Imprimir este capítuloImprimir este capítulo

Comezando a traballar na web do centro con Blogs

2 Modificar ou editar un artigo xa publicado

Paso a paso

  1. Debes ter inciciada sesión co usuario autor do blog
  2. Vai ao artigo, podes ir navegando a través da páxina ou a través do enlace " artigos recentes"do bloque de navegación.
  3. Entra no artigo: Sobre o propio artigo preme co rato sobre o título do mesmo.
  4. Unha vez feito visualízanse as pestanas de "Ver", "Editar", "Fora de liña" e "Seguimento". Neste caso pica sobre "Editar".
  5. Agora poderás facer no contido as modificacións que precises, incluida a posibilidade de engadir novos adxuntos, tamén se poden borrar os anteriores (empregando para elo as opcións indicadas na zona de adxuntar arquivos)modificar o alias da url, modificar ou engadir etiquetas (tags)..etc
  6. No caso que o documento levase algún enlace que sufrira modificacións debes actualizalo, para iso selecciona o texto ou imaxe que serve de áncora do link e pica sobre o símbolo do eslabón de cadea, na ventá que se abre cambia a ruta e pon a nova ruta ou enderezo actualizado.
  7. Finalmente preme sobre o botón "Enviar" para actualizar o contido que acabas de modificar.
O contido xa está actualizado .