Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
RESUMO ACTIVIDADES DÍA DE ROSALIA |
Nesta presentación podedes ver os debuxos do noso alumnado, debuxaron a Rosalia de meiga, de fada, de pirata, enriba das árbores,... Concurso "Ilustra o pensamento de Rosalía": estes son os debuxos que fixeron para o pensamento "Oh! Terra, antes e agora, sempre fecunda e fermosa". Co debuxo seleccionado fixemos un cartel para decorar as tres escolas.
|
SEMANA DA PRENSA: DO 9 AO 13 DE MARZO |
Dende o 9 ao 13 de marzo, nas aulas traballamos cos xornais de diferentes modos.
|
21 de MARZO: DÍA DA POESÍA CON ROSALÍA |
Aproveitando os poemas que traballaramos de Rosalía de Castro, fixemos un recitado de poemas.
|
CONTOS QUE DEIXAN PEGADA |
O 30 de abril ás 18:00 h no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia haberá unha sesión de contos a cargo de PAVÍS PAVÓS, orientada a transmitir valores, que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades,... Contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite. Esta actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, dentro do programa Ler conta moito. |
SAMAÍN 2015 |
Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante o SAMAÍN. |
DÍA DAS BIBLIOTECAS |
Para celebrar este ano o Día das Bibliotecas fixemos entrega das novas bolsas que nos mandaron dende a Asesoría de Bibliotecas. Moitas grazas. |
OS NOSOS DEBERES |
Os venres, os nenos/as de Educación Infantil levamos os deberes (bolsiña con conto da biblioteca) con moita ilusión, facemos verdadeiras obras de arte, aquí vos enseñamos unha mostra. |
ENTROIDO 2016 | |
DO 7 AO 11 DE MARZO: SEMANA DA PRENSA |
Nesta semana os nosos alumnos traballaron con xornais, ademais tamén as mestras de plástica fixeron os seus traballiños. |
PROGRAMACION ABRIL 2016: MES DOS LIBROS |
- 2 DE ABRIL: A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia organiza o Sabado, 2 de abril, as 16:30 h na Igrexa da Magdalena, un espectáculo infantil titulado "O traxe novo do rei" da man de Títeres Tarabelos, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
- DO 20 AO 30 DE ABRIL: Exposición e intercambio dos libros preferidos dos nosos alumnos; cestas con libros no patio na hora do recreo; Padriños e Madriñas lectores (os nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria leranlle aos máis pequenos as súas lecturas favoritas), ademais da elaboración do Abecedario da natureza. - 22 DE ABRIL: entrega de agasallos (marcapáxinas, texto de Pedro Feijoo "Os libros son para valentes, pases ao liberespazo,...). - 23 DE ABRIL: O sábado, 23 de abril é o Dia do Libro, e a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, coma sempre festexao cos mais cativos, para fomentar o uso da biblioteca e a lectura. Ista vez será as 18:00 h. na Casa da Cultura da man de Trécola Teatro, que traeran o contacontos "Madame Bechamel e Signorina Bolognesa". Asi que ....anirmarvos a pasar un rato divertido e quizais gañedes algúns dos libros que sortean. - 26 DE ABRIL: III Asentada pola lectura na Praza Maior de Ribadavia, debido ao IV pasamento de Miguel de Cervantes, faremos unha lectura continuada de El Quijote. Ademais faremos un "bookcrossing" especial no Castelo de Ribadavia. |
LETRAS GALEGAS 2016 |
Actividades on-line do Seminario Galán Ademáis a Casa da Cultura e a Biblioteca Pública de Ribadavia organizan as seguintes actividades para celebrar as Letras Galegas na nosa vila O domingo 15 de maio as 17 h na Casa da Cultura estará Pablo Díaz, dentro do programa FALAREDES
E o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, as 12 h na Praza Maior estará Anxo Moure, dentro do programa Ler conta moito |
PROXECTO DOCUMENTAL: O SOLO |
O proxecto documental deste ano xirou arredor do SOLO. Estes son algúns dos traballos que realizamos A partir do libro Había una vez una semilla Co libro Historia de un árbol elaboramos o noso propio conto
Co libro En el suelo fixemos estas cousiñas
A partir do libro dos Bolechas Que é o solo, aprendemos moitas cousas
Tamén fixemos os nosos debuxos
E elaboramos o Abecedario da natureza
|
O LIBRO DE ALBA |
A nai de Alba fíxolle este precioso libro e quixo compartilo con nós. |
DIA DA PAZ 2017 |
Estas son algunhas das actividades que imos realizar o Día da PAZ:
|
A HIBERNACIÓN | |
ANIMACIÓN Á LECTURA |
Na escola de San Cristovo estiveron traballando varios contos: - "O monstro de cores" non sabe o que lle pasa, fíxose un lío coas emocións e agora tócalle desfacer o embrollo. Unha historia sinxela e divertida de Anna Llenas que introduce a pequenos e maiores na fascinante linguaxe das emocións.
- "Colores" de Herve Tullet. Un descubrimento de libro interactivo que invita aos nen@s a experimentar coas cores, oscurecéndoas, aclarándoas, mezclándoas, descubríndoas... Foi coma recibir unha clase de pintura co mellor profesor, o que desafía ao alumno, acompáñao e o aplaude. Desfrutaron moito.
- "El gran, gran dinosaurio" de Richard Byrne. Conta como un gran dinosaurio, moi fanfarrón, aprende a compartir e fai moi, moi bos novos amigos.
- "Vaya rabieta" de Mireille dÁllancé. Un conto para traballar os enfados.
|
8 MARZO 2017: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER |
Para celebrar o Día Internacional da Muller, as escolas escolleron a diferentes mulleres para conmemorar ese día. Dende agora, os nosos alumnos saberán algo máis de Audrey Hepburn, Frida Kahlo, Amelia Earhart e Marie Curie. |
ACTIVIDADES DO MES DE ABRIL 2017: MES DOS LIBROS |
Estas son algunhas das actividades que realizamos durante o mes dos libros deste ano: - Exposición e intercambio de libros - Cestas con libros na hora do recreo - Padriños e madriñas lectores - O meu libro favorito: todos os nen@s debuxaron a portada do seu libro favorito. - Animación á lectura con contos moi variados:
- Fixeron un libro de plantas aromáticas - Na escola de San Paio, a mamá de Joel contoulles un conto en alemán e crearon o libro de "Oso ten frío". Pincha na imaxe. Tamén dende a materia de música elaboraron un libro dos instrumentos feitos con materiais de refugallo |
EDUCACIÓN ARTÍSTICA |
Dende a área de Música, como este ano é o ano das artes, e a música é unha delas, traballouse o noso proxecto da reciclaxe.
|
XOANA TORRES (Santiago de Compostela, 1931 - Vigo, 2017) |
Este mes de novembro homenaxeamos a Xoana Torres, escritora galega e membro da Real Academia. Deixounos unha ampla obra que abarca poesía, narrativa, ensaio e literatura infantil, á parte de contribuír na súa tarefa como escritora con espazos radiofónicos No seu libro de poemas Olas Atlánticas temos un poema que fai referencia a nosa vila “Sibila en Ribadavia” Aquí vos deixo os traballos que fixemos da súa literatura infantil: Polo mar van as sardiñas (1968) e Pericles e a balea (1984).
|
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
O 25 de novembro foi o día internacional contra a violencia de xénero, e que mellor recurso que un conto para sensibilizar @s nos@s alumn@s sobre a igualdade e o bo entre xéneros. A partir de contos como: Orellas de bolboreta , Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa, Até as princesas soltan peidos, ¡Qué fastidio ser princesa!... intentamos desenvolver un pensamento crítico que permita analizar os estereotipos sexistas. Aquí vos deixo o reflexo do seu traballo. No conto ¡Qué fastidio ser princesa!, unha princesa que está farta de selo porque odia levar vestidos longos e as xoias pésanlle moito así que decide marchar de palacio e faise cabaleira, pirata, malabarista, e cando volve o palacio o seu pai acepta que sexa como ela queira. |
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA |
Coma todos os anos, o CRA Amencer celebra o 8 de Marzo, o día da Muller Traballadora. Homenaxeamos a mulleres importantes da historia (Coco Chanel, Frida Kahlo, Dian Fossey, Ella Fitzgerald, Agatha Cristie, Malala) e como non, a mulleres importantes para @s nos@s nen@s (as súas nais e avoas) Aquí vos deixo os traballos que fixemos as distintan escolas do CRA: Francelos, San Cristovo e San Paio. |
LETRAS GALEGAS 2018: MARÍA VICTORIA MORENO |
O Día das Letras Galegas deste ano estará dedicado á escritora e profesora María Viictoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). Aquí vos deixamos unhas actividades en rede do Seminario Galán para traballar a vida e obra da escritora.
A RAG Primavera das Letras fornece o profesorado de Infantil e Primaria, os pais e nais e o propio alumnado destas etapas de propostas didácticas e lúdicas arredor do universo vital e literario da homenaxeada. |
EL LOBO DE LOS CUENTOS |
No mes de febreiro, os nen@s de primaria de San Cristovo traballamos o conto “El lobo de los cuentos”. Nesta curta historia poñémonos no lugar do lobo, e reflexionamos sobre o seu papel nos contos infantiles. O lobo deste conto está cansado de ser sempre malo, agora quere ser bo. Cambia o seu rol, e pode que os nenos o empecen a ver con outros ollos, e tamén aprenderán que existe a posibilidade de cambiar o comportamento. Adentrámonos no mundo das emocións recoñecendo como se vai sentindo o lobo ó longo da historia. Como con todos os contos, fixemos unha pequena manualidade: un lobo cun rolo de papel hixiénico e dous tapóns de botellas de auga. |
CONTOS QUE VEÑEN E VAN |
Todos os venres @s nen@s do CRA Amencer levámonos un conto para ler coa familia e disfrutar da lectura con eles. Aquí vos deixo algúns dos debuxos que fixeron durante este curso. Espero que vos gusten. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »