Imprimir libroImprimir libro

Comezando a traballar na web do centro con Blogs


Comezando a traballar na web do centro con Blogs

Coñecementos básicos sobre creación e elaboración de artigos


Licencia Creative Commons
"Comezando a traballar na web do centro con Blogs" por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.

Sitio: Aula Aberta do CRA de Culleredo
Curso: Traballando na web do centro
Libro: Comezando a traballar na web do centro con Blogs
Impreso por: Usuario convidado
Data: Xoves, 21 de Novembro do 2019, 12:05

Táboa de contidos

1 Publicar un artigo ou entrada

Pasos a seguir:

  1. Iniciar sesión (poñer o usuario e contrasinal que empregas para o teu blog)
  2. Elixir a opción “crear contido”
  3. Elixir o tipo de contido “artigo"
  4. Poñer un título
  5. Poñer etiquetas ou tags para catalogar o artigo
  6. Escribir algún texto, poñer algunha imaxe, adxuntar un vídeo, unha galería de imaxes (moi recomendable o mó
  7. Ir á web do centro
  8. dulo light box)...
  9. Nos axustes da url escribe un alias para o teu artigo do tipo: blog/nomedoteususariodoblog/nome-do-artigo
  10. Decidir se o artigo admitirá ou non comentarios dos alumnos
  11. Premer sobre o botón “Enviar” para publicar o artigo



2 Modificar ou editar un artigo xa publicado

Paso a paso

  1. Debes ter inciciada sesión co usuario autor do blog
  2. Vai ao artigo, podes ir navegando a través da páxina ou a través do enlace " artigos recentes"do bloque de navegación.
  3. Entra no artigo: Sobre o propio artigo preme co rato sobre o título do mesmo.
  4. Unha vez feito visualízanse as pestanas de "Ver", "Editar", "Fora de liña" e "Seguimento". Neste caso pica sobre "Editar".
  5. Agora poderás facer no contido as modificacións que precises, incluida a posibilidade de engadir novos adxuntos, tamén se poden borrar os anteriores (empregando para elo as opcións indicadas na zona de adxuntar arquivos)modificar o alias da url, modificar ou engadir etiquetas (tags)..etc
  6. No caso que o documento levase algún enlace que sufrira modificacións debes actualizalo, para iso selecciona o texto ou imaxe que serve de áncora do link e pica sobre o símbolo do eslabón de cadea, na ventá que se abre cambia a ruta e pon a nova ruta ou enderezo actualizado.
  7. Finalmente preme sobre o botón "Enviar" para actualizar o contido que acabas de modificar.
O contido xa está actualizado .

3 Editor de texto enriquecido (TinyMCE)

Unha vez que no novo artigo xa introducimos o título e especificamos o destino de publicación, podemos empezar a introducir información no Corpo.

O elemento fundamental na composición de calquera tipo de contido en Internet será o TEXTO. Para a edición do texto no corpo contamos cunha ferramenta de texto enriquecido (TinyMCE) que nos permite dun xeito sinxelo e básico establecer diferentes formatos aos caracteres e/ou parágrafos.

O primeiro que temos que ter en conta é que este enriquecedor de texto (TinyMCE) non está dispoñible en todos os temas, así pode ocurrir que ao cambiar de tema non apareza esta ferramenta.

tinyMCE

Nos seguintes puntos detallaremos cada un destos elementos dentro da sección de edición que lle correspondan. Así veremos:

4 Formato de caracteres

Cando creamos un texto, é necesario darlle o formato máis apropiado as nosas nesesidades. Para elo imos a ver as diferentes posibilidades que nos ofrece este enriquecedor de texto. Como xa dixemos, convén non "abusar" dos estilos e facer os nosos contidos demasiado cargados.

grosa Grosa: Estilo tipográfico no que os caracteres teñen un trazo máis groso.

Exemplo: Benvidos a miña páxina.

cursiva Cursiva: Estilo tipográfico na que os caracteres teñen un aspecto inclinado.

Exemplo: Benvidos a miña páxina.

subliñado Suliñado: Estilo tipográfico consistente en poñer una raia debaixo da

palabra para destacala do resto.

Exemplo: Benvidos a miña páxina.

aliñado á esquerda Aliñación á esquerda: Atributo que aliña o texto á esquerda.


aliñado ao centro Aliñación ó centro: Atributo que aliña o texto ó centro.


aliñado á dereita Aliñación á dereita: Atributo que aliña o texto á dereita.


xustificación completa Aliñación xustificada: Atributo que axusta o texto de dereita e esquerda,equilibrando os espazos entre palabras.


viñetas Lista por puntos(Viñetas): Atributo baseado en sangría francesa que permite listar o texto por puntos.


numeración Numeración: Atributo baseado na sangría francesa que permite listar o texto por categorías.


sangría á esquerda Sangría á esquerda: Permite desprazar o texto hacia a esquerda.


sangría á dereita Sangría á dereita: Permite desprazar o texto hacia a dereita.


desfacer Desfacer: Permite desfacer a operación realizada, reconstruindo o anterior.


refacer Refacer: Permite refacer a operación realizada anteriormente.


cor de texto Cor de texto: Permite escoller unha cor diferente para aplicar ao texto.
Exemplo: cor de texto personalizada.

cor de texto personalizado

Para seleccionar unha cor de texto diferente hai que premer sobre a icona anterior e aparecerá unha paleta de cores. Pincharemos sobre a cor desexada e listo.


tamaño de texto

Neste combo podemos elexir o tamaño do texto.


formato

Neste combo poderemos colocar o texto coas opcións incluídas por defecto. Cada unha delas teñen unha configuración distinta con sangrías, alienacións, tamaño de texto, etc...



A continuación presentamos unha imaxe de exemplo con algúns destes formatos aplicados.

exemplo

5 Formato de parágrafo

Desde o enriquecedor de texto (TinyMCE) visto nun punto anterior, podemos dispoñer dun menú despregable para seleccionar os diferentes estilos de parágrafos que aparecen. Estes estilos son os seguintes:

Para aplicar estes formatos aos parágrafos, non é necesario que teñamos seleccionado ningún texto, tan só debemos de ter o cursos situado no parágrafo ao cal lle queremos aplicar o estilo seleccionado.

Convén ter en conta que estes diferentes formatos van moi ligados ao tema (plantilla) que se esté a empregar no espazo Drupal, xa que dependendo do tema estes estilos poden verse dunha ou doutra forma.
A continuación amosamos algunhas imaxes dos mesmos textos cos mesmos estilos aplicados pero vistos con diferentes temas. Observarase que nalgúns casos, dentro do mesmo tema, non se aprecian diferencias entre os diferentes estilos de encabezados

6 Incluír Hiperenlaces, enlaces ou vínculos nun artigo

Un hiperenlace (tamén chamado enlace, vínculo, ou hipervínculo) é un elemento dun documento electrónico que fai referencia a outro recurso, por exemplo, outro documento ou un punto específico deste ou doutro documento.

Un hiperenlace permite acceder ao recurso enlazado de diferentes formas: visitalo cun navegador (no caso por exemplo dunha páxina web), mostralo como parte do propio documento (un link á unha parte do documento) ou gardalo localmente (caso por exemplo de arquivos adxuntos).

Un enlace conta con dous extremos, denominados áncoras, e unha dirección ou enderezo.

Móstranse dalgunha forma distintiva, por exemplo nunha cor, letra ou estilo diferente. O punteiro do rato tamén pode cambiar á forma de man para indicar que hai un enlace.

En moitos navegadores, os enlaces móstranse en texto azul subliñado cando non foron visitados, e en texto púrpura subliñado cando foron visitados.

Cando o usuario activa o enlace (por exemplo picando sobre el co rato) o navegador mostrará o destino (a páxina web a que rediriximos ou un arquivo que adxuntamos para a súa descarga)

Na actualidade os hiperenlaces son un dos factores mais importantes de posicionamento web dende que Google inseriu esta variable no seu algoritmo anos atrás.

Os motores de busca, como Google ou Yahoo!, utilizan os enlaces, entre outros datos, como unha medida da popularidade para determinar que páxinas deben aparecer nos primeiros postos dunha busca concreta. Cantas máis enlaces apunten a unha páxina, máis alto pode ser o posicionamento da páxina nun buscador.

No artigo do blogue que publiquemos podemos incluir enlaces de xeito que cando alguén o estea vendo poida picar sobre unha palabra determinada (aparece resaltada en cor azul e suliñada) ou sobre unha imaxe, para: abrir outro documento, ou unha foto ou un arquivo de música, ou outra páxina web, ou outra parte do mesmo documento.


Pasos a seguir para incluír un vínculo nun artigo do blogue:

  1. Previamente deberemos de ter gardado ou copiado a ruta ou enderezo co que queremos establecer a ligazón. Pode ser a url dunha páxina web, a ruta dun arquivo adxunto, a ruta dun arquivo noutra web etc.

  2. Unha vez iniciada sesión eleximos crear contidoEleximos tipo de contido artigo de blogNo corpo do contido escribimos o texto do noso artigo

  3. No momento de crear un novo contido, se non temos ningún texto nin obxeto seleccionados, veremos que os botóns de inserir enlace e quitar enlace aparecen desactivados.

    enlace desactivadoromper vindulo desactivado

  4. Seleccionamos no corpo o texto ou imaxe que vai a servir de ancora do "link" ou enlac. Nese momento os botóns de inserir e quitar enlace activaranse e xa podemos proceder a crear a nova ligazón.

    enlace activado romper enlace activado

  5. Co texto ou elemento seleccionado previamente prememos sobre o botón de inserir enlace e aparecerá a seguinte xanela:
  6. xanela enlace

      Dirección do enlace: aquí debemos escribir ou pegar a url ou dirección do destino do enlace que tiñamos copiada ou gardada previamente. Así, por exemplo, se queremos facer un enlace ao Portal Educativo deberemos de escribir: http://www.edu.xunta.es (Importante: hai que escribir o enderezo completo, incluíndo o texto http:// inicial).

    Destino: preséntansenos dúas opcións:

      • Abrir enlace na mesma ventá: abrira a páxina de destino na mesma xanela que estemos traballando.

      • Abrir enlace nunha ventá nova: abirá a páxina de destino nunha nova xanela.

    Título: aínda que non é obrigatorio é recomendable poñer unha breve indicación sobre o enlace que estamos creando. Por exemplo, seguindo co exemplo anterior pondríamos neste apartado o seguinte: Enlace a Portal educativo.

    Clase: non se selecciona ningunha opción.

    inserir enlace

  7. Unha vez completados os campos anteriores, xa só nos queda premer sobre o botón Inserir para crear o hipervínculo.

Enlaces a ficheiros

Un caso particular dos diferentes tipos de enlaces sería enlazar con algún ficheiro (imaxe, pdf, ...) que teñamos subido previamente aos nosos arquivos persoais (na nosa conta de usuario).

O primeiro sería ter subido algún ficheiro co que posteriormente quixeramos enlazar a través dun hipervínculo e poder ofrecelo así desde calquera contido creado.


Pasos para subir un ficheiro persoal:

  1. Ir ao menú de usuario e premer sobre o enlace A miña conta.

  2. Premer sobre a pestana Arquivos persoais.

  3. arquivos persoais

    Nesta pestana atoparemos a ferramenta de xestión dos nosos ficheiros, tanto os que subamos aquí directamente como os subidos desde calquera outro contido creado e empregando os botóns do navegador de imaxes IMCE incluído no editor de texto rico TinyMCE.

  4. Prememos sobre o botón "Examinar" situado na zona inferior para localizar no nosdo equipo o arquivo que desexamos subir

  5. Unha vez seleccionado prememos sobre o botón "Upload File" para subir dito arquivo

  6. Unha vez subido se amosará unha previsualización na zona de vista previa


pasos inserir enlace

Detalle da imaxe:
(1) Álbum de ficheiros dispoñibles, xa cargados anteriormente.
(2) Zona de vista previa do recurso seleccionado.
(3) Cargador de novos recursos.

En principio está configurado para admitir so imaxes, pero os administradores do centro poderán permitir a carga de novas extensións.


Establecer un enlace a un ficheiro

Supoñemos que temos xa cargado o ficheiro seguindo o procedemento descrito no punto anterior.

  1. Creamos ou editamos un artigo de blog.
  2. Sobre algunha das palabras ou frases facemos unha selección de texto.
  3. Cando teñamos o texto seleccionado, prememos sobre o botón de crear enlace Inserir enlace.
  4. Aparece a xanela para Inserir enlace. Nela premeremos sobre o botón situado á dereita do campo URL ou dirección do enlace.
  5. Inserir enlace a ficheiro
    Aparece agora a ferramenta de xestión dos nosos ficheiros persoais. Se aínda non temos subido o ficheiro desexado será o momento de facelo.
    Subida de ficheiro para enlazar
  6. Subido o arquivo podemos premer sobre o enlace "add" situado ao final da fila do ficheiro recén subido, ou tamén podemos premer sobre a vista previa do ficheiro: No caso de ser un documento e non unha imaxe, na vista previa so aparecerá o nome do ficheiro, como se aprecia na imaxe anterior.

  7. Podemos poñerlle un Título a este hipervínculo (non é obrigatorio) e, para rematar, prememos no botón de Inserir.

  8. O hipervínculo quedou creado. Finalmente gardamos o documento premendo no botón Enviar situado na parte inferior da páxina.

  9. Publicando o contido con hipervínculo


    Inlcuír enlaces a partes do documento ou do propio artigo

    Se o artigo e moi extenso ou se nel incluímos anotacións a pé de páxina podemos precisar incluír enlaces a unha parte específica do artigo.
    Exemplo: isto é un vínculo a unha nota ao pé [1]

    Pasos a seguir:

    1. Situate na parte do texto a onde queres redirixir ao lector (o destino ou final)
    2. Selecciona co rato a viñeta, imaxe ou símbolo que vai servir de áncora (no noso exemplo de antes é o (1) da anotación ao pé de páxina
    3. Preme co rato sobre a icona da áncora icona áncora do editor de texto rico.
    4. Na xanela que se abre indica un número para a anotación ou áncora a incluír (ver imaxe) definir áncora
    5. Agora vai a parte de texto do artigo onde queres situar o enlace (a orixe ou principio)
    6. Selecciona co rato o texto (ou viñeta ou imaxe ou obxecto) que vai serivir de enlace
    7. Preme co rato sobre a icona de "inxerir ligazón" ou "enlazar" enlazar do editor de texto.
    8. Na xanela que se abre elixe a opción Áncoras e selecciona o número que correpsonda segundo estableciches antes.inserir ligazón para áncora no propio contido
    9. Preme sobre Aceptar.
    10. Lembra enviar o artigo para que se garden os cambios.





    Anotacións a pé de páxina

    (1) isto é simplemente un exemplo dunha anotación a pé de páxina. Se premes no superíndice [1] do texto de arriba o rato posicionarase automáticamente nesta nota do pé de páxina.

7 Táboas

Nalgún momento pode ser que desexemos empregar táboas dentro dos contidos que creamos. Algunhas veces pode ser por motivos de maquetación e outras por amosar dun xeito ordenado a información (por exemplo, un horario de clases).

Para inserir unha táboa, premeremos sobre o botón que leva unha táboa por imaxe.

Inserir táboa

Aparecerá unha xanela que nos ofrece unha serie de opcións por defecto.

Propiedades da táboa

Nesta xanela configuramos as características da táboa que desexamos inxerir:

Na xanela Xeral atopamos as seguintes opcións:

Na xanela Avanzado atopamos as seguintes opcións:

Propiedades avanzadas da táboa

Sen máis configuración que a que aparece nas capturas anteriores, ao crear unha nova táboa teremos algo semellante ao que aparece a continuación:

Táboa recén creada

Si probamos a meter un contido nalgunha das súas celdas, probablemente ocurra que as columnas cambian de ancho. Esto fano para tratar de distribuir correctamente o contido.

Distribución das columnas

Si non queremos que ocurra esto, teremos que modificar as propiedades dalgunha das celdas da columna á cal lle queremos fixar o ancho. Chega con que modifiquemos as propiedades dunhas das celdas da columna, xa que ao fixar nunha delas o ancho vense afectadas todas as da mesma columna. O ideal será modificar as propiedades das dúas celdas situadas na parte superior das dúas columnas da nosa táboa de exemplo. Ao elixir as celdas superiores, si nun futuro temos que volver sobre elas para modificar de novo estas propiedasdes, sempre nos será doado localizalas.

Para facer esto teremos que premer, tendo o cursor na celda desexada, sobre o botón denominado "Propiedades da celda".

Propiedades de celda

Aparece unha nova xanela con dúas pestanas: Xeral e Avanzado. Na pestana de Propiedades xerais buscamos o campo correspondente a anchura e fixamos o valor. Este valor pode ser tanto en píxeles (p.e.: 250) como en porcentual (p.e.: 50%).

Ancho de celda

Na pestana de Propiedades avanzadas podemos personalizar, por exemplo, a cor de fondo da celda.

Cor de fondo da celda

Finalmente prememos sobre o botón Actualizar para aplicar os cambios e a táboa cambia de aspecto e as columnas xa quedan distribuidas coas anchuras indicadas, a pesar de ter ou non ter contido.

Táboa con columnas de ancho fixo e cor de fondo en celdas superiores

IMPORTANTE: antes de Enviar o novo contido que estamos creando e no cal introducimos unha táboa, é fundamental que todas as celdas teñan algún contido no seu interior, xa que do contrario pode ser que despois non poidamos editar correctamente de novo a táboa ou, máis importante, que se produzan danos no estilo da páxina, xa que unhas táboas poderían recoller os contidos publicados anterioremente, causando un efecto de desorden na páxina web. Se non temos o traballo rematado e nalgunhas celdas aínda non hai contido, pódese poñer un carácter, un espazo, un punto... algo.

Observemos a continuación como quedan as separacións entre as celdas e as separacións dos bordes das celdas e os contidos, según os valores otorgados anteriormente.

Propiedades de separacións das celdas

Finalmente, unha vez publicado o contido, tamén hai que ter en conta que as diferentes plantillas (temas) de Drupal poden facer que as táboas se amosen con algunha diferencia. Por exemplo, a continuación temos a mesma táboa vista desde o tema B7 e desde o tema zen_classic. Observemos como no primeiro caso o contido das celdas está aliñado verticalmente na parte superior, mentres que no segundo caso está aliñado no medio da celda.

Táboa finalizada: presentación en tema B7

Táboa vista desde plantilla B7.


Táboa finalizada: presentación en tema diferente: zen_classic

Táboa vista desde plantilla zen_classic.

Noutras ocasións tamén temos observado que si lle damos unha anchura fixa a táboa, por exemplo, 400 px, nunhas plantillas mantén dito ancho pero noutras presentaas cunha anchura do 100%.

8 Copiar/Pegar desde outros documentos

Nalgunhas ocasións pode ocurrir que desexemos presentar na páxina web certa información que xa teñamos elaborada anterioremente e que esté noutros documentos como, por exemplo, nun documento de © Microsoft Word (*.doc).

O primeiro que se nos pasa pola cabeza é o de copiar dita información e pegala directamente (Copiar-Pegar) no corpo do contido que queremos crear na web.

triste triste triste ... cabreado

Nunca se debe facer iso!

Imos a supoñer dúas situacións posibles:

Arriba: Documento orixinal.

Documento pegado despois de pasar polo Bloc de notas

Arriba: Texto copiado do documento orixinal, pegado no bloc de notas, vólvese a copiar esta vez desde o bloc de notas e pégase finalmente no contido web creado.

Obsérvese como o formato do título do documento "Antiguo Egipto" así como a imaxe desapareceron, xa que no bloc de notas non foron admitidas nin as etiquetas de formato (tipo negrita, títulos, etc.) nin as imaxes.

Si quixésemos darlle o mesmo formato, incluír as imaxes, teriamolo que facer unha vez pegado o texto, para que tivese un aspecto semellante ao documento orixinal.

Documento retocado despois de pegar o texto

Facéndoo así poderemos:

  1. Volver a editar o contido en calquera momento sen ningunha dificultade.
  2. Non afectará ao resto dos estilos do espazo web e non alterará os seus contidos e/ou distribución.

9 Xuntar un arquivo

Ao igual que facemos cando enviamos un correo electrónico a alguén, nos diferentes tipos de contidos que creemos para a nosa web tamén podemos xuntar ficheiros.

Podes inxerir ou xuntar un arquivo nun artigo do teu Blogue (por exemplo un pdf, ou un vídeo flv)

A idea é que o visitante poda descargar dito arquivo ou ben reproducilo (no caso por exemplo dos vídeos flv)

En principio[1] podemos subir como arquivos adxuntos diferentes tipos de ficheiros, a diferencia é que non todos se poderán reproducir dun xeito automático.

Por exemplo se subimos como adxunto unha presentación en Impress o navegador web non poderá reproducila, nese caso no equipo da persoa que o este vendo aparecerá unha mensaxe suxerindo unha aplicación instalada no equipo para abrir o equipo ou ben preguntando ao usuario con que aplicación quere abrir o arquivo (no caso da presentación Impress tentará abrir Open Officce se é que está instalado)

En cambio se subimos un texto en formato pdf ou adxuntamos unha imaxe en formato jpg ou png, ou un vídeo flash (formato flv) ou un arquivo de son en formato .mp3, estes se repoducirán de xeito automático no navegador sen necesidade de ningunha aplicación auxiliar.

Evidentemente os formatos antes mencionados son os acosnellados para traballar na web e adxuntar arquivos.


Pasos a seguir para adxuntar un arquivo

  1. Busca un arquivo nun dos formatos recomendados
  2. Crea un artigo no teu Blogue ou edita un existente
  3. Pon os tags ou etiquetas que servan para identificar o artigo
  4. Lembra poñer un alias url axeitado (tipo blog/nomedoteuusario/nome-do-artigo)
  5. Entre o Corpo onde realizamos a edición e os botóns de Vista previa e Enviar, podemos atopar un enlace que di: Ficheiros adxuntos. xuntar arquivos
  6. Ao premer sobre este enlace aparece un campo onde, a través do botón Examinar, buscaremos no noso equipo o(s) ficheiro(s) que desexamos xuntar, unha vez seleccionado o arquivo xa podemos adxuntalo ou subilo ao servidoradxuntar un arquivo
  7. Prememos sobre "Adxuntar" para subir o arquivo. Ficheiro adxunto
  8. Unha vez que teñamos subido un ficheiro, xa podemos Enviar a páxina, ou podemos seguir subindo novos ficheiros. Debes premer finalmente sobre "Enviar" para publicar o artigo
  9. Activa a opción "Lista" para que calquera visitante da páxina poida ver e descargar o arquivo.
  10. Como se pode observar na imaxe anterior, ao lado da información do ficheiro que se adxunta hai dúas casillas de verificación: Ficheiro adxunto listado ao pé do contido

Outra forma de presentar os ficheiros adxuntos podería ser facendo un enlace (hipervínculo) directamente ao ficheiro. Para isto debemos de copiar previamente a ruta do ficherio adxunto. Esta ruta (URL) aparece baixo a súa descrición.

URL do ficheiro adxunto

Unha vez que xa teñamos a ruta copiada, podemos desmarcar a casilla de Lista para que deste modo o ficheiro xa non apareza ao pé do contido. Despois insertaremos un hipervínculo que apunte á URL copiada no lugar da páxina que desexemos: texto, imaxe...

Ficheiro adxunto enlazado nunha imaxe





[1] O administrador da web é quen decide que formatos de arquivos se poden subir á web do centro. O mais habitual é permitir extensións .pdf, .flv, .mp3, .jpg, .png, .swf. En nigún caso se aconsella permitir extensións .exe e procuraremos sempre subir arquivos de confianza e libres de virus.