PROPOSTAS PARA PERSOAS ADULTAS, 12 DE MAIO

Bo día, hoxe queremos compartir con vos a importancia de camiñar paseniño pola vida, atoparedes o artigo enlazado aquí e un resumo aquí mesmiño:

 

Slow, o valor da lentitude

Cando falamos de Slow Movement ou Movemento Lento nos referimos a “unha filosofía de vida que consiste en ir máis despacio na nosa existencia e así disfrutar máis da vida...primando máis a calidade que a cantidade”. Se o levamos ao lado da educación, Slow Education se basea en ofrecer un modelo educativo que respecte os ritmos de aprendizaxe, adaptándose ás diferentes etapas madurativas dos nenos e nenas e respectando as súas necesidades reais, validando así a cultura de infancia, dándoles espazos e tempos de calidade para ser e estar.

 

 

 

 

Na sociedade actual o ritmo é frenético, se quere fale tempo para dispor de máis tempo e cada vez parace que nos falta máis tempo, que paradóxico. Pero, qué ocorre cando este ritmo asumido se rompe? Pois que podes ver que hai outros ritmos. A pedagoxía do caracol é unha chamada a desconectar das presas, é a pedagoxía da lentitude, é unha incitación a disfrutar da natureza, do camiño e non so da meta, por suposto tamén do contacto humano. Os nenos e nenas nos demostran a diario que non pasa nada por ir máis lento, ao contrario, a infância ten o don do equilibrio entre velocidade e lentitude, porque a lentitude fai falta, na lentitude está a esencia mesma do acto de aprender, a lentitude é unha  cualidadenda educación, os nenos e nenas poden correr sen parar no espazo exterior deixándonos ás adultas esgotadas pero nun paseo polo campo podemos parar a cada paso para contemplar unha bolboreta, descubrir unha flor que ademais dedicen entregarte como símbolo de gratitude e amor, experimentar se a folla discurre polas augas dun regato...e é que van lentos pero a cada paso que dan descubren, aprenden, se asombran...e di Catherine L’Ecuyer que o asombro é o alimento para crear desexo por aprender. A lentitude é un valor, é ser paciente, disfrutar e profundizar máis en cada detalle. Lento é calidade.

 

Según a pedagoxía do caracol perder tempo é gañar tempo, no libro se recollen estratexias que buscan a ralentización para un mellor desenvolvimento, perder tempo para escoitar e recoller a cultura e as emocións de cada neno e cada nena, perder tempo para conversas sen presas e sen preocuparse por ser máis productivos.

  • Perder tempo para respectar a todo o mundo, respectando e escoitando os tempos e ritmos de todos e cada un.
  • Perder tempo para darse tempo, por exemplo de descubrir camiños novos.
  • Perder tempo para xogar, xogar libremente.
  • Perder tempo para camiñar, pasear cos nenos e nenas ao ritmo dos seus pasos.
  • Perder tempo para crecer, para estar preparados para o futuro hai que nutrirse de todo o tempo e espazo presente.
  • Perder tempo para gañar tempo, porque a velocidade se aprende na lentitude.
  • E seguindo coa expresión “perder o tempo” Jean Paul nos decía:
  • “Non perdamos o tempo, quizais ou houbo máis belos pero, pero este é o noso”.

No libro “Elogio de la educación lenta” Joan Domènech, un libro que eloxia a educación lenta como medio para respeitar os ritmos da infancia e garantizar así un crecemento harmónico e equilibrado de nenos e nenas que teña en conta razón e emoción, mente e espíritu e concreta quince principios dunha educación lenta, entre os que destaco tres: A educación necesita tempo sen tempo, hai que devolverlle tempo á infancia e temos que repensar o tempo das relacións entre persoas adultas e nenos e nenas. E Catherine L’Ecuyer, autora de  “Educar en el asombro” nos invita a volver a actividades lentas, que requiren moita paciencia, como a conversa, a lectura ou cousas tan sinxelas como atarse os zapatos, volver a entornos sobrios, con poucas cousas e cousas belas e volver ao xogo desestructurado que desenvolven unhas funcións executivas que son necesarias para a aprendizaxe; memoria de traballo, capacidade atencional, planificación, capacidade de inhibición, que ven a ser o autocontrol. En resumen “Hemos de conseguir como educadoras equilibrar silencios, palabras, imaxes e sentidos”, Catherine subliña “Lo que mueve a los niños y niñas a aprender es su sed de sentido, es lo único que puede llenar su cabeza y su corazón”.

“Voy despacio, en contra de la prisa y a favor de los encuentros profundos”

Bibliografía: 

  • “Pedagogía del caracol”
  • Elogio de la educación lenta” Joan Domènech Francesch 
  • “Educar en el asombro” Catherine L’Ecuyer.
  • www.ludicobox
  • http://blogs.udima.es/educatic/la-escuela-lenta/