PROPOSTAS PARA PERSOAS ADULTAS, 3 DE XUÑO

SENSORIALIDADE

 

O noso cerebro recibe continuamente información do exterior a través dos sentidos, desta maneira se produce a experiencia sensorial primeiro e a preceptiva despois.

O noso cerebro interpreta o mundo, ese mundo que percibimos co noso corpo. Para movernos polo mundo teñen especial relevancia a vista e o oído pero tamén recibimos información polo noso sentido corporal(o tacto) e  os dous sentidos químicos (o olfacto e o gusto).

Nesta primeira etapa do desenvolvemento (0-7) un dos periodos sensibles que a caracteriza é o da percepción, que é a porta ao coñecemento. É importante coidar e garantir que esa información a través dos sentidos sexa rica e coidada. Debemos evitar ambientes sobrecargados de estímulos que poidan levar ás nenas e nenos a sobreestimularse e perder nese camiño aquelas sensacións que si son fundamentais para facilitar sensacións de calidade e interaccións coa contorna que o van a axudar a conformarse como o ser único que é.

As sinestesias ou correspondencias entre atributos sensoriais van ser moi importantes para esta etapa. Para a infancia a aplicación dos atributos sensoriais é significativamente importante por que:

  • Representan unha relevante axuda no desenvolvemento sensorial, fomentando, e mellorando así as súas capacidades perceptivas.
  • Pódelles permitir aprender obxectiva e prácticamente conceptos básicos que serán as bases para aprendizaxes máis complexas; Na segunda infancia van permitir asimilar a aprendizaxe de conceptos abstractos a través da súa relación con elementos experienciais, obxectivos e reais co que é posible aportar un importante apoio didáctico as súas experiencias escolares, e tamén lle van permitir seguir recibindo estimulacións sensoriais xa que nesta etapa ao verse completado o desenvolvemento dos sistemas sensoriais a estimulación polisensorial vese significativamente reducida.
  • A través dos atributos sensoriais vailles ser posible obter as necesarias, placenteiras e didácticas sensacións para esta etapa vital a través de cada sentido.
  • Vailles permitir experimentar diversión e pracer sensorial a través da interacción co produto e integrar elementos aos seus xogos que lles procuren maior estímulo sensorial e maior complexidade para o desenvolvemento das súas competencias cognitivas.
  • Vai ser posible aportar protección sensorial que poderá ser percibida e experimentada pola infancia tanto no ámbito físico como no afectivo emocional a través da percepción de sensacións determinadas por medio dos atributos sensoriais do produto.

Por outro lado pode dicirse que en xeral, os atributos sensoriais que responden ás necesidades da primera infancia son principalmente aqueles que comunican elementos básicos, primarios, que sentarán as bases dunha aprendizaxe máis complexa.

Tanto nos espazos educativos como na propia casa debemos deixar que as nenas e os nenos exploren e vivencien a recepción de información a través dos distintos sentidos:

1. Información visual 

As cores dos espazos que nos rodean poden axudarnos a ter unha actitude máis introspectiva ou distraernos do que realmente é a nosa esencia, é por iso que debemos ter en conta que a infancia, nos seus primeiros anos de vida está aberta a todos os estimulos do seu arredor. Debemos encargarnos nós, as persoas adultas de separar aqueles estímulos que non son necesarios, evitando así que chegue a unha saturación de entrada de información, que produza un bloqueo sensorial.

Para evitar este bloqueo debemos ter en conta que a sobrecarga de cores ou de información (carteis, moitos obxectos, cores moi brillantes ou fortes…) afectan e alteran a estimulación visual natural da infancia. Como en case todo na vida, menos é máis.

2. Información táctil 

O sentido do tacto é o que nos serve para detectar características dos obxecto que a vista non pode ofrecernos, ademáis nos axuda a coñecer onde comeza e termina o noso propio corpo.

A pel non ten a mesma sensibilidade táctil en todo o corpo, isto depende da cantidade de células receptoras que conteña, sendo as puntas dos dedos a zona máis receptiva do corpo. A través do tacto determinamos presión, temperatura, dor, e é de aí de onde configuramos a información do mundo no noso cerebro.

O tacto é un integrador da experiencia sensible e favorece a aprendizaxe.

3. Información auditiva 

Nas escolas , e en xeral na sociedade priorízanse tanto o sentido da vista como do oído, sobrecargando estes sentidos e esquecendo a importancia dos outros tres.

O exceso de son pode resultar estresante e provocar nos nenos e nenas unha alteración da percepción espacial, pero unha acústica axeitada axudará a fomentar positividade e sensación de liberdade favorecendo así a apertura cara a aprendizaxe.

4. Información olfativa 

A través do olfato percibimos numerosos matices e tendo en conta que durante a infancia o olfato se mostra moito máis sensible, faise necesario coidar e fomentar este sentido que nos axudará a procesar emocións, e a relacionar e establecer recordos.

Artigo inspirado por:

https://www.tdx.cat/bitstream/handle/10803/6826/23CAPITULO13_2.pdf?sequence=23&isAllowed=y

Curso de creación de espazos educativos de Ver crear sentir. Jenny Silvente