Familias

PROPOSTAS PARA PERSOAS ADULTAS, 24 DE ABRIL

O colexio oficial de psicoloxía de galicia publicou un documento para axudar a nosa infancia a superar este confinamento. Chámase Retrincos de Cores. Vos adxuntamos nesta entrada as orientacións para familias agardando que vos sirvan de axuda:

 

COMPASES DE ORIENTACIÓN PARA PAIS, NAIS E PERSOAS EDUCADORAS COMPROMETIDAS NA EDUCACIÓN EMOCIONAL DOS NENOS E NENAS

As necesidades afectivas son tan importantes como a hixiene ou a alimentación. Vós sodes pezas fundamentais na súa seguridade afectiva durante a infancia e a adolescencia.

Esta situación excepcional que estamos a vivir brinda a oportunidade de estar máis presentes nas súas vidas. Dedicade tempo para falar, xogar e compartir con eles.

Faládelles do virus. Propoñede que vos conten o que saben e como se senten.

Programade o seu día a día, facendo que eles e elas participen na súa organización. Deixádelles espazo para o aburrimento, axudaraos a fomentar a autonomía e a creatividade. Deben manter as súas rutinas ordinarias, conservando os seus hábitos de alimentación, lecer e sono saudables.

Precisan coñecer e asumir límites normas. Son necesarios para o seu desenvolvemento e para a convivencia. Teñen que saber que o tempo destinado a actividades como xogar coa tablet ou ver a televisión está limitado.

Facédelles partícipes e responsables da convivencia familiar mediante tarefas domésticas relacionadas con eles, como ordenar o seu cuarto ou poñer a mesa.

Teñen que aprender desde pequenos e pequenas a xestionar as súas emocións. O exemplo da vosa actitude ante o medo, a ansiedade, a tristura ou o enfado resultará fundamental para que poidan logralo. Debedes comprender os seus medos, preocupacións e afectos. A vosa resposta ante os obstáculos e as dificultades será o seu modelo.

Axudádeos a descubrir palabras como empatíasolidariedaderespecto ou tolerancia. Coñecer o seu significado contribuirá a que comprendan como se senten os demais.

Vós podedes fomentar a súa curiosidade e reflexión, axudándoos a parar, observar e pensar.

 

 

PROPOSTAS PARA PERSOAS ADULTAS, 21 DE ABRIL

Hoxe, última pildoriña  feminista da man de Lara Rodríguez:

 

 

 

 

 

Moitisimas grazas Lara por todos estas aportaciones que nos axudan a achegarnos pasiño a pasiño a unha sociedade mellor!

PROPOSTAS PARA PERSOAS ADULTAS, 17 DE ABRIL

Hoxe temos o pracer compartir unha nova pildoriña de Lara Rodríguez, terapéuta gestalt, sobre coeducación:

 

 

 

Moitisimas grazas Lara!

 

Distribuir contido