Traballando nos blogs en websdinámicas. Introducción

1 Que é un blog?

Blog na wikipedia

Un blog, ou en castelán tamén unha bitácora, é un sitio web periodicamente actualizado que recopila cronoloxicamente textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente.

O nome bitácora está baseado nos cadernos de bitácora, cadernos de viaxe que se utilizaban nos barcos para relatar o desenvolvemento da viaxe e que se gardaban na bitácora.

Este termo inglés blog ou weblog provén das palabras web e log ('log' en inglés = diario).

O termo bitácora, en referencia aos antigos cadernos de bitácora dos barcos, utilízase preferentemente cando o autor escribe sobre a súa vida propia coma se fose un diario, pero publicado na web (en liña).

Descrición

Habitualmente, en cada artigo dun blog, os lectores poden escribir os seus comentarios e o autor darlles resposta, de forma que é posible establecer un diálogo.

Non obstante é necesario precisar que esta é unha opción que depende da decisión que tome ao respecto o autor do blog, pois as ferramentas permiten deseñar blogs nos cales non todos os internautas -ou mesmo ningún- poidan participar.

O uso ou tema de cada blog é particular, hainos de tipo: xornalístico, empresarial ou corporativo tecnolóxico, educativo (edublogs), políticos, persoais (Contido de todo tipo), especificos como os vlog (video blogs) etc.


Características técnicas

Existe unha serie de elementos comúns a todos os blogs.

Comentarios (ou post)

Mediante un formulario permítese, a outros usuarios da web, engadir comentarios a cada entrada, podéndose xerar un debate arredor dos seus contidos, ademais de calquera outra información.


Enlaces

Unha particularidade que diferenza aos blogs dos sitios de noticias é que adoitan incluír múltiples enlaces a outras páxinas web (non necesariamente blogs) como referencias ou para ampliar a información agregada.

Ademais e entre outras posibilidades, permite a presenza e uso de:

  • Unha ligazón permanente (permalinks) en cada anotación, para que calquera poida citala.
  • Un arquivo das anotacións anteriores.
  • Unha lista de ligazóns a outros weblogs seleccionados ou recomendados polos autores, denominada habitualmente Blogroll.


Fotografías e vídeos

É posible ademais agregar fotografías e vídeos aos blogs, ao que se lle chamou fotoblogs ou videoblogs respectivamente.


Redifusión

Outra característica dos blogs é a multiplicidade de formatos nos que se publican.

Á parte de HTML, adoitan incluír algún medio para redifundilos, é dicir, para poder lelos mediante un programa que poida incluír datos procedentes de moitos medios diferentes.

Xeralmente, para a redifusión, úsanse fontes web en formato RSS


Características sociais

Dado que se actualizan frecuentemente e permiten aos visitantes responder ás entradas, os blogs funcionan a miúdo como ferramentas sociais, para coñecer persoas que se dedican a temas similares; co cal en moitas ocasións chegan a ser considerados como unha comunidade.


Interactividade

Un aspecto importante dos blogs é a súa interactividade, especialmente en comparación a páxinas web tradicionais.


Emprego en comunidades

O método de publicación que usan os blogs volveuse tan popular que se usan en moitas comunidades só para manexo de noticias e artigos onde non só participa un, senón varios autores enchendo a comunidade de artigos.



Información obtida da wikipedia pique neste enlace para ver a entrada completa.