Comezando a traballar na web do centro con Blogs

3 Editor de texto enriquecido (TinyMCE)

Unha vez que no novo artigo xa introducimos o título e especificamos o destino de publicación, podemos empezar a introducir información no Corpo.

O elemento fundamental na composición de calquera tipo de contido en Internet será o TEXTO. Para a edición do texto no corpo contamos cunha ferramenta de texto enriquecido (TinyMCE) que nos permite dun xeito sinxelo e básico establecer diferentes formatos aos caracteres e/ou parágrafos.

O primeiro que temos que ter en conta é que este enriquecedor de texto (TinyMCE) non está dispoñible en todos os temas, así pode ocurrir que ao cambiar de tema non apareza esta ferramenta.

tinyMCE

Nos seguintes puntos detallaremos cada un destos elementos dentro da sección de edición que lle correspondan. Así veremos:

  • Formato de caracteres.

  • Formato de parágrafo.

  • Estilos.
  • Creación de hiperenlaces.

  • Inserir imaxes.

  • Inserir táboas.

  • Separar páxinas.

  • Outros: cortar-copiar-pegar.