blogue deLaura

ARTELLANDO CON PAPEL HIXIÉNICO

Como parece ser que ultimamente estase a vender bastante papel hixiénico nos supermercados pois por que non sacarlle algo de proveito ós rolos. Así que, navegando pola rede, a profe Patri atopou esta maravillosa páxina web (handfie) con multitude de ideas para darlle unha segunda vida a este material, dunha forma creativa, e ó mesmo tempo ter entretidos os pequenos/as. E se despois enriba, cos personaxes que creemos, montamos unha pequena representación, xa sería fantástico para a nosa expresión oral.

manualidades rolos papel

 

QUEN É QUEN?

A páxina web adivina.io ofrécenos unha grande variedade de temáticas do famoso xogo Quen é quen? , dende Ladybug, pasando por Pepa Pig ata Cars podemos escoller aquela que mellor se adapte os gustos dos nosos pequenos/as. Os pasos para xogar son os seguintes:

1º escolleremos o personaxe co noso contricante deberá adiviñar.

2º escolleremos a pregunta que queremos facer empregando os cursores laterais que aparecen antes e despois da pregunta e logo facendo clic no simbolo de ok.

3º contestaremos á pregunta que formule o contrincante cun si ou un non.

Quen será o primeiro/a en adiviñar de que personaxe se trata?

Este xogo permite xogar contra a propia máquina ou tamén en rede, pero para isto último é necesario engadir un nick e esperar a que haxa oponente.

Con este xogo ademais de traballar atención e memoria, dado que  é necesario ler e contestar preguntas, tamén se traballa lectura e comprensión.

quen e quen

RIMANDO

Traballar a conciencia fonolóxica é un paso imprescindible para un bo desenvolvemento da lectura, de ahí que cada día na escola se adique tempo a este aspecto. E para que vaiamos practicando un pouco nestes días, déixovos un xogo de Eugenia Romero que traballa os sons ó final de palabra a través da rima. Fai clic na imaxe para ter acceso ó xogo.

Rimas

Distribuir contido

COVID-19

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xuño 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.