Comezando a traballar na web do centro con Blogs

6 Incluír Hiperenlaces, enlaces ou vínculos nun artigo

Un hiperenlace (tamén chamado enlace, vínculo, ou hipervínculo) é un elemento dun documento electrónico que fai referencia a outro recurso, por exemplo, outro documento ou un punto específico deste ou doutro documento.

Un hiperenlace permite acceder ao recurso enlazado de diferentes formas: visitalo cun navegador (no caso por exemplo dunha páxina web), mostralo como parte do propio documento (un link á unha parte do documento) ou gardalo localmente (caso por exemplo de arquivos adxuntos).

Un enlace conta con dous extremos, denominados áncoras, e unha dirección ou enderezo.

Móstranse dalgunha forma distintiva, por exemplo nunha cor, letra ou estilo diferente. O punteiro do rato tamén pode cambiar á forma de man para indicar que hai un enlace.

En moitos navegadores, os enlaces móstranse en texto azul subliñado cando non foron visitados, e en texto púrpura subliñado cando foron visitados.

Cando o usuario activa o enlace (por exemplo picando sobre el co rato) o navegador mostrará o destino (a páxina web a que rediriximos ou un arquivo que adxuntamos para a súa descarga)

Na actualidade os hiperenlaces son un dos factores mais importantes de posicionamento web dende que Google inseriu esta variable no seu algoritmo anos atrás.

Os motores de busca, como Google ou Yahoo!, utilizan os enlaces, entre outros datos, como unha medida da popularidade para determinar que páxinas deben aparecer nos primeiros postos dunha busca concreta. Cantas máis enlaces apunten a unha páxina, máis alto pode ser o posicionamento da páxina nun buscador.

No artigo do blogue que publiquemos podemos incluir enlaces de xeito que cando alguén o estea vendo poida picar sobre unha palabra determinada (aparece resaltada en cor azul e suliñada) ou sobre unha imaxe, para: abrir outro documento, ou unha foto ou un arquivo de música, ou outra páxina web, ou outra parte do mesmo documento.


Pasos a seguir para incluír un vínculo nun artigo do blogue:

  1. Previamente deberemos de ter gardado ou copiado a ruta ou enderezo co que queremos establecer a ligazón. Pode ser a url dunha páxina web, a ruta dun arquivo adxunto, a ruta dun arquivo noutra web etc.

  2. Unha vez iniciada sesión eleximos crear contidoEleximos tipo de contido artigo de blogNo corpo do contido escribimos o texto do noso artigo

  3. No momento de crear un novo contido, se non temos ningún texto nin obxeto seleccionados, veremos que os botóns de inserir enlace e quitar enlace aparecen desactivados.

    enlace desactivadoromper vindulo desactivado

  4. Seleccionamos no corpo o texto ou imaxe que vai a servir de ancora do "link" ou enlac. Nese momento os botóns de inserir e quitar enlace activaranse e xa podemos proceder a crear a nova ligazón.

    enlace activado romper enlace activado

  5. Co texto ou elemento seleccionado previamente prememos sobre o botón de inserir enlace e aparecerá a seguinte xanela:
  6. xanela enlace

      Dirección do enlace: aquí debemos escribir ou pegar a url ou dirección do destino do enlace que tiñamos copiada ou gardada previamente. Así, por exemplo, se queremos facer un enlace ao Portal Educativo deberemos de escribir: http://www.edu.xunta.es (Importante: hai que escribir o enderezo completo, incluíndo o texto http:// inicial).

    Destino: preséntansenos dúas opcións:

      • Abrir enlace na mesma ventá: abrira a páxina de destino na mesma xanela que estemos traballando.

      • Abrir enlace nunha ventá nova: abirá a páxina de destino nunha nova xanela.

    Título: aínda que non é obrigatorio é recomendable poñer unha breve indicación sobre o enlace que estamos creando. Por exemplo, seguindo co exemplo anterior pondríamos neste apartado o seguinte: Enlace a Portal educativo.

    Clase: non se selecciona ningunha opción.

    inserir enlace

  7. Unha vez completados os campos anteriores, xa só nos queda premer sobre o botón Inserir para crear o hipervínculo.

Enlaces a ficheiros

Un caso particular dos diferentes tipos de enlaces sería enlazar con algún ficheiro (imaxe, pdf, ...) que teñamos subido previamente aos nosos arquivos persoais (na nosa conta de usuario).

O primeiro sería ter subido algún ficheiro co que posteriormente quixeramos enlazar a través dun hipervínculo e poder ofrecelo así desde calquera contido creado.


Pasos para subir un ficheiro persoal:

  1. Ir ao menú de usuario e premer sobre o enlace A miña conta.

  2. Premer sobre a pestana Arquivos persoais.

  3. arquivos persoais

    Nesta pestana atoparemos a ferramenta de xestión dos nosos ficheiros, tanto os que subamos aquí directamente como os subidos desde calquera outro contido creado e empregando os botóns do navegador de imaxes IMCE incluído no editor de texto rico TinyMCE.

  4. Prememos sobre o botón "Examinar" situado na zona inferior para localizar no nosdo equipo o arquivo que desexamos subir

  5. Unha vez seleccionado prememos sobre o botón "Upload File" para subir dito arquivo

  6. Unha vez subido se amosará unha previsualización na zona de vista previa


pasos inserir enlace

Detalle da imaxe:
(1) Álbum de ficheiros dispoñibles, xa cargados anteriormente.
(2) Zona de vista previa do recurso seleccionado.
(3) Cargador de novos recursos.

En principio está configurado para admitir so imaxes, pero os administradores do centro poderán permitir a carga de novas extensións.


Establecer un enlace a un ficheiro

Supoñemos que temos xa cargado o ficheiro seguindo o procedemento descrito no punto anterior.

  1. Creamos ou editamos un artigo de blog.
  2. Sobre algunha das palabras ou frases facemos unha selección de texto.
  3. Cando teñamos o texto seleccionado, prememos sobre o botón de crear enlace Inserir enlace.
  4. Aparece a xanela para Inserir enlace. Nela premeremos sobre o botón situado á dereita do campo URL ou dirección do enlace.
  5. Inserir enlace a ficheiro
    Aparece agora a ferramenta de xestión dos nosos ficheiros persoais. Se aínda non temos subido o ficheiro desexado será o momento de facelo.
    Subida de ficheiro para enlazar
  6. Subido o arquivo podemos premer sobre o enlace "add" situado ao final da fila do ficheiro recén subido, ou tamén podemos premer sobre a vista previa do ficheiro: No caso de ser un documento e non unha imaxe, na vista previa so aparecerá o nome do ficheiro, como se aprecia na imaxe anterior.

  7. Podemos poñerlle un Título a este hipervínculo (non é obrigatorio) e, para rematar, prememos no botón de Inserir.

  8. O hipervínculo quedou creado. Finalmente gardamos o documento premendo no botón Enviar situado na parte inferior da páxina.

  9. Publicando o contido con hipervínculo


    Inlcuír enlaces a partes do documento ou do propio artigo

    Se o artigo e moi extenso ou se nel incluímos anotacións a pé de páxina podemos precisar incluír enlaces a unha parte específica do artigo.
    Exemplo: isto é un vínculo a unha nota ao pé [1]

    Pasos a seguir:

    1. Situate na parte do texto a onde queres redirixir ao lector (o destino ou final)
    2. Selecciona co rato a viñeta, imaxe ou símbolo que vai servir de áncora (no noso exemplo de antes é o (1) da anotación ao pé de páxina
    3. Preme co rato sobre a icona da áncora icona áncora do editor de texto rico.
    4. Na xanela que se abre indica un número para a anotación ou áncora a incluír (ver imaxe) definir áncora
    5. Agora vai a parte de texto do artigo onde queres situar o enlace (a orixe ou principio)
    6. Selecciona co rato o texto (ou viñeta ou imaxe ou obxecto) que vai serivir de enlace
    7. Preme co rato sobre a icona de "inxerir ligazón" ou "enlazar" enlazar do editor de texto.
    8. Na xanela que se abre elixe a opción Áncoras e selecciona o número que correpsonda segundo estableciches antes.inserir ligazón para áncora no propio contido
    9. Preme sobre Aceptar.
    10. Lembra enviar o artigo para que se garden os cambios.





    Anotacións a pé de páxina

    (1) isto é simplemente un exemplo dunha anotación a pé de páxina. Se premes no superíndice [1] do texto de arriba o rato posicionarase automáticamente nesta nota do pé de páxina.