo

  1. Busca un arquivo nun dos formatos recomendados
  2. Crea un artigo no teu Blogue ou edita un existente
  3. Pon os tags ou etiquetas que servan para identificar o artigo
  4. Lembra poñer un alias url axeitado (tipo blog/nomedoteuusario/nome-do-artigo)
  5. Entre o Corpo onde realizamos a edición e os botóns de Vista previa e Enviar, podemos atopar un enlace que di: Ficheiros adxuntos. xuntar arquivos
  6. Ao premer sobre este enlace aparece un campo onde, a través do botón Examinar, buscaremos no noso equipo o(s) ficheiro(s) que desexamos xuntar, unha vez seleccionado o arquivo xa podemos adxuntalo ou subilo ao servidoradxuntar un arquivo
  7. Prememos sobre "Adxuntar" para subir o arquivo. Ficheiro adxunto
  8. Unha vez que teñamos subido un ficheiro, xa podemos Enviar a páxina, ou podemos seguir subindo novos ficheiros. Debes premer finalmente sobre "Enviar" para publicar o artigo
  9. Activa a opción "Lista" para que calquera visitante da páxina poida ver e descargar o arquivo.
  10. Como se pode observar na imaxe anterior, ao lado da información do ficheiro que se adxunta hai dúas casillas de verificación:
    • Borrar: esta casilla aparece desmarcada. Si a marcamos o ficheiro adxunto eliminaríase no momento de Enviar o contido.
    • Lista: esta casilla aparece marcada por defecto. Ao estar marcada vai a listarse o ficheiro adxunto, aparecendo ao final do contido publicado, como se pode observar na seguinte imaxe.
    Ficheiro adxunto listado ao pé do contido

Outra forma de presentar os ficheiros adxuntos podería ser facendo un enlace (hipervínculo) directamente ao ficheiro. Para isto debemos de copiar previamente a ruta do ficherio adxunto. Esta ruta (URL) aparece baixo a súa descrición.

URL do ficheiro adxunto

Unha vez que xa teñamos a ruta copiada, podemos desmarcar a casilla de Lista para que deste modo o ficheiro xa non apareza ao pé do contido. Despois insertaremos un hipervínculo que apunte á URL copiada no lugar da páxina que desexemos: texto, imaxe...

Ficheiro adxunto enlazado nunha imaxe





[1] O administrador da web é quen decide que formatos de arquivos se poden subir á web do centro. O mais habitual é permitir extensións .pdf, .flv, .mp3, .jpg, .png, .swf. En nigún caso se aconsella permitir extensións .exe e procuraremos sempre subir arquivos de confianza e libres de virus.